Tempos Novos 275

Page 1

revista mensual de información e opinión para o debate abril 20 nº 275

6€

O que destapa a pandemia

voan cisnes negros

entrevista

cultura

O ex conseller de Cultura analiza para TN a crise pola que pasa o independentismo catalá, e di que “España precisa do conflito para seguir existindo como Estado”. Entrevistouno David Alvarado.

Desde hai seis anos, as Chanfaina LAB acollen en San Sadurniño a cineastas e videoartistas galegos, que pasan unha fin de semana realizando curtas man a man coas xentes do lugar. A crónica é de Alfonso Zarauza.

Lluís Puig, exiliado en Bélxica

San Sadurniño LAB



carta de axuste Por Luís Álvarez Pousa director@temposnovos.gal

Edita Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A. Consello de Administración (en representación dos 150 accionistas/fundadores) Presidenta: Ana Fernández Director Luís Álvarez Pousa Comité de Redacción e Contidos Coordinación xeral e Cultura: TN; Economía e Calidade de vida: Gonzalo Rodríguez e Manoel Barbeitos; Política e políticas: Carlos Montenegro; Debates: Carlos Paulo López; Temas sociais: Manuel M. Barreiro e Ruth Sousa; Ciencia e Pensamento: Miguel Vázquez Freire. Fotografía e ilustración Fernando de Paz, Miguel Riopa, Moncho Fuentes, Nacho Gómez (fotos); Andrea López, Daniel Pino (ilustración) Proxecto gráfico e maquetación: Daniel Pino Revisión lingüística: Xosé Manuel Sardiña Imaxe portada: Daniel Pino Xerente: Fernando de Paz Redacción, Publicidade e Subscricións Rúa dos Porróns, 8-2º Meixonfrío 15705 Santiago Tfno: 981 557117 correo@temposnovos.net Distribución A Coruña e Lugo: De las Rías (Tl. 981295711) Ourense: Boreal (Tl. 988229290) Pontevedra: Noroeste (Tl. 986252900) Impresión Tórculo Tempos na Rede temposdixital.gal Depósito legal C-588-97 ISSN: 1137-6945 As opinións emitidas en TN son da exclusiva responsabilidade dos seus autores

A

unha sociedade contaxiosa

literatura non é nova. Cando a epidemia do Ébola, a OMS proclamouna a emerxencia máis grave dos tempos modernos. Daquela tamén sucedeu que o pánico se propagou tan rápido coma o virus. Desde Wall Street á City londinense saíran decontado memorandos cos que evitar o contaxio dos mercados. Cousas da globalización, dicíase: o que empeza por África acaba máis tarde ou máis cedo no corazón de Europa. E o que os medios nos deron día e noite foi un revolto de feitos, anécdotas e hipóteses especulativas de moi difícil dixestión. Seica ía provocar todo iso unha máis acentuada mentalidade ecolóxica na xente, e tamén un estado de prevención tan ou máis grande que o deseñado para os sistemas de defensa e intelixencia nacionais, priorizando os gobernos as políticas sanitarias e as de investigación científica. Porque outros virus moito máis letais habían de chegar. Repítese agora esa mesma narrativa. Nesta ocasión, con envoltura de traxedia clásica. O mundo contra un inimigo moito máis aleatorio —escolle ás súas vítimas sen ningún criterio— e impersoal —sen rostro e sen alma— que o das últimas arremetidas víricas. E por iso mesmo tan voraz: mata corpos humanos, pero tamén consigue someter a corentena o corpo social. E provoca, iso sí, que desde o noso confinamento individual e colectivo caigamos á fin na conta de que os efectos son tan devastadores porque o becho dá con nós totalmente desprotexidos. Nada do preanunciado se ten cumprido. Pola contra, temos desde o 2008 un estado do benestar sen osíxeno e unha sanidade pública con respiración asistida. Comprobámolo agora nesa carreira, obscenamente competitiva, en busca de mascariñas, vestimenta, ventiladores, camas e estruturas hospitalarias coas que salvar aos contaxiados. Como tamén atopa o becho unha recesión económica en marcha. Non a crea el, como din interesadamente os oráculos do capitalismo neoliberal. Pero, aparte de mensaxeiro, tamén se vai recrear nela. E xa sabemos, tal como nolo recordan desde as institucións da UE, quen son os que a van pagar. Formamos parte dunha sociedade contaxiosa. Na que todos os virus atopan sustento. Os naturais e os ideolóxicos. Non doutra maneira se podería explicar que, en medio da traxedia, do medo, da cesión de dereitos e de tanta dor humana, as dereitas políticas e mediáticas aproveiten esta coaresma de excepción, con todas as defensas desactivadas, para inducir un estado de opinión pregolpista con todo tipo de bulos, insultos, calumnias e esaxeracións. Cabeceiras como o ABC, El Mundo e La Razón abren insólitas portadas contra o goberno de Sánchez, confundindo a crítica necesaria co complot. Volve o sindicato do crime, de infausta memoria, esta vez con figuras máis de feira que de festa nacional, para levantar poeiras ficcionadas e verter ácidos inflamables a través das ondas audiovisuais e das redes sociais. A pandemia é só a excusa. Comprendan que non me sume ao coro de voces que utilizan teorías adanistas para explicar o día despois. Bótenlle de novo a literatura que lle boten. 3


sumario

nº275 abril 20

tempos novos

3 carta de axuste Luís Álvarez Pousa

6 e digo eu...

Daniel Álvarez

0

8 a velas vir

Xurxo Borrazás

3

TO DO É PEIXE

48 todo é peixe

Doutrina do shock Moncho Fuentes e Camilo Franco

50 crónica

Outro ano pas(e)ando polo Arco Miguel Vázquez Freire

55 boi de canto

A globalización precisa goberno Alberte Santos Ledo

1

EN destaque

56 corpos e almas

Rexina Vega e Damián Villalaín

58 natureza insólita Xures-Gerês Roxelio Pérez Moreira

60 vidas wassap Carlos Lixó Dúas Gamberras e un Micro

62 enREDadxs

Óscar Reboiras e Xosé Villanueva


26 política

Coronavirus e Coronagate Justo Beramendi

30 sociedade

24 o café na trincheira

Que hai detrás das protestas dos agricultores e gandeiros? Xacobo Feijoo Lamas

Coronavirus zombi Antón Baamonde

11 VOAN CISNES NEGROS o que destapa a pandemia Carlos Montenegro

20 Entrevista: Rafael Gonzá-

lez García, experto en saúde pública: "Teñen que ir da man a mediciña e a ecoloxía" TN

ciencia e pensamento 65 A pooética das redes Mario Regueira

69 George Steiner,

o derradeiro humanista Miguel Vázquez Freire

34 internacional

2

EN foco

Arxentina: A ollada da esperanza Luz Darriba

40 entrevista

Lluís Puig, ex conseller de cultura, exiliado en Bélxica: " España precisa do conflito con Catalunya para autoafirmarse e seguir existindo como Estado" David Alvarado

46 ¡guau, guau!

Pepe Carreiro, Tokio, Lola e Xaquín Marín

4 5 ARGU MEN TA

CUL TURA

72 crónica

A marabillosa mixtura da Chanfaina LAB Alfonso Zarauza

78 protexta

Conversa con María do Cebreiro María Xesús Nogueira 79 Libros do mes

84 masa crítica

Música, banda deseñada, arte teatro, cinema e serie

90 Ex corde, Franco Xulio Ríos


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

Por Daniel Álvarez tintatoxica@gmail.com

e digo eu...

Coronavirus Sereilles directo: non sei que dicir. Eu non son médico, nin virólogo nin epidemiólogo. Seica a estas alturas quen máis ou quen menos ten unha opinión formada sobre todo o que comporta esta crise no eido da saúde, da economía, da socioloxía e ata da política. Pero eu non. Eu non teño nin idea. Esfórzome cada mañá por contarlles aos nosos oíntes o que consideramos que han de saber. Déixome os cadrís en buscar voces autorizadas, científicas e con coñecemento, pero non podo aportar moito máis que confianza nos que saben. Non estou disposto a entrar no xogo de atacar a este ou a aquel por pura diversión. Non creo que ninguén sexa capaz de guiar con tino a un país no medio dunha pandemia descoñecida no noso tempo. É certo que se pode ser máis ou menos prudente, pero tamén o é que en ningunha parte houbo receitas máxicas, e que o Covid19 alá onde entrou deixou moitas vítimas e dificultades para xestionar os recursos sanitarios. Ía ser mellor Pablo Casado ca Pedro Sánchez liderando o goberno? Acaso tiña Torra máis fiabilidade que Urkullu ou Núñez Feijóo? Nin sequera creo que Trump ou Boris Johnson, malia que a miña distancia coas súas ideas é oceánica, tiveran a tentación de perxudicar á súa xente. Todos mediron mal as consecuencias dunha pandemia que nos superou e aínda nos superará durante meses. E déixenme engadir unha cousa: China non é Dinamarca, por moito que agora o país asiático pretenda ser exemplo de algo. Algunhas reflexións Teño poucas certezas, e moitas dúbidas, pero albisco algunas reflexións que quixera compartir con vostedes. Digo eu: despois do coronavirus, será certo que o centro do mundo vai ficar definitivamente en Asia? É unha evidencia que Europa leva anos perdendo 6

posición, e tamén o é que na carreira tecnolóxica os asiáticos están a piques de derrubar a histórica hexemonía dos Estados Unidos. Así as cousas, vexo que varios países asiáticos estaban mellor preparados ca nós para facerlle fronte a esta pandemia. Cada un deles co seu propio modelo. En primeiro termo, China, que foi o primeiro país afectado. As súas políticas inspiraron, en parte, o que despois tivemos que facer os máis. En segundo termo, Corea do Sur, cun sistema de control da populación case imposible para nós, pero efectivo sen dúbida. En terceiro termo, o Xapón, que superou con moita solvencia a tirada máis dura do virus na zona. É certo que eles impoñen normas de control social que serían inconstitucionais na Europa de hoxe, pero chegados a este punto, no que os gobernos están ordeando peches insólitos para a cidadanía, algunhas poderían emularse. Mentres, algúns dos nosos veciños adícanse a escaquearse, e outros a ser os policías das fiestras. Iso é impensable en Asia. Donantes Xa acontecera despois do lume en Notre Dame: unha chuvia de empresas e millonarios comezan a soltar cartos para axudar nestes momentos de crise e desesperanza. Uns ceden máscariñas, outros material técnico, e uns cantos máis tiran de chequeira. Iso si, todos con publicidade abondo. Que se saiba ben, e que se comente o asunto nas redes sociais. Ata que punto estamos ante bondade, e ata que punto se trata de marqueting? Estou bastante convencido de que estamos ante o segundo. A máis rápida, sempre, é Inditex, e os máis corren polo mesmo rego, non vaia ser que poidan quedar coma lacazáns. Non deixa de facerme gracia a presidenta de Madrid, Díaz Ayuso, que coma se dunha retransmisión deportiva se tratara, vainos contando en cada tuit o bos que son so ricos: o Santander, o Corte Inglés… Madrid ía ser o puntal da oposición das dere-


e digo eu...

itas contra Pedro Sánchez, e Díaz Ayuso a nova musa das dereitas. Pero Madrid foi o laboratorio dos recortes e as privatizacións da sanidade pública, e agora era o oasis da baixada de impostos. Así que calar a boca sería cando menos o máis prudente. Hostias Estivemos quince días asistindo a un espellismo fermoso: cada serán a iso das oito, a xente saía á fiestra ou á balconada a dar apupo ao persoal sanitario. A eles en primeira instancia, pero eu tamén o facía pola xente dos supermercados, a do rural, os despachos que seguen traballando para tramitar as axudas que necesita a xente, os transportistas, as mulleres dos coidados e outros moitos. Houbo, de feito, quen comezou a teorizar co feito de que iso ía transformar as nosas prioridades, e que despois da pandemia seriamos unha sociedade máis en rede, máis humanizada. Esa fábula xiraba arredor da idea de estar de novo en contacto coa veciñanza, e amosando unha vitalidade que o ritmo social que levamos agora non nos permitía. Fermosa utopía, pero non. Chegados aos quince días, o conto mudou de trama, e voltamos a estar a hostias, que é o noso. Que se o goberno, a mani do 8M, pechamos ou non pechamos, as mascariñas mercadas na China… Non temos remedio. O noso é andar rifando, e se podemos darnos de hostias, mellor. De maneira que non nos fagamos ilusións, o coronavirus sacou de nós o mellor, pero de camiño imos regresar ao de sempre. Que, por outra parte, é o que mellor facemos.

tese cun grupo de países musculados financeiramente que non queren arriscar nin poñer a man no lume polos seus veciños do sur. O tema é que isto non vai de comunidade de veciños, na que uns che caen ben e os outros mal. O tema vai dunha loita colectiva na que, como di o goberno de España, non hai territorios senón persoas. Doe escoitar a Holanda ou Alemaña desentenderse da realidade da xente humilde de Italia ou España. Así e todo, penso que aínda é cedo para esixir unha postura unitaria. Aínda non sabemos cal vai ser a consecuencia desta pandemia no norte de Europa. De momento, os que máis a estamos a padecer somos nós, pero que ninguén descarte a posibilidade de que dentro duns días a masacre sexa non só lombarda ou madrileña, senón tamén holandesa ou bávara. Que llo pregunten a Boris Johnson. Memes Sen dúbida, unha das mellores cousas para matar o tempo nestes días de peche é a presa de vídeos, fotos e montaxes que nos chegan ao teléfono. Moitos deses sorrisos inesperados axudan a levar a indignación comprensible pola falta de material sanitario, o drama das residencias de maiores, e a famosa curva epidémica que non baixa. Vánsenos os vellos e os enfermos, pero quédanos a risa. E tamén o rural: iso que non para nin en tempos de pandemia para encher as neveiras das cidades. Esa forma de vida onde o coronavirus non entra.

Europa Unha das cousas que máis canseira mete na nosa xente é o fracaso repetido de Europa á hora de marcar un camiño de saída cando hai unha crise. Xa o vimos no 2010, e dez anos máis tarde, igualiño. A historia repí7

e digo eu...

|C|O|R|O|N|A|V|I|R|U|S|


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

a velas vir

Por Xurxo Borrazás Ilustración Daniel Pino

Modular a resposta “As nosas desgracias derívanse de non sabermos quedar sentados e sos no cuarto”. Nunca a frase de Pascal pareceu ter máis sentido. Nun capítulo d’Os Simpsons no que Homer vén de vivir un momento de gloria comenta: “A fama parecía unha droga pero o que máis se parecía ás drogas eran as drogas”. Coa mesma lóxica esmagadora, o coronavirus ensinounos que un contido dixital popular espállase coma un virus, pero o que máis se espalla coma un virus son os virus mesmos. Igual as autoridades non viron ese capítulo e por iso non souberon calibrar a que nos viña enriba. Non estou seguro de que a cita da serie animada sexa un chiste, a de Pascal non me cabe dúbida de que si o é. * Di o proverbio inglés: “Cruzaremos a ponte cando cheguemos a ela”, algo semellante a non poñer o carro diante dos bois, ou a venda antes que a ferida. A respecto da Covid-19, estas chamadas á calma en forma de cuñadismo de refraneiro podo permitirmas eu ou vós a esbardallar na taberna. Os políticos

8

deberían limitarse a prever a evolución con diferentes escenarios, especialmente se son tan predicibeis coma un virus e cando desde outros países soaran todas as alarmas. Actuar só cando non queda máis remedio, para que non nos acusen de non ter feito abondo, é comprensíbel a nivel humano: ninguén vai ao dentista cada seis meses. Diante dunha catástrofe, os políticos están para empurrarnos a ir ao dentista cando nos dá preguiza, a inacción temerosa de prexudicar a


a velas vir

Aguirre encarándose chulesca co caramelo na boca e intimidando as enfermeiras das mareas brancas que protestaban polos recortes na sanidade pública?

* As crises sanitarias non se combaten como fixo Europa, imprimindo billetes a cambio de pechar fronteiras e sálvese quen poida. Tampouco entoando o “malo será” primeiro e o “eche o que hai” despois. Moito menos con declaracións de guerra dos militares, combátense facendo exactamente o contrario do que fixo Núñez Feijóo: con partidas dos orzamentos, non reducindo camas nin clausurando quirófanos, mantendo os pediatras, non pechando paritorios, non ofrecéndolles a médicas e enfermeiras contratos de días ou horas, non construíndo hospitais coma o de Vigo para entregárllelos a fondos privados internacionais que acaban saíndonos polo triple do que sairía un público, para despois encontrármonos con que non hai cartos para UCIs, ambulancias ou máscaras protectoras. Ben, máscaras di Feijóo que si as mercara con antelación, medio millón, só lle faltou repartilas. Como non lembrar tamén neste momento a macarra Esperanza

A teoría sabémola todos, Os incendios apáganse limpando o monte en inverno. No verán, unha vez que prenden e gañan forza, pouco máis se pode facer que agardar a que chova, que pare o vento ou que non haxa máis leña para arder. Os incendios apáganse antes de que prendan, porque no verán van prender. As inundacións evítanse limpando os cauces e as beiras nos tempos de seca, ordenando o urbanismo a carón dos ríos e nas ramblas, para que non se constrúa nas chairas de inundación nin se canalicen as arroiadas polas rúas convertidas en funís. As inundacións evítanse antes de que chova a caldeiros, porque sabemos que vai chover a caldeiros. Porén, a política habitual é a de limpar e “xa estás p’a outra”. Retiramos a lama, pasamos un mangueirazo, reconstruímos os paseos marítimos e agardamos polo próximo temporal. Outro exemplo de tren cuxo descarrilamento observamos extáticos no canto de frealo, antes de acudir a axudar heroicamente as vítimas, é o cambio climático, fronte ao cal temos unha reacción semellante á da Covid 19. Sobrerreaccionar prexudica a economía, malo será que se dea coa forza que anuncian, a natureza autorregúlase, agora vén o bo tempo e iso dificultará a expansión do virus, co cambio climático os veráns van ser máis longos, o virus só lles afecta aos anciáns con patoloxías previas, non deixa de ser unha gripe, etc. Mesmo saíu un médico dicindo que tivera resacas peores, un twuit á altura do dictador bielorruso: “ese virus cúrase con vodka”. O resultado vai ser peor que os titubeos dos políticos, imos cara a imitación do modelo de éxito, o capitalismo autocrático dixital chinés. De momento xa nos adaptamos disciplinadamente a un estado de excepción virtual, con milleiros de mortos e outra recesión de cabalo ás portas, mando único e o exército a tomar o control das rúas.

9

a velas vir

economía é unha ruína. Dito isto, o que agora parece predicíbel non debe selo tanto cando ningún país parece dar coa tecla. Con iso e todo, non podemos volver pasear o Prestige pola Costa da Morte mentres lle abre a fenda no casco, e a iso chamarlle “modular a resposta”. Se un bebé cae ao río, non agardamos varios segundos antes de tirarnos a salvalo porque uns segundos sen respirar ben os aguanta. Deben estar todas as pontes listas, non cabe deixar pasar dúas semanas para dicir que dentro duns días esperamos recibir equipos de protección para que o persoal sanitario non teña que envurullarse en bolsas do lixo e film de cociña, ou que estamos a buscar respiradores pero estanlles a subir o prezo aproveitando a nosa necesidade. Que teriamos perdido se mercásemos o equipamento antes? O refraneiro reborda de consellos do que fai alguén con sentido común: máis val previr que curar, a saúde é o primeiro, unha puntada a tempo aforra un cento...

*


en destaque

nยบ 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

10


En Destaque

O que destapa a pandemia

en destaque

VOAN CISNES NEGROS Texto Carlos Montenegro

O coronavirus SARS-CoV-2 xa ten demostrado con tremenda crudeza o poder que ten: saltou nun mercado da cidade chinesa de Wuhan e axiña transformou o mundo no que máis se parece ao decorado dunha película de Roland Emmerich. Nun abrir e pechar de ollos revelounos máis vulnerables ca nunca. As vidas de milleiros de infectados e a economía dos países máis afectados, entre eles Italia e España, están agora mesmo nas súas mans. Nin a mediciña nin a política poden facer outra cousa que conter no posible as hemorraxias nos corpos das vítimas e no corpo social. Que suceda algo tan inesperado e cruel en pleno século XXI non deixa de ser tremendamente desasosegante. Para buscarlle unha explicación convincente non chega con tirar de teorías conspirativas —que xa descartaron os científicos—, nin de facer dos gobernos o chivo expiatorio cuxo sacrificio sacie unha irracional sede de vinganza —que experimentan as dereitas políticas e mediáticas entre nós—. Hai que ir a causas moito máis profundas. Porque unha cousa é o fenómeno do contaxio vírico, que un laboratorio acabará poñéndoo a raia, e outra o proceso que acabou facendo del un inimigo tan poderoso, imprevisible e mortal. Pandémico, en definitiva. É o que intentamos nesta primeira abordaxe ao que o propio coronavirus está detonando. Destapando. 11


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

En Destaque

en destaque

A

s grandes crises son como as metamorfoses kafkianas. Unha crise sanitaria devén en crise económica e teima en acabar convertida nunha cascuda en forma de crise política e social. A descrición, que recollo do economista Paul De Gramwe, expresa telegraficamente o itinerario ao que estamos abocados nos vindeiros meses. O coronavirus SARSCoV-2 (que se divulga co nome da enfermidade que produce, a Covid-19) perforou a desnutrida membrana que recubre as paredes da que Ulrich Beck identificou como a sociedade de risco. Esa que asenta nun tempo que, para facer operativo o sistema económico no que se revalidou o capitalismo, somete toda a súa estratexia de resistencia ao que pode dar de sí a industrialización da mentira. O mundo das fake news, ou os neboeiros artificiais cos que o sistema oculta as causas profundas que dan pé a que periodicamente, e sen previo aviso, vexamos pasar por diante das nosas casas os temidos cisnes negros, nos que os economistas identificaron sempre catástrofes, colapsos e calamidades. Neste caso, un cisne negro pandémico que alerta e provoca o estampido entre outros da súa especie. Non o poderemos describir e interpretar na súa capacidade actoral se nos limitamos ao parte diario —estatístico, reiterativo, sofocante, cruel— que del dan as emisoras de televisión. Por sorte, sometidos como estamos baixo un estado de alarma que na práctica é un estado de excepción, desapareceron dos medios os charlatáns e reaparecen os expertos, poñendo o acento non nas casualidades senón nas causalidades. Pen-

12

sadores e científicos que empezan por establecer diferenzas entre o fenómeno —este novo e voraz coronavirus— e o proceso que o convertiu en só tres meses nunha ameaza global. Como apuntaba o filósofo Daniel Innerarity, iso é o que nos leva a desconfiar de se en vez de estarmos ante un contaxio non será que nos atopamos en medio dunha sociedade contaxiosa. A Covid-19, no que moitos analistas queren ver algo así como unha mensaxe cifrada que o planeta nos envía como resposta á nosa forma de agredilo, sería o detonador que pón ao descuberto outros virus infecciosos nos que el ten o seu principal caldo de cultivo.

Zizek considera que se pode comparar o que está sucedendo co famoso golpe asasino da película de Tarantino, “Kill Bill”, coñecido como a técnica do corazón explosivo: quen o recibe aínda pode seguir por un tempo coas súas actividades, pero sabendo que máis tarde ou máis cedo o seu corazón inevitablemente vai explotar. Neste caso, atribúelle a autoría dese golpe ao coronavirus, empezando por destapar os virus ideolóxicos que infectan o sistema do que se sirve o capitalismo global para sobrevivir. Traducido a poucas palabras: que a Covid-19 eso coronavirus destapa os virus taría poñendo en risco a globalización ideolóxicos do capitalismo desregulada do capitalismo. Nun artigo publicado no Russia Today, Velaí a razón pola que Trump, Boo sociólogo e filósofo esloveno Slavoj ris Johnson ou Bolsonaro se esforzaron por negar o alcance da epidemia, e xa con ela dentro dos seus respectivos A Covid-19, no que moi- países, por que reaccionan priorizando a saúde dos mercados á saúde das tos analistas queren persoas. E non doutra maneira hai que ver algo así como unha enxuiciar as reticencias iniciais e a pose renqueante maneira de actuar mensaxe cifrada que o terior que están tendo as institucións da UE, planeta nos envía como co BCE e a señora Merkel de novo ao Non están respondendo ao resposta á nosa forma mando. que se espera que fagan os gobernos e de agredilo, sería o as institucións ante unha crise sanitaria, e humanitaria, como a que activou o detonador que pon ao virus. Claro que, aínda botándollo en descuberto outros vi- cara, non debera sorprendernos. Porque sabían de primeira man que algo rus infecciosos nos que tan perigoso e letal podería chegar sen el ten o seu principal avisar, e nada fixeron por acordar a cordóns de seguridade: no mes caldo de cultivo. tempo de setembro último, o Banco Mundial e a OMS avalaron o informe “Un mundo en perigo”, no que se preanunciaba textualmente “unha pandemia fulmi-


nante, sumamente mortífera, provocada por un patóxeno respiratorio que podería matar de 50 a 80 millóns de persoas e liquidar case o 5% da economía mundial”, advertindo que o mundo non estaba preparado para a catástrofe, o caos e a inseguridade xeralizados que ía producir. E que desgraciadamente está producindo. Non houbo vontade política para cando menos reducir a capacidade do impacto mediante unha estratexia defensiva global ben coordinada. É polo que xa se escoitan voces que buscan o argumentario clásico — con amplo repertorio a escoller tirado da crise do 2008— para sacudirse as pulgas, e xustificar que volvan ser os sufridores de sempre, entre eles amplas capas da poboación que viron como as políticas desas mesmas

A confluencia entre un sistema económico global, cos seus fluxos monetarios, intercambios e mercados transnacionais, por unha banda, e a concentración da poboación mundial en núcleos urbáns, pola outra, xeran as condicións para unha rápida difusión do virus e capacidade de contaxio.

institucións e deses e doutros mesmos gobernos os deixaron sen apenas protección, os que carguen co morto dunha máis que segura nova recesión económica. O ministro de finanzas holandés non se cortou nin un pelo cando quixo xustificar a súa negativa a que os estados membros da UE comprometan un plan Marshall co que reverter os estragos da pandemia: investigar por que Italia e España non son quen de costear as medidas defensivas en marcha, e recriminarlles que ocupen as UCIs con vellos infectados, palabras que o primeiro ministro portugués, Antonio Costa, calificou de “repugnantes”. Outravolta a división norte/sur que agravou a crise económica do 2008 e fixo imposible darlle unha saída á dos refuxiados no 2015.

13

en destaque

o que destapa a pandemia


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

en destaque

En Destaque

Merkel e os seus aliados de Países Baixos, Finlandia e Austria terían que repensar a súa estratexia, e valorar o que para Europa, e tamén á larga para os seus propios intereses, podería comportar o abandono definitivo dunha soberanía compartida —espazo no que se defende mellor o público— a cambio de blindar o retorno do Estado/nación.

14

Expertos do prestixio de Eric Toussaint, profesor de ciencias políticas nas universidades de Lieja e París VIII, advirten por iso da necesidade de estar atentos, para “non deixármonos engañar sobre a orixe desta pandemia asumindo pasivamente as explicacións que levantan unha cortina de fume ante as causas reais”. E quen di as explicacións di a técnica da chamada doutrina do shock (a estratexia que consiste en empregar as crises a gran escala para facer avanzar políticas que profundizan as desigualdades, enriquecen as elites e debilitan a todos os demais), ou a posta en práctica do capitalismo de catástrofe (cando emerxen as industrias privadas para beneficiarse directamente das crises a gran escala). O gran capital, os gobernos e os medios de comunicación ao seu servizo teñen todo o interés en cargar na esponxosa espalda dun virus o desenvolvemento dunha gran crise financeira, e despois económica, porque é o que lles permitirá lavarse as mans cando chegue. O virus convertirase entón na mellor excusa para burlar responsabilidades. O economista Claudio Katz ten moi claro en quen se debe facer re-

caer esa responsabilidade causal dunha máis que probable nova crise económica. Non lla atribúe ao coronavirus, malia que sexa quen se encargue de acelerala. “O Covid-19 detonou as tensións previas dos mercados e os enormes desequilibrios que acumula o capitalismo contemporáneo. Acentúa unha desaceleración que xa estaba debilitando a Europa e poñendo en apuros a EE.UU. (…) O virus é totalmente alleo a eses desequilibrios, pero a súa aparición prendeu a mecha dun arsenal saturado de mercadorías e diñeiro”. Como tampouco é o causante da caída das bolsas. Nun artigo reproducido en Viento Sur, o xa citado Eric Toussaint asegura que “todos os factores dunha nova crise financeira están vixentes cando menos desde o ano 2017 (…) O feito de que a caída do mercado de valores coincida cos efectos da epidemia do coronavirus na economía produtiva non é accidental, pero dicir que o virus é a causa da crise é unha contraverdade (…) O prezo das acción e o prezo dos tí-


tulos de débeda implementáronse de forma completamente esaxerada en relación cos cambios na produción realizados durante a última década, cunha aceleración nos dous ou tres últimos anos. A riqueza do 1% máis rico tamén medrou moito por mor de terse baseado principalmente no crecemento dos activos financeiros”. A especulación está á orde do día. Enmarcado na profundización da ofensiva neoliberal e a desregulación dos mercados financeiros (que se veu desenvolvendo desde hai máis de 30 anos), o gran capital reduciu a parte que inviste na produción e aumentou a parte que pón en circulación na esfera financeira. Cousa que non é nova. Fíxoo así na década dos 80, e produciu a crise do mercado de bonos de 1987; volveu facelo na década seguinte, e provocou a crise dos punto.com de Enron, no 2001; e de novo na década seguinte, producindo a crise das subprime, dos productos estruturados e unha serie de quebras, incluida a de Lehman Brothers, no 2008. Un fenómeno recurrente, din os expertos, no marco da financiarización da economía capitalista. E todo obriga a pensar que non vai ser unha excepción esa forma de seguir actuando neste tempo tan endiañadamente colvulso. Constátase, pois, que por moito que o gran capital intente crer ou facernos crer que é capaz de transformar o chumbo en ouro na esfera financeira, a realidade acaba chamándoo á orde periodicamente, e estala a crise. A realidade, na que algúns especialistas ven a furia dunha natureza traizoada, utiliza de novo unha epidemia invasiva como a do coronavirus con esa finalidade. Os especialistas máis rigurosos veñen

destacando como as transformacións capitalistas das últimas décadas —algúns remárcanas nunha viraxe civilizacional— inciden sobre a magnitude das epidemias e pandemias sanitarias. Fano tras observar que as contaminacións anteriores, separadas entre elas por lapsus prolongados, irrumpen agora con moita maior frecuencia. Vese claramente con só revisar o ocurrido ao respecto nos últimos vinte anos: a epidemia SARS (2002-2003), a da gripe porcina H1NA (2009), a do MERS (2012), tamén a do Ébola (2014-2016) ou a do Zika (2015), a do dengue (2016) e agora a da Covid-19.

O que se comproba no historial das últimas crises, e de maneira especialmente intensa durante os catro primeiros anos da económico/financeira do 2008: gobernos e as grandes institucións multilaterais como o Banco Mundial, o FMI e os bancos rexionais xeralizaron as políticas máis agresivas contra os sistemas públicos de saúde.

Os autores do aludido informe “Un mundo en perigo” (setembro de 2019) apuntaban os seguintes factores: o crecemento demográfico, a tensión medioambiental, o cambio climático, a densa urbanización, os incrementos exponenciais de viaxes internacionais e a migración, xa sexa forzosa ou voluntaria…” Porén, todos e cada un deles son interdependentes entre sí, e teñen como núcleo activador o das transformacións operadas durante as últimas décadas no mundo global. o coronavirus e os fluxos da globalización descontrolada A confluencia entre un sistema económico global, cos seus fluxos monetarios, intercambios e mercados transnacionais, por unha banda, e a concentración da poboación mundial en núcleos urbáns, pola outra, xeran as condicións para unha rápida difusión e capacidade de contaxio. A globalización reforza efectivamente a nosa interdependencia, e incrementa de maneira exponencial o número de viaxeiros e a conseguinte expansión dos contaxios a todos os rincóns do planeta, como quedou testado agora, cando en poucas semanas a Covid-19 foi quen de colapsar a aviación, o turismo e os cruceiros. Non é, xa que logo, un axente isolado, capaz de transitar entre especies (dun animal ao Homo sapiens). Un virus coma este coronavirus é tal vez o máis pequeno, pero tamén, como subliña o ensaísta e profesor Carlos Alberto Scolari, o máis disruptivo dunha complexa trama socio-tecnolóxica e política. Se agora mesmo nos sen15

en destaque

o que destapa a pandemia


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

en destaque

En Destaque

timos vulnerables, e se desde o noso obrigado enclaustramento doméstico nos presentimos vítimas dunha paralizante sensación de medo e desasosego, non é porque desconfiemos de que a ciencia poida acabar controlando a súa capacidade de contaxio, algo que os que saben din que vai suceder nun prazo de ano ou ano e medio, senón porque estamos condenados a sobrevivir e a seguir navegando a posteriori augas descoñecidas. O profesor da Universidade Federal de Bahía, André Lemos, liga factores estruturais, factores políticos e mediáticos —ensamblados— ao explicalo no artigo “A construçao do novo coronavirus”: “ O virus assemblage é producido nos fluxos da globalizaçâo entre humanos e animais, mas també nos laboratorios de pesquisa que dâo nome e instituen a súa ontología, nas políticas públicas que producen açôes concretas, na guerra das imagens e discursos escolhidos e veiculados nas mídias, na escolha por formas de prevençâo e tratamento médico, na definiçao epistemológica sobre a situaçâo…Consecuentemente, o virus assemblage debe ser identificado nâo pelo isolamento, mas pela revelaçao de seus entrelaçamentos que o constituem como un fenómeno colectivo”. Hai serios indicios de que xa rompeu esa orde global na que EE.UU. se reservara en exclusiva o papel de asegurar a rendabilidade do capital. O coronavirus o que fai agora é intensificar as súas contradicións. Eis polo que o ministro francés de Finanzas, Bruno Le Maire, confesou os temores que iso provoca nos principais centros de poder e nos mercados internacionais, atentos como están aos movementos que as dúas 16

Case o 70% da poboación mundial vive actualmente en cidades. Todos os núcleos urbanos están interconectados por unha rede de medios de transporte que os convirten, de feito, nunha grande cidade a escala planetaria. Virus, xérmenes e outros microorganismos tamén forman parte deste ecosistema global.

grandes potencias, China e EE.UU., están desenvolvendo: “Francia está inmersa nunha guerra económica e financeira que será larga e violenta (…) Protexeremos as compañías francesas máis importantes, recapitalizándoas, comprando acción e incluso nacionalizándoas”. Algo parecido deu a entender o presidente Pedro Sánchez referíndose a España: “Estamos baixo ataque e ímonos protexer”. Quen gañará a guerra (económica, comercial, tecnolóxica e cultural) entre esas dúas superpotencias tras o coronavirus? Xusto antes da pandemia, EE.UU. tentaba recuperar fronte a China o terreo perdido na produción, relocalizando as súas fábricas fóra do alcance chinés, mentres Xi Jinping quería seguir sendo a fábrica do mundo, pero deixando claro que tamén quería participar na tarta tecnolóxica. Por iso se xogan tanto no desenlace da crise pandémica. Como se xoga moito a UE, que se está limitando a chupar roda nesta hora de conmoción e medo, porque poidera darse o caso de quedar como a convidada pobre nesa loita polo poder global. A política do sálvese quen poida, que é a que de novo traizoa os principios fundacionais da unión, poidera desabastecer de argumentos aos europeístas e cargar de razóns aos euroescépticos, neonazis incluidos, sen descartar enganches ou encadramentos unilaterais que trastoquen, con impredecibles pero desacougantes consecuencias, o mapa xeopolítico de Europa e do mundo. Algo difícil de entender en medio dunha pandemia como esta da Covid-19. Porque é cando máis se debería afianzar o obxetivo dunha gobernanza global. “Gobernar os riscos globais —escribe o ensaísta vasco


Innerarity— é o gran imperativo da humanidade, se non queremos que se verifique a tese final da historia, non xa como apoteose dunha prácida vitoria da democracia liberal, senón como o peor fracaso colectivo”. O sociólogo e politólogo Manuel Castells, actual ministro de Universidades, apuntaba hai uns días en La Vanguardia cal podería ser o camiño: “Entre a desglobalización aventurada e a desglobalización descontrolada do capital hai marxe para iniciativas coordinadas dos Estados que asumen un control estratéxico da economía nun marco cando menos europeo". Merkel e os seus aliados de Países Baixos, Finlandia e Austria terían que repensar a súa estratexia, e valorar o que para Europa, e tamén á larga para os seus propios intereses, podería comportar o abandono definitivo dunha soberanía compartida —espazo no que se defende mellor o público— a cambio de blindar o retorno do Estado/nación. Un xogo certamente perigoso, por contaminante. políticas agresivas contra os sistemas públicos de saúde Perspectivas xeopolíticas aparte, o que se prevé a respecto da economía globalizada, e da estrutura de poder que a goberna aténdose ao cumprimento dos dogmas neoliberais, é que se non foi quen de impedir fenómenos que, como o desta pandemia, poñen contra as cordas o modelo capitalista que a alimenta e a sostén, tampouco o vai facer no inmediato futuro a pouco que estoure dentro del calquera outra técnica de corazón explosivo, calquera outro virus (sanitario, económico, medioambiental….). Pode ser certo que o coronavirus acelere o cambio

de época e a fin da era da globalización neoliberal que o nobel de Economía Joseph Stiglitz xa presentía na revista Social Europe antes desta crise pandémica, alegando que se estaría desmoronando a construción ficticia da suposta prosperidade global. Porén, o que é difícil de imaxinar é a desaparición do capitalismo. O que fai pensar en todo caso nun outro modelo alternativo de globalización (o altermundialismo predicado por ATTAC). Un capitalismo humanizado, no que individuos e sociedades enteiras sexan quen de controlar, como non puideron facer até agora, unha grande parte do seu propio destino? No máis optimista dos supostos, a cousa vai ir para largo. Entre outras razóns, porque hai “unha especie de excepción viral —biolóxica, informática, cultural— que nos pademiza, e os gobernos son os seus máis tristes executores”, como subliña Jean-Luc Nancy, un dos filósofos máis influintes de Francia. E o que constatamos a respecto de como os líderes políticos viñeron actuando en medio das crises da última década non dá pé precisamente para botar sálvoras futuristas. O capitalismo e os seus executores máis poderosos globalizaron de forma vertixinosa moitas actividades lucrativas, especulativas, sen por suposto extender a remodelación das fronteiras ao sistema sanitario. Pola contra, tal e como se pode comprobar no historial das últimas crises, e de maneira especialmente intensa durante os catro primeiros anos da económico/financeira do 2008, os gobernos e as grandes institucións multilaterais como o Banco Mundial, o FMI e os bancos rexionais, xeralizaron as políticas máis agresivas contra os sistemas pú-

blicos de saúde. Segundo un informe oficial feito público no 2015, ata 56 países ricos e pobres recortaron entón os seus orzamentos de sanidade. Denunciábao o sociólogo e filólogo Noam Chomsky de maneira taxativa: “Suprimiron as camas dos hospitais no nome da eficiencia”. Pero non só camas hospitalarias, tamén suprimiron centos de postos de traballo, precarizaron os contratos laborais, pecharon centros médicos de proximidade, aumentaron o custo da atención médica e dos medicamentos, reduciron as inversións en infraestruturas e equipamentos, privatizaron os diferentes sectores da sanidade, desenvolveron tratamentos en beneficio dos intereses dos grandes grupos farmacéuticos, e reduciron a inversión pública en investigación. As marchas e as manifestacións de protexta contra os recortes na sanidade pública e en contra da estratexia privatizadora dos gobernos do PP —na España de Rajoy e no Madrid de Esperanza Aguirre, pero tamén na Galicia gobernada por Núñez Feijóo— tiñan razón: o coronavirus destapa agora as dramáticas consecuencias desas desaprensivas políticas. Lonxe de nós, a paisaxe ten ademais, e de vello, outras fracturas estruturais que avergoñan a quen, como é o caso de EUA, mantén activo o seu título de campión de pesos pesados no ring do poder mundial. Con cifras inasumibles de pobres e coa saúde da metade da poboación á intemperie. Os pequenos avances realizados pola administración de Obama axiña quedaron anulados 17

en destaque

o que destapa a pandemia


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

en destaque

En Destaque

coa chegada de Trump. Incluídas as infraestruturas científicas creadas ao servizo da investigación sobre as epidemias. O actual inquilino da Casa Branca pechou o Consello de Seguridade Nacional da Unidade de Saúde Global, que se puxera en marcha no 2014 para afrontar a crise do Ébola, e disolveu o equipo encargado de coordinar as diferentes axencias gubernamentais de saúde en caso de pandemia. En outubro do 2019 eliminou asimesmo o programa Predict, financiado ata entón pola axencia norteamericana USAID, co que xa se conseguira identificar máis de 900 novos virus ligados á extensión da pegada humana no planeta, entre os que se atopan cepas ata entón descoñecidas de coronavirus comparables á do SRAS (Síndrome Respiratorio Agudo Grave). E a primeiros do pasado mes de febrero anunciou a súa decisión de reducir nun 53% a contribución norteamericana ao orzamento da OMS. urbanización, deforestación, industrialización desbocada Sobre ese inmenso e globalizador masma neoliberal viñeron asentando as políticas máis radicalmente destrutivas do medio natural e das condicións de habitabilidade e saúde da maior parte da poboación mundial. A eses factores e a fenómenos socioculturais derivados deles referíronse os autores do informe “Un mundo en perigo” que financiaron e fixeron seu o Banco Mundial e a OMS hai só sete meses. Algúns deses fenómenos son os que teñen nos procesos de urbanización, deforestación e industrialización desbocada o exponente máis acabado

18

do que a era que parece haber entrado en crise propiciou e acelerou. E con eles, o que todo iso favorece en forma de catástrofes, colapsos e pandemias. O proceso da mutación de microbios animais en axentes patóxenos que infectan aos humanos non é novo. Cambian as épocas e tamén as circunstancias tecnocientíficas ou mesmo espaciais, económicas e políticas, e con elas a maior ou menor capacidade de resistencia a eses procesos e contaxios, pero o que ninguén pón en dúbida é que o encadeado das epidemias que se viñeron sucedendo desde o neolítico ata hoxe ten como substrato a acción do home. Como? Destruindo o hábitat de moitas especies silvestres, tanto para extender nun principio as terras cultivables como para levar a cabo moitos anos despois, e en distintos níveis segundo as épocas, a industrialización das actividades agropecuarias e o imparable movemento urbanizador. Os procesos industrializadores, realizados moitas veces con evidente desenfreno, avanzarán concentrando grandes cantidades de poboación nas cidades, facilitando por iso a transmisión dos virus e, por mor das relación de todo tipo que se establecen nelas, a súa expansión e a súa mundialización. Porque, obrigados a vivir nos pequenos espazos de hábitat que lle deixan os asentamentos humanos, os animais achéganse a eles e os microbios que albergan —e que moran neles sen facerlles ningún dano— pasan ao noso corpo, onde deixan de ser benignos para convertirse en axentes patóxenos letais. Case o 70% da poboación mun-

Ante a crise da globalización neoliberal é preciso cambiar o modelo de produción e xerar as condicións doutro novo modelo que faga posible, no ámbito do que en base á diversidade e pluralidade de sociedades e culturas existentes no mundo se configura como o glolocal, o equilibrio entre producir, vivir e convivir.

dial vive actualmente en cidades. E todos os núcleos urbanos están interconectados por unha rede de medios de transporte que os convirten, de feito, nunha grande cidade a escala planetaria. Virus, xérmenes e outros microorganismos tamén forman parte deste ecosistema global. O sociólogo e profesor de varias universidades americanas, Nick J. Fox, vén de reproducir un mapa no que os contaxios virais se cruzan cos mercados globais e cos núcleos urbanos. Velaí o que explica en


boa medida que China sexa a orixe xeográfica das últimas epidemias, incluida esta da Covid-19. Porque “en ningún outro país converxeu de maneira tan vertixinosa a urbanización coa integración ás canles globais de valor e a adopción de novas normas de alimentación”, en palabras do economista Claudio Katz. É polo que Sonia Shah escribe no último número de Le Monde Diplomatique, despois de preguntarse de onde vén o coronavirus: “A crecente vulnerabilidade humana fronte ás pandemias non hai que buscala en ningún animal, senón nunha causa máis profunda: a destrución e manipulación acelerada da natureza”. A dos hábitats e a que produce a deforestación, en primeiro lugar. Faltos de árbores e de bosques, os animais que xeran e transmiten os microbios patóxenos acaban nos nosos parques e xardíns. E isto non ten trazas de parar. Os expertos dan conta de que xa no ano 2000 foran eliminados a metade dos bosques híbridos existentes no mundo. De continuar ese ritmo de destrución, asegura a NASA, a finais de século terán desaparecido todos os bosques, e non quedarán selvas tropicais no planeta. Pero non só se explican as novas epidemias pola perda dos hábitats naturais (por caso, o Ébola, que no 2017 se vengou basicamente dos

africanos que residían en zonas violentamente deforestadas). Tamén pola maneira en que se reemprazan. A autora do artigo “Contra as pandemias, a ecoloxía” no mensual francés fíxase especialmente nos moi numerosos animais que evolucionan no novo sistema de cría industrial (eis os virus da gripe aviar, albergados polas aves acuáticas, que produciron estragos nas granxas de polos en cautiverio, onde mutan e se volven máis virulentos). Tamén se fixa nos vertidos tóxicos, esparexidos en forma de abonos, e nas montañas de excrementos procedentes de granxas que as terras non son quen de absorver, dándolle aos microbios de orixe animal outras ocasións para infectar as poboacións. Eis as protextas xeradas na comarca ourensá da Limia por mor dos efectos que poideran causar esas irresponsables maneiras de proceder polos propietarios das granxas avícolas máis próximas. Porque ese é ou pode ser un refuxio para alimentar nel a bacteria E.coli, capaz de carrexar insuficiencias renais agudas.

CO2. Calcúlase que esa diminución podería chegar ata un 7% anual. Pero cunha condición: reducir a produción e o transporte. Quérese dicir, cambiando o modelo de produción e xerando as condicións doutro novo modelo que faga posible, no ámbito do que en base á diversidade e pluralidade de sociedades e culturas existentes no mundo se configura como o glolocal, o equilibrio entre producir, vivir e convivir. Sería a única maneira de enfrontar con éxito crises como as que están relacionadas co cambio climático, coa que nestas alturas padecen os refuxiados, coas pandemias sanitarias, ou coa económica que se aveciña. Coa gobernanza global como argamasa e instrumento. Abordando o proceso de cambio en liña co apuntado polo sociólogo e politólogo Manuel Castells: as iniciativas coordinadas dos Estados, que plantea como alternativa posible entre a desglobalización aventurada e a desglobalización descontrolada do capital, deberían ter como equilibrio entre producir, vivir e obxetivo: a) o control estratéxico da economía; b) que esa economía sexa convivir Polo demais, grazas ao coronavirus sostible, e c) incluir un estado de be—grazas ás medidas que, por mor nestar desburocratizado e preparado de frear o contaxio, descontamina- para os choques vindeiros. Para facer realidade o que o proron en boa medida as ciudades máis importantes do mundo—, estase de- fesor Jorge Riechmann aporta como mostrando que é posible poñer en corolario: “Aló onde medra o perigo, marcha unha diminución radical de medra tamén o que nos salva”.

en destaque

o que destapa a pandemia


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

En Destaque

Entrevista rafael gonzález garcía

en destaque

experto en saúde pública

Co mundo conmocionado polo poder destrutivo do Covid-19, e sen que a cadea de propagación e de infección deixe de medrar, con preto ata agora de 400.000 afectados, milleiros de mortos e entrando aínda a epidemia en países cun grao de vulnerabilidade moito máis acusado que os europeos, non é esaxerado afirmar que nos atopamos ante o maior dos desafíos aos que se tivo que enfrontar a humanidade nos últimos oitenta anos. O galego Rafael González García, médico e experto en saúde pública, que ocupa actualmente o cargo de xerente e director xeral do Patronato de Saúde e integración social do concello de Alcobendas (Madrid), aporta o seu coñecemento sobre virus e pandemias para termos un bosquexo xeral sobre o alcance crítico da situación e a nosa capacidade de resistenza e de resposta científica, política e social. A entrevista fixémoslla en medio do estado de alarma e a través de cuestionario.

20

“Teñen que ir da man a mediciña e a ecoloxía” Texto e fotos TN


Europa está demostrando que esa capacidade de adaptación é moito máis lenta. As institucións supranacionais —por caso, as da UE— e os gobernos occidentais poden ter a excusa de terse manifestado este novo virus simultaneando o que os propios científicos definen como “unha incursión no descoñecido” e á súa vez como un axente tan ferozmente desestabilizador, colléndoos por sorpresa? Desde o punto de vista médico e científico, o que pode ser unha excusa na xestión política é unha realidade novidosa para a ciencia e a medicina; este virus é novo con todas as súas consecuencias. A ciencia médica veu vencendo a maioría das enfermidades e nun futuro moi próximo farao coas que hoxe constitúen o noso maior temor, pero tamén é evidente que haberá un cambio de paradigma e de novo, como sucedeu na Idade Media, as grandes epidemias, agora virais, serán parte importante dese cambio e causa de moita letalidade. Uns virus, como o Covid-19, serán de nova aparición, e non teremos maneira de saber que tratamento será o máis efectivo, e se ben esta pandemia nos vai ensinar moito, sempre empezaremos os tratamentos a cegas. Outros virus serán mutacións de outros xa existentes, e obrigarannos a tomar as medidas sanitarias que poidan facerlle fronte á súa capacidade infectiva, aínda que neste caso xa estaremos un pouco mellor preparados por mor do coñecemento que se ten do virus orixe. Non é un panorama alentador, seino, pero debemos confiar na nosa capa-

cidade de desenvolver tratamentos e vacinas efectivas que controlen estas novas enfermidades, e iso vai ocurrir. Todo leva a pensar na necesidade de botar man da ciencia, e dos científicos, á hora de acadar os níveis de prevención que se consideran imprescindibles para facer posible por unha banda que os cidadáns non nos sintamos tan vulnerables ante fenómenos como o do coronavirus, e que as institucións e os gobernos se aprovisionen de planos de acción e de recursos para facer eficaz esa prevención. As epidemias anteriores marcaron un antes e un despois ao respecto? Houbo un antes e un despois na mal chamada gripe española de 1918 que deixou no mundo a cifra de 50 millóns de mortos, e non me cabe dúbida algunha que haberá un antes e un despois na pandemia da Covid-19. Pero neste caso xa temos bastante adiantado. Fabricaremos aproximadamente nun ano a vacina, e probamos tratamentos xa existentes, etcétera. Queda agora que os gobernos se tomen en serio dedicar recursos sostibles aos Sistemas Públicos de Sanidade que han ter que asumir estes embates, aos profesionais da saúde pública e epidemioloxía que terán que preveñilos, estudar a maneira de evitalos e contelos, e como non, dotar aos seus países de medios mínimos ante posibles situacións como a actual, con eficiencia, non malgastando nin xerando grandes stocks inútiles, como sucedeu coas vacinas compradas no 21

en destaque

T

odo parece indicar que esta nova epidemia colleu despreveñidos á maioría dos gobernos occidentais. Algo que non deixa de ser sorprendente cando nos últimos anos asistimos a varias epidemias (SARS, Mers, Ébola...) que tiveron, con diferente intensidade, un forte impacto no mundo. Xa que logo, como entender que a estas alturas do século XXI, e tendo pasado por esas experiencias previas, as sociedades occidentais actuais non estean preparadas para evitar unha pandemia como a do COVID-19? Efectivamente, esta pandemia, no seu sentido literal de que afecta a todo o mundo, demostra que ningún país, nin de oriente nin de occidente, nin rico nin pobre, estaba preparado para facerlle fronte. Unha pandemia que é diferente a respecto das epidemias previas, como as mencionadas na pregunta, e os medios dispoñibles de contención e de tratamento non resultaron suficientes en ningunha delas. Eis a necesidade en todas de máis camas, máis profesionais sanitarios e máis medios de protección, diagnósticos e de tratamento. Agora ben, detectamos diferenzas na capacidade de resposta, como foi o caso de China e de Korea, capaces de adaptar a súa potente industria ás necesidades tecnolóxicas que esixía a epidemia, investigando e fabricando test de diagnóstico rápido e mascariñas suficientes para a súa poboación. Se acaso coa salvedade de Alemaña,

o que destapa a pandemia


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

en destaque

En Destaque

caso da ameaza da gripe aviar, pero aportándolle ao sistema recursos preventivos ante posibles novas pandemias. dade de defender este sistema sanitario público e uns servizos sociais dun Hai en concreto investigacións país de primeira orde. cuxo obxetivo sexa o de detectar novos virus, algo imprescindi- Epidemias e pandemias poden ble se queremos combatilos a poñer en cuestión o control tempo? España está entre os oligopólico que unhas poucas países que traballan nese cam- empresas farmacéuticas teñen po e con ese obxetivo? Compa- sobre a produción de fármarándonos con outros países do cos e vacinas. Debería intervir noso entorno, en que nível de o Estado —ou os Estados— lirecursos (económicos e huma- mitando o beneficio empresanos) e de resultados? A viroloxía rial da industria farmacéutica é xa por si mesma unha parte espe- sempre que entren en conflito cífica da mediciña e a investigación cos intereses sanitarios dos cicon virus é unha das liñas de traballo dadáns? Visto como operan en máis potentes no mundo, e España é relación con este tipo de virus, un deles, con bos profesionais solicita- e despois de termos chegado dos internacionalmente, con grandes a este nível de alarma co COideas, pero insuficientemente dota- VID-19, chegou o momento de dos de medios económicos e técnicos, poñer en marcha unha indusalgo que sen dúbida haberá que con- tria pública do medicamento? templar no día despois, porque somos Sen dúbida. E a situación creada unha das principais economías do polo coronavirus é un exemplo. Hai mundo e non temos unha financia- moitos países investigando a produción acorde e que debera acadar en ción de vacinas, España entre eles, Sanidade cando menos o 7% do PIB, porque temos unha liña de investie incrementar o da investigación ata gación para fabricar unha vacina, a media do da UE. O Instituto Car- pero o poder das grandes farmacéulos III, o CSIC, etcétera son moi bos ticas é o que fai que só dúas liñas de centros, pero requiren máis axudas. E traballo, unha en China e outra en que dicir da nosa Sanidade Pública EE.UU., xa estean en fase de proba que, a pesar dos recortes en camas con humanos para ver a súa eficacia (5.600 menos entre 2010 e 2019), en e a súa seguridade, os dous elemenpersoal (9.400 profesionais menos en- tos distintivos dunha vacina. Non é tre 2010 e 2014) e en medios (16.000 casualidade. Poucas son as empresas millóns de euros menos desde 2009), que en tan curto espazo de tempo está sendo capaz, aínda que non ao poidan dedicar os grandes recursos límite, de resistir unha proba de es- económicos que se necesitan como trés tan feroz como a actual. Espero esas farmacéuticas que constitúen o que saiamos desta situación co menor oligopolio que me planteas. É necedaño posible, conscientes da necesi- saria unha industria pública do medicamento? Entramos nunha área moi específica da que non son un experto, pero como xa dixen, non teño 22

dúbida de que a resposta en caso de estado de alarma é que ou ben temos esa industria pública do medicamento, ou ben debemos ter a capacidade de obrigar a traballar ás industrias nacionais por e para o ben común. Obviamente, unha empresa pública ben podía estar mellor preparada. Pandemias como esta que estamos padecendo poñen nun primeiro plano da realidade a nosa vulnerabilidade. Non

O que sí podemos a partir de agora é estarmos mellor preparados por se se producen novos episodios virais desta magnitude, e a experiencia actual dinos que os protocolos de actuación ante emerxencias sanitarias como as pandemias hai que adaptalos internacionalmente —refírome á OMS— á nova realidade”.


temos polo de agora suficiente información sobre as súa orixe. E a información, como vén de afirmar un recoñecido asesor internacional, o israelí Yuval Noah Harari, é “a mellor defensa contra os patóxenos, máis aínda que o illamento”. Hai algunhas voces autorizadas que sinalan a animais salvaxes fixando a orixe destas pandemias últimas no que chaman “a destrución dos hábitats” (deforestación, urbanización, industrialización depredadora...) Acredita nesta interpretación? Que o ser humano é vulnerable sabémolo desde hai moito tempo, pero os avances médicos e científicos fixéronnos pensar que a esperanza de vida sempre será ascendente, que a medicina pode curar case todo. Pero non, porque unha situación como a da gripe española, o Covid-19, o SARS, MERS, etcétera fan que baixemos á realidade da fraxilidade do ser humano. Porén, e malia que imos padecer outras pandemias, algunhas menos letais, outras moito máis que a actual, a nosa capacidade de reacción vainos permitir vencelas. Os custos serán elevados, pero sempre con esperanza.

É necesaria unha información veraz, porque sen ela calquera actuación será a cegas, tal e como dixo Harari. En relación coa segunda parte da pregunta sobre a orixe: estes virus proceden de animais, aves, porcos, monos…e un sen fin deles, e cada vez máis, por mor da cercanía que existe entre eles e o home. Sen bosques, sen árbores, os animais achéganse ao noso hábitat, e o seu contacto ponnos a nós e a eles en risco. Tendo isto en conta, para loitar contra este tipo de pandemia a mediciña necesita ir da man doutras ciencias como a ecoloxía, e apoiar un equilibrio entre o interno do ser humano e o externo no que habita. Se alteramos ese equilibrio, a enfermidade é inevitable. En todo caso, de aceptar que esta pandemia como todas as anteriores ten unha orixe animal, está xa identificada a vía de transmisión dos animais aos humanos? Como se produce ese salto, e quen ou que o facilita? Non. Non está identificado o animal de orixe da Covid-19. Hai varias investigacións ao respecto, e parece que poidera ser o morcego a causa inicial. O contacto e a cercanía son necesarios, porque a vía de transmisión do animal ao home ha ser por contacto directo, tal e como agora nos informan as autoridades.

Aparte da ciencia e da cooperación internacional —e europea—, en que grao depende de nós mesmos, da sociedade á que pertencemos, combater a tempo epidemias e pandemias como a do coronavirus? Que leccións temos que aprender do que está sucedendo? E cales son os deberes aos que de maneira imprescindible se teñen que aplicar as nosas administracións públicas e gobernos? Xa comentei varias cousas que influirán noutras posibles pandemias. O noso comportamento ecolóxico, a hixiene e protección no contacto cos animais alimentarios, cambio de hábitos culturais como o da protección ante a tos e o estornudo co uso de material facilmente lavable e non sobre as mans, con medidas de hixiene máis intensas como o lavado frecuente das mans. Desta pandemia, repito, habemos de extraer a nosa confianza no sistema sanitario público, capaz de responder dunha maneira coordinada e heroica no persoal e sen intereses económicos de rendabilidade. Penso que podemos dicir que estarían moi errados quen pensen que hai que apostar de novo na redución de recursos na sanidade pública e derivalos á sanidade privada, como se fixo nestes últimos 10 anos, e volver como mínimo a recuperar o nível de camas, profesionais e financiación previos ao 2009. Unha sanidade pública e de calidade como tanto temos reclamado.

23

en destaque

o que destapa a pandemia


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

O café na trincheira

Por Antón Baamonde

o café na trincheira

coronavirus zombi Como se constitúe a imaxinación colectiva? É unha pregunta que un se fai cando vai á compra en plena crise do coronavirus e ten, diante súa, un hipster de non máis de trinta anos cun carro cargado ata os topes de paquetes de papel hixiénico, envases de vidro con coles e garavanzos e grandes garrafas de auga. Unha compra desconcertante, mírese como se mire. No súper, como se se tratara dun escenario de guerra, a xente apura a comprar calquera cousa, ata deixar baleirados os estantes. O efecto mimético opera como catalizador da compra. Por algún motivo, o máis cobizado obxecto de desexo non é unha boa botella de Muga ou Pago de Carraovejas para entreter as semanas de estado de alarma ( ! alarma ¡¡alarma! !nenos en casa un mes¡,! necesitamos reservas de pizza¡) senón, xa o dixemos, papel hixiénico. O hipster ten medo de non poder limpar o seu rexio cu... Ten razón o meu amigo Xosé Carlos Morell: a exposición a series de apocalipses zombis provoca ao final escenas do último día no Mercadona ou no Eroski. O temor á invasión de corpos estraños que nos infectan desencadea unha loita a vida ou morte pola supervivencia: é o que calquera pode ver en calquera serie, ou película de Zombis, dende “The Walking Dead”, ata “Apocalipse Zombi”. As crises son espellos nos que se mostra quen e como somos, e non sempre a imaxe que aparece no azougue é favorecedora. Pero tal vez non debemos levar máis lonxe unha 24

comparación humorística que, ademais, pode ser inxusta para unha cidadanía, no básico, ben disposta. Aínda que, tamén hai que dicilo, a caricatura é o medio no que se expresa a verdade, segundo dicía Adorno e, ademais, segundo digo eu, non hai que ceder ante os que perseguen, con ánimo de inquisidores, toda ironía. O puritanismo censor vive hoxe días gloriosos, mesmo en ámbitos que deberían ser máis lixeiros e felices... A lección que reciben unha e outra vez os afeccionados ao xénero de terror, e a esa versión condescendente do noir que son os telexornais dunha e outra televisión, consiste en aprender que a civilización é fráxil cando se atopa con ameazas sen precedentes, e que cando está en xogo un mesmo e os seus, ningún significado ten o así chamado “ben común”. Un podería xeneralizar máis o argumento: de feito, a maior parte das ficcións contemporáneas tenden á sociopatía, como o propio universo moral do neoliberalismo. O seu universo é o de individuos illados aos que o mal pode acometer en calquera momento, por sorpresa, en forma de virus, terroristas ou zombis. De aí que haxa que estar en garda permanente, en permanente estado de alerta, e que todo estea permitido ante o perigo ubicuo do fin do mundo tal e como o coñecemos. E que, fronte a esa ameaza, o crime sexa non só permitido senón obrigado. No mundo dos zombis, a vida non

é sagrada, e para pertencer ao grupo hai que mancharse as mans de sangue. A ficción contemporánea transmite medo. É expresión dunha ansiedade colectiva e, ao mesmo tempo, a ficción contribúe a estender, precisamente como un virus, esa ansiedade. Nada hai máis conservador que o medo. O optimismo e a esperanza facilitan a comunicación e o amor. O medo é sombrío, ergue barreiras por todas partes e provoca odio. O medo está asociado á necesidade de control e á inseguridade. Podería entenderse como unha reacción natural en busca dun fogar, que é o que os sapiens sapiens buscamos dende o fondo dos tempos, pero o medo é estúpido cando non é capaz de discernir cales son as raíces do perigo e está cego fronte a el. Un dicir: certamente, o capitalismo de hoxe está disposto a arrasar co mundo ben disposto, produto do pacto social de posguerra, que deu orixe ao benestar que coñecemos. Pero cantos son capaces de recoñecer a orixe do perigo? Cantos ceden aos seus cantos de serea ? Cantos colaboran con el para estender o medo ao de abaixo para aplaudir a man autoritaria que se axita enriba? Os Trump, os Bolsonaro, os Vox, veñen dese medo. The Walking Dead axudaron a Trump: simbolizaban o medo ao estraño perigoso. Convencionalismo, adhesión á xerarquía, agresividade autoritaria, rixidez mental, tendencia aos xuízos estereotipados, cinismo despectivo, tendencia


o café na trincheira

a contemplar un entorno cheo de perigos (inmigrantes, mulleres, roxos.), sexismo: son algúns dos factores que Adorno identificou como característicos da personalidade autoritaria e anunciadores do fascismo. Ninguén ve como se estenden outra vez ?. Lembremos: en periodos históricos ben máis difíciles, durante e despois da segunda guerra, a cultura era máis moral, máis optimista, máis confiada no apoio mutuo. Frank Capra era un produto xenuinamente americano, pero as súas películas estaban destinadas a afianzar a liberdade dos individuos, naturalmente, pero

tamén a contribuír á harmonía social. “Desexaba cantar aos traballadores, aos homes e mulleres sinxelos e correntes, aos que naceran pobres, aos aflixidos..”. Capra acompañou nas súas películas o New Deal de Roosevelt. “Que bonito é vivir¡” é un canto á solidariedade humana, algo que rarísima vez pode verse no Hollywood de hoxe. Á vez, as películas do oeste da miña infancia glosaban a moral kantiana do deber. Ninguén como Gary Cooper en “Só ante o perigo” representou esa moral. Non nos enganemos, esta crise pode ser unha oportunidade, como a de 2008, para volver a facer

caer no lombo dos traballadores novos recortes. Ogallá que non, ogallá que o que aprendamos é que hai que acabar cos límites de gasto público no sistema sanitario. Como moi ben sinalaba Xavier Dómenech nun artigo en Ara, “o perigo do coronavirus non radica na mortalidade directa que provoca, senón no feito de que aínda non temos vacinas e que pode provocar, pola súa rápida expansión, un colapso sanitario. Por iso, aos heroes e heroínas da sanidade hai que dotalos con máis recursos. Esa debe ser a nosa prioridade e o espello dos nosos valores: rescatar á xente e non aos bancos”. 25


política

en foco

nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

CORONAVIRUS E CORONAGATE Chegou Coronavirus e mandou parar, como un Fidel Castro sen ideoloxía e sen revolución. Esa cousiña, que nin sequera é un ser vivo pero ten nome case imperial, da noite para a mañá puxo patas arriba o taboleiro político, ameazaou con arruinar a economía e a vida de millóns de persoas e provocou unhas restricións sen precedentes nos nosos hábitos cotiáns. Este inesperado actor expulsou do escenario todos os asuntos que acaparaban a axenda e a atención públicas —incluídas as eleccións de abril en Galicia e Euskadi— cunha excepción: o retorno de Dona Coronagate, que vén mantendo o tipo fronte ao seu competidor, pois non hai nada como un Borbón que borbonee con amantes e diñeiros para montala.

Texto Justo Beramendi

P

ero antes diso, políticos e xentes do común andaban entretidos coas súas cousas normais. Por exemplo, o contencioso catalán. O 26 de febreiro arrancou por fin a mesa de diálogo Generalitat-Goberno na Moncloa, cunha pompa moi estudada para contentar aos secesionistas e, como era previsible, sen máis resultado que acordar procedementos e novas reunións. Torra mantivo as reivindicacións ás que non podía renunciar (referendo de autodeterminación e amnistía para os presos) e só gardou no caixón a do mediador internacional. E o goberno,

26

cunha fervenza de boas palabras, veu dicir que non sen decilo, agarrado ao “marco xurídico” e ao mantra do diálogo. O importante é gañar tempo. E gañouno, pois polo menos conseguiu que o barco empezase a navegar sen rumbo coñecido, pero cun comunicado conxunto que garante reunións mensuais, e recalca que os acordos, se os hai, deberán formularse “dentro do marco da seguridade xurídica”. Suficiente para que as tres dereitas, cada unha co seu estilo, bramasen todas contra esta nova humillación da patria traizoada. Pero ficou moi claro axiña que isto do diálogo segue sendo para Torra e os seus


como aquel aceite de fígado de bacallao que nos daban á forza aos nenos cando non había vitaminas nas farmacias. Tan claro como a división que o asunto provoca no seo do independentismo entre JxCat e ERC. Só tres días despois, Puigdemont montou en Perpiñán, na súa Catalunya Norte, un gran mítin no que el e Clara Ponsatí (a do gozoso “De Madrid al cielo” polos mortos do coronavirus) descualificaron a vía do diálogo e apostaron unha vez máis pola confrontación directa. E con Torra presente e aplaudindo. A maiores, gran parte dos asistentes apuparon un vídeo no que Junqueras defendía ese diálogo. O 2 de marzo, ERC desmarcouse de Puigdemont e o día 4 pediulle a Torra que aclarase se apoiaba ou non a mesa co goberno. Como resposta, Torra esixiu ese mesmo día a Sánchez que dixese si ou non ao referendo, un modo moi transparente de amosar os seus desexos de romper a baralla antes de xogar a par-

seu “odio ao partido”. O 2 de marzo, Cayetana Álvarez de Toledo cargaba contra La Sexta decindo que a canle televisiva facía negocio cos males da democracia, o que provocou desautorizacións implícitas da maioría dos seus compañeiros. Pero isto non impediu que Pablo Casado sobreactuase na súa defensa catro días despois con sandeces de groso calibre como que “todos los partidos quisieran tenerla de portavoz”. Máis grave foi o asunto do País Vasco, onde Pablo Casado defenestrou a Alonso, elixido polas bases para encabezar a candidatura das eleccións autonómicas, e aos seus afíns, e resucitou ao limitadísimo Carlos Iturgaiz para poñelo no seu lugar. Un paso máis cara a extrema dereita. Pola súa parte, Santiago Abascal alzouse o día 8 á categoría de Führer todopoderoso de Vox, non sen que sectores minoritarios da militancia amagasen coa disidencia O Goberno gaña tempo en Catalunya coa mesa de e mesmo coa escisión. E diálogo, pois polo menos conseguiu que o barco em- Ciudadanos agasallounos nova mostra de cal é pezase a navegar sen rumbo coñecido, pero cun co- acunha súa idea da rexeneración municado conxunto que garante reunións mensuais, democrática cando o 27 de soubemos que Ane recalca que os acordos, se os hai, deberán formu- febreiro drés Betancor, catedrático da larse “dentro do marco da seguridade xurídica”. Pompeu Fabra, simultaneou durante anos a súa condición de membro da Junta tida. En resumo: independentismo moi Electoral Central coa de asesor pagado de dividido e negociación con pouco futuro, Cs. É difícil máis desvergoña no individuo aínda que se dilate no tempo. e no partido. Partido que segue intenEntre tanto, as dereitas, inaccesibles tando salvarse do naufraxio total, para o ao desalento coma os falanxistas dos que o 2 de marzo elixiu presidenta a Inés tempos gloriosos, continuaban coa súa Arrimadas, a fidel delfina de Albert Rivecruzada e coas súas leas internas. O 24 ra, por 277 votos contra os 21 do crítico de febreiro, o PP anunciaba que recurrirá Francisco Igea. Veremos. perante o Supremo o nomeamento de Dolores Delgado como Fiscal Xeral polo leas internas no goberno de coalición E na parte esquerda, Podemos avanzou un paso máis na senda do caudillismo asembleario. Tamén o día 2, Pablo Igle27

en foco

política


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

política

en foco sias, agora sen a molesta compañía de anticapitalistas e errejonistas, fixo aprobar novas normas que eliminan tanto a limitación de mandatos como a dos vellos topes salariais. O camiño para que a parella reinante se perpetue no poder fica expedito. Non sen algún disgusto. Dous días despois, estudantes de esquerda chafáronlle un acto na súa querida facultade da Complutense ao berro “¡Fuera vendeobreros de la Universidad!”. Pouco custo para tanto beneficio. Menos mal que o día 8 o feminismo demostrou nas rúas que segue máis forte ca nunca. Tamén que acolle tendencias sectarias, como a que expulsou da manifestación de Madrid ás participantes de Cs. O goberno continuou co seu afán de cumprir o programa o antes posible, e coa súa obriga de É certo que era imposible impedir que a pandeabordar os novos problemas que van xurdindo. Tamén coas mia entrase no país. Pero tamén o é que, apreninevitables discrepancias entre dendo doutros países, se puido atenuar moito o os dous socios. No primeiro, a finais de febreiro anunciou impacto se o goberno central e en menor medida un cambio radical no acceso os autonómicos tomaran a tempo as medidas á función docente non universitaria e un novo estatuto do que non chegaron até a declaración do estado de profesorado universitario que alarma o 14 de marzo. acabe coa precariedade, aprobou un programa lexislativo en contra (PP + Vox + Cs + JxCat) e 19 de 92 leis a elaborar durante o mandato, abstencións (ERC + Bildu). Primeiro froiincluída a reforma do Código Penal sobre to da mesa de diálogo. Por certo, o voto os delitos de rebelión e sedición, e para en contra de JxCat provocou indignación atender as protestas crecentes dos agriculen ERC, pois ao parecer tiñan pactada tores reformou a lei da cadea alimentaria a abstención dos dous. Xogada sucia para que cobren por enriba dos custos preelectoral. E por suposto as dereitas de produción e non se vendan produtos a seguiron soltando veleno pola axuda de perdas. ERC e Bildu. Pero o maior logro chegou o día 27 Pero a comprensible necesidade de cando o Congreso aprobou a senda de esprotagonismo gubernamental por parte tabilidade e o teito de gasto, paso previo de Podemos trouxo tamén algúns proá tramitación dos orzamentos, por 168 blemas, todos resoltos sen que o sangue votos a favor (PSOE + UP + PNV + MP chegase ao río, todos munición ben apro+ BNG + NC + CC + PRC + TE), 150 veitada polas dereitas. O primeiro veu coa afirmación de Pablo Iglesias de que non se realizarían máis devolucións en quente 28


na fronteira, algo que foi inmediatamente desmentido polo Ministerio do Interior. O segundo chegou pola insistencia de Irene Montero en aprobar o proxecto de lei de violencia sexual antes do gran día feminista do 8 de marzo, aínda que non dese tempo a redactalo co debido rigor xurídico. A resistencia, finalmente vencida, dunha parte do goberno a esas présas provocou a incontinencia verbal de Iglesias e Echenique que calificaron de “machistas” as obxecións técnicas, co conseguinte escándalo nos medios durante uns días. E o terceiro veu da mán de Yolanda Díaz, que quixo meter baza no asunto do coronavirus cunha guía de actuación para as empresas, e só conseguiu ser desautorizada por Sánchez en beneficio do ministro de Sanidade. Unha reunión de urxencia da comisión de seguimento do pacto de goberno procurou o 6 de marzo pechar estas fendas, no sen que Podemos intentase sen éxito recortar os poderes da vicepresidenta Carmen Calvo. estado de alarma, parón electoral e responsabilidades Asemade, arrancaban as precampañas en Galicia e no País Vasco. As primeiras enquisas non daban por seguro que Núñez Feijóo conservase a maioría absoluta, e auguraban que Urkullu moi probablemente repetiría cunha cámara moi semellante á actual. De todos modos, como as eleccións foron suspendidas hai tres días pola epidemia e non temos moito espazo, aforramos máis comentario de momento. Tampouco non podemos entrar a fondo no culebrón das andanzas sexuais e financeiras de Juan Carlos I, devoltas á actualidade coa noticia da propina de 100 millóns de euros recibida de Arabia Saudí nun paraíso fiscal, dos que 65 foron a tal Corinna e dous a outra amante, o descubrimento de que Felipe VI renunciara hai un ano a calquera herdanza desas orixes, e a

drástica decisión de privar ao seu pai da súa asignación pública. Máis vale coroa en man que pai voando, como xa fixera Juan Carlos con Don Juan de Borbón. Pero é moi improbable que este cortalumes sexa suficiente para deter o continuo deterioro da monarquía. De momento, o Coronavirus mantén semiaparcado o Coroagate, pero antes ou despois este volverá a primeiro plano con consecuencias políticas impredecibles. Tempo haberá de analizalo polo míudo. Mais, como dixemos ao comezo, neste día de San Xosé no que asinamos a crónica todos eses asuntos non importan gran cousa en comparación co espanto en que nos ten sumidos unha epidemia que en dúas semanas pasou de cero a máis de 17.000 infectados coñecidos (seguro que son moitos máis), a case 800 mortos e a uns 1.000 na UCI. E o peor está por chegar, cun sistema sanitario debilitado polos recortes e a punto de colapsar en varias Comunidades Autónomas, colapso que provocaría unha hecatombre. É certo que era imposible impedir que a pandemia entrase no país. Pero tamén o é que, aprendendo doutros países, se puido atenuar moito o impacto se o goberno central e en menor medida os autonómicos tomaran a tempo as medidas que non chegaron até a declaración do estado de alarma o 14 de marzo, cando a propagación do virus era xa imparable: prohibición de reunións, espectáculos e festas, peche de restaurantes, bares e comercios agás os de primeira necesidade, fomento do teletraballo, restricións (insuficientes) da movilidade, confinamento en domicilios, etc. Os políticos, no canto de adiantarse, preferiron ir por detrás da enfermidade coa esperanza de aforrarse ordes impopulares. E o resultado está á vista. Un desastre sanitario e un probable desastre económico e social, por máis que o goberno puxese enriba da mesa máis de 100.000 millón de euros e o BCE 750.000 para toda Europa co fin de palialos. Ogallá o consigan. Pero os mortos, mortos quedarán. E logo están as consecuencias políticas, unhas presentes, outras futuras. De momento, a crise puxo á defensiva ao secesionismo catalán e ás dereitas, pero isto é só unha paréntese. De como se xestione a epidemia até o final dependerá un maior ou menor dano político para o goberno. Disto e de canto dure dependerá tamén que Sánchez consiga ou non aprobar uns orzamentos de salvación nacional, mesmo sen necesidade do apoio de ERC. Nese caso, tería practicamente garantido acabar a lexislatura. No caso contrario, adeus. Tamén podería acontecer que Inés Arrimadas emprendese o camiño de volta ao centro. Ou non. Agora o único seguro é que todos estamos fodidos e ninguén contento. 29

en foco

política


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

sociedade

en foco

QUE HAI DETRÁS DAS PROTESTAS DOS AGRICULTORES E GANDEIROS? Texto Xacobo Feijoo Lamas

Hai case unha queixa universal das persoas que se adican a producir alimentos ao redor do mundo globalizado. Os agricultores e gandeiros de toda América, de Europa, de España, de Galicia teñen unha queixa común: non logran obter beneficios da súa actividade. Os seus produtos, dos que non podemos prescindir un solo día, non son quen de remuneralos vía prezos no mercado, agás excepcións. Parece un imposible, porque se algo hai necesario diariamente para os 7.700 millóns de almas que habitamos o planeta, segundo a ONU, é comer varias veces ao día, durante todos os días da nosa existencia. E se hai algo inquietante é que o imposible exista. Que pode estar a acontecer e por onde se poderían buscar as solucións?. 30

O

da globalización é un dos principais factores diferenciais a respecto dun pasado non tan lonxano ligado ao sector da agricultura. Vivimos nun mundo totalmente conectado e interdependente, onde a información flúe en tempo real, onde as mercadorías viaxan ao longo de todo o planeta, e onde os Estados perden o seu poder en favor de organizacións transaccionais ou de acordos comerciais globais como os da Organización Mundial do Comercio (OMC). Un mundo onde, seguindo ao politicólogo Moisés Naím, “ o poder é máis fácil de conseguir, máis fácil de perder, e sobre todo máis difícil de usar”. Os cereais, a soia, as froitas, viaxan polos océanos en buques graneleiros e cambian de continente sen máis custe que o duns poucos céntimos de euro por quilogramo. Sen importar a distancia, pois canto máis lonxe e máis grande é o barco, máis acaba


compensándose o que custa un maior desprazamento. Hai buques especializados, case como petroleiros, que viaxan cheos de zume de laranxa concentrado, e que cruzan os océanos sen necesidade de frío, e sen estragar a carga, e iso grazas á perfección das técnicas de esterilización. Os satélites e os modelos climáticos perfeccionados permiten anticipar con precisión o resultado das colleitas ao longo do planeta e, baseándose en criterios financeiros e especulativos, permítenlles aos grandes traders tomar decisións e manipular os mercados de exportación meses antes de que a colleita estea madura para a súa recollida. Os acordos comerciais entre grandes bloques económicos limitan as políticas que se poden tomar a nivel estatal para apoiar a agricultura propia, como as subvencións aos produtores, a intervención de mercados e de prezos, a imposición de cotas de produción ou de aranceis ás importacións —tan común hai apenas unhas decenas de anos—, políticas ás que podemos engadir os avances biotecnolóxicos e os dereitos de protección intelectual sobre plantas e animais. Tamén limitan as campañas que tentan cambiar os hábitos de alimentación de grandes sectores da poboación, valéndose eses grandes bloques de todo tipo de manipulacións e escusas, tal e como se constata coa campaña de denigración da gandería e do consumo de carne que está desenvolvéndose actualmente. Todo un contexto condicionante que difire enormemente do que era común hai ben poucos anos. a produción de alimentos, un sector estratéxico Definitivamente, son novos tempos e dáse un novo contexto, pero pese a todo iso hai cousas que non cambian, como a inelasticidade da demanda da cesta da compra das familias

(o feito de que a demanda de alimentos non aumente coa súa oferta), que fai que os prezos dos produtos agrarios baixen coas boas colleitas e suban coas malas. E hai outra verdade que se mantén no tempo, como é aquel sabio dito das nosas aboas: “Coas cousas de comer non se xoga”, que tamén se pode expresar doutro xeito na linguaxe da diplomacia internacional, ou da xeopolítica: “non deixes que os recursos estratéxicos do teu país nin a túa alimentación dependan de terceiras partes ás que non podes controlar no caso dunha crise, porque terás a fame na túa sociedade”. Dito doutra maneira, o consello das nosas aboas víñanos a sinalar a grande verdade do feito diferencial da produción de alimentos sobre outros bens e servizos, xa que un país pódese permitir estar un ano con máis ou menos escaseza de produción de parafusos ou automóbiles, de importación por caso de teléfonos móbiles, pero non con escaseza de comida para os seus cidadáns, porque o resultado non sería unha maior ou menor incomodidade social ou económica, senón a fame con todas as súas consecuencias. Xa que logo, é irresponsable en calquera país deixar o subministro de alimentos propios totalmente en mans de terceiros, ou en determinadas zonas do mundo, onde calquera factor inesperado pode interromper o subministro e o acceso aos alimentos a prezos económicos. Os alimentos e os recursos enerxéticos son básicos e estratéxicos, e as conxunturas favorables de importación no mercado internacional poden constituir unha trampa fatal para calquera país que descoide o sector produtivo propio ata a súa ruína, ou ata o seu práctico desmantelamento, e deixe a súa enerxía e alimentación en mans dos vaivéns dos mercados e das crises financeiras, mesmo xeopolíticas, e dos conflitos e tensións internacionais. Este último carácter estratéxico intrínseco da produción de alimentos é o que fai que, aínda nun contexto global liberalizador, a Unión Europea reteña a súa Política Agraria Común (PAC), que supón nada menos que practicamente o 40% do orzamento total da UE, un total de 58.000 millóns de euros (ano 2017). Pero tampouco nos liberais Estados Unidos se xoga coas cousas de comer, existindo a denominada Farm Bill, cun importe aínda superior ao da PAC da Unión: 88.000 millóns de dólares no ano 2017. En canto a China, as comparacións son complicadas ao tratarse dunha dura ditadura comunista, pero é ben coñecida a súa política depredadora de terras de labor e de materias primas en Sudamérica e especialmente en África, para asegurarse alimentos e materias primas estratéxicas. Tampouco xogan coas cousas de comer. os prezos dos produtor importados:unha competencia desigual Centrándonos xa na Unión Europea, os agricultores e gandeiros da Unión teñen pois un novo contexto internacional: as commodities como os cereais, a soia, e o azucre viaxan por poucos céntimos de euro o quilo desde os grandes centros produtores en América, Asia ou norte de África ás mesmas portas da UE cuns prezos internacionais de referencia cos que teñen que competir, prezos que son fixados 31

en foco

sociedade


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

en foco

sociedade

a partir dunhas realidades produtivas que nada teñen que ver coas presentes na Unión Europea. Podemos citar en concreto o uso de transxénicos de alto rendemento, os salarios dez veces menores que os normais nun país comunitario, pasando por técnicas produtivas depredadoras dos recursos e do medio ambiente, a sobre explotación de acuíferos e sistemas de produción

nacionais. A intervención de mercados era o principal instrumento da PAC hai unhas décadas. Para iso, o orzamento da PAC apenas aplica hoxendía un marxinal 4.3%, cando hai apenas dúas décadas superaba o 50%. No caso galego, aínda sendo importantes para complementar a renda dos agricultores e gandeiros , as transferencias directas da PAC, do primeiro e segundo piar, non impiden que a súa renda estea un É posible actuar sobre a cadea de valor da indus- 30% por debaixo das rendas dos das zonas urbanas tria agroalimentaria no seo da Unión Europea. traballadores e doutros sectores alleos ao rural. Como? Prohibir a venda a perdas atendendo ás ex- Con todo hai moita marxe de os datos amosan que cepcionalidades que concorren no sector agrario: mellora: para o conxunto de España hai as derivadas de ter a produción de alimentos un uns 900.000 perceptores das axudas directas da PAC dos que carácter estratéxico. unicamente 300.000 son profesionais, e o resto maiormente xubilados e propietarios absentistas das terras. Por iso, un agricultor que non respectan o benestar animal. É francés cobra de media 20.000 euros ao ano fronte aos 5.150 euros nesas circunstancias —nese contexto global dun galego. Eis polo que, para que pase a ser realmente percibida ao que vimos referíndonos— onde se marpor agricultores e gandeiros galegos, a reforma da PAC non é descan os prezos internacionais dos produtos, prezable como ferramenta para mellorar a súa renda. facendo en xeral moi difícil que os agriculA marxe de manobra que ten a UE —que teñen os Estados tores europeos poidan producir con eses membros— no que ten a ver con actuar sobre os prezos dos produtos mesmos custes. non é moi ampla. Non se poden poñer libremente aranceis a produSe falamos de zonas desfavorecidas, tos extracomunitarios como en tempos pasados, co cal as commodities como as de montaña, iso é practicamente poden entrar a prezos de dumping. Porén, hai que explorar outras imposible. Que fai a PAC neste contexto? vías ligadas ás esixencias do cumprimento dos estándares de calidade Pois practicamente só pode transferir renda medioambiental, e de cumprimento das normas de benestar animal, aos produtores en forma de pagos directos para os produtos de importación. Deben ser as mesmas esixencias desvinculados da produción, ligados unicaque para os produtores comunitarios. Non ten sentido por exemplo mente á xestión medioambiental, porque prohibir os cultivos transxénicos na Unión Europea, e que despois doutro xeito se considerarían subvencións entren libremente todo tipo de produtos agrarios transxénicos de directas á produción, o que vulneraría os importación. Ou prohibir o uso de pesticidas ou fitocidas na Unión acordos asinados pola UE en materia de Europea, e logo dar entrada a produtos nos que si se utilizaron durancomercio internacional. te o seu ciclo produtivo. Aquí hai unha importante marxe de maA intervención de mercados (fixación nobra para actuar sen vulnerar tratados de comercio internacional: de cotas de produción, fixación de prezos quen queira exportar alimentos á UE, como mínimo que cumpra os mínimos de intervención, con compra e mesmos estándares medioambientais que os dos nosos produtores. almacenamento de continxentes por parte Os feitos demostran asimesmo que é posible actuar sobre a dos Estados membros) tampouco son xa cadea de valor da industria agroalimentaria no seo da Unión Euunha opción por mor deses acordos interropea. Como? Prohibir a venda a perdas sen vulnerar a lexislación comunitaria de Competencia, atendendo ás excepcionalidades que concorren no sector agrario que, polo dito ata eiquí, non é un sec32


tor máis da Unión, senón un perfectamente diferenciado por mor do seu carácter estratéxico. A recente modificación da Lei de Cadea Alimentaria de España é un claro exemplo do inicio dun camiño, ao que aínda lle queda percorrido. O sector galego do leite ten posto nisto moitas esperanzas. outra vía: a integración vertical coa industria agroalimentaria Outra vía a explorar e traballar a fondo mediante propostas innovadoras e de marco legal é a da integración vertical dos produtores coa industria agroalimentaria e a distribución. Se o século XX foi o século da integración horizontal dos produtores (fundamentalmente a través de cooperativas agrarias), o século XXI podería ser o da integración vertical, de xeito que os produtores participaran dos beneficios da industria agroalimentaria e da distribución. E por último, hai que apostar polo consumidor, se conta con información veraz, precisa, sobre a orixe dos alimentos que se lle presentan nos liñais dos supermercados. De

ser así, probablemente nos levaríamos unha sorpresa, e o factor prezo non sería tan determinante. Para elo hai que contar cunha normativa clara de etiquetado, aproveitando todas as posibilidades das novas tecnoloxías. Hai que acabar coa normativa confusa, coas trampas de trileiros que permiten confundir ao comprador nunha etiqueta dun bote de mel ou de espárragos como se fora producido por un produtor español, unicamente porque se envasou aquí ou se lle fixo unha mínima transformación, cando por exemplo o produto veu de China, quen sabe baixo que estándares de calidade ou produción. Iso tense que acabar. En definitiva, a situación dos agricultores e gandeiros que en moitos casos é desesperada débese a canto se está producindo nun marco internacional globalizado, moi complexo, que desborda completamente as súas posibilidades de resposta, pois unicamente se lles deixa o recurso de competir con melloras técnicas pero en condicións desiguais. É igualmente certo que as posibilidades de intervención da Unión Europea e dos Estados membros non é a mesma que en décadas anteriores, pero da análise ata aquí exposta queda claro que si hai outras vías que permiten actuar e que deben ser exploradas e postas en marcha con decisión, se queremos protexer a nosa alimentación, a nosa saúde e benestar, e o coidado do noso medio ambiente, factores todos eles que dependen dos nosos agricultores e gandeiros. Abandonar aos nosos agricultores e gandeiros para que libren unha batalla imposible nun mercado internacional, global, totalmente manipulado por forzas que superan incluso as posibilidade de intervención dos Estados, non é unha opción.

en foco

sociedade


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

internacional

en foco

arxentina

A OLLADA DA ESPERANZA Texto Luz Darriba — Bos Aires

Vai para cinco meses, mudou o goberno da República Arxentina. Catro anos de xestión que aumentaron as obscenas ganancias dos máis ricos. Un saqueo levado adiante por unha banda que sería criminal se o Poder Xudicial non precisase, tamén, dunha inmediata reparación. Unha estrutura sostida por unha xustiza cómplice, socialmente repudiada, e uns medios de comunicación a prol dos intereses financeiros. 34


internacional

situación, e vai bailar só nun continente devastado polas políticas neoliberais. Non é conxuntural, é endémico por estas terras. En decembro de 2001, a Arxentina sufrira un axuste sanguinario. O «corralito», en alusión aos aparellos dos bebés, foi unha restrición do executivo (Fernando de la Rúa) para impedir que os bancos abrisen e a cidadanía retirase cartos, obstruíndo as fugas ao exterior A Arxentina é un país de contrastes acusados, cun dos capitais. En dúas semanas, país tivo cinco presidentes, pobo dotado dunha enorme capacidade de loita, oconsolidou o default financeiro, que sempre se implicou nos combates, que arreba- devalou o peso. O saqueo contra e medianos aforradores tou conquistas aos poderes de quenda. pequenos (a clase media que nunca atopou o seu lugar no mundo), provocou protestas sociais, máis de 30 mortxs e miles sábeis: 15.000.000 de persoas nun país de de detidxs. Houbo saqueos, algúns perpe44.000.000. trados polos máis empobrecidos, e violentas En fin, que relatar o martiroloxio deste desfeitas que a represión non puido conter. pobo nos últimos anos levaría tempo. Xa que logo, non é de estrañar que a ollada unha enorme e histórica capacidade de de esperanza se depositara no cambio de loita goberno que crease un novo paradigma. E A Arxentina é un país de contrastes acua única fórmula que posuía as ferramentas sados, cun pobo dotado dunha enorme para desmantelar a casa do amo, que en capacidade de loita, que sempre se implicou América Latina sabemos onde opera, era o nos combates, que arrebatou conquistas aos peronismo. poderes de quenda. Alberto Fernández e Cristina FernánA clase obreira arxentina organizada dez, presidente e vicepresidenta, herdaron nace nas últimas décadas do século XIX un país en bancarrota. Aínda que isto non coas correntes migratorias europeas de é novo, é a repetición dun bucle maléfico socialistas, comunistas e anarquistas. Para da Arxentina e da rexión, imponse unha o peronismo ocorre a mediados de 1940, e, emerxencia nacional contra a fame que vai aínda que entón comeza a se escribir unha requirir do esforzo titánico de gobernantes historia (os «cabecitas negras» foron «os e gobernadxs, dxs que se mantiveron en pé meus queridos descamisados»), tamén o é malia as sacudidas. que a historia iniciara as primeiras letras A este goberno esixiráselle que faga o medio século atrás. que sexa, mesmo maxia, para reverter a É o caso do voto feminino cuxo logro se atribúe a Eva Perón, unha verdade a medias: as feministas arxentinas, influídas polas 35

en foco

N

estes anos, a poboación viu caer en picado o seu poder adquisitivo, a saúde pública desmantelada, a canastra familiar sen alimentos básicos, a persecución dos adversarios políticos, a desaparición forzada na tortura e asasinato de Santiago Maldonado (defensor dos mapuches), as rúas das cidades cheas de familias expulsadas do sistema (10.000 persoas na cidade de Bos Aires), a extrema pobreza acadando cifras impen-


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

internacional

en foco

sufraxistas do vello continente, levaban máis de 50 anos loitando por este dereito. A doutora Julieta Lanteri (quinta muller en obter o título de médica na Arxentina) foi a primeira en emitir o voto en América Latina. Lanteri, italiana chegada á Arxentina aos 6 anos, nacionalízase en 1911 para pelexar xudicialmente o seu dereito ao voto. Xunto coa socialista Alicia Moreau funda o Centro Feminista, a primeira organización que loita polos dereitos das mulleres. Lanteri, reclamaba mellores condicións de traballo para as mulleres, o divorcio, pelexaba contra o proxenetismo e a intromisión da Igrexa na vida das persoas. Julieta Lanteri morreu en 1932 no que se presupón un atropelo intencional nunca investigado. En 2018, por decisión popular, a Estación de Metro Facultade de Dereito bautizouse co seu nome. Os ideoloxizados inmigrantes desposuídos sementaron os seus principios na Arxentina, terra fértil debido ás desigualdades que a rexen. Foron responsabilizados polos gobernos de quenda de sementar o caos e inculcar ideas «foráneas» non relación coa idiosincrasia arxentina. Un retrouso utilizado a través dos tempos. Para defender os seus privilexios, as oligarquías implantan a Lei de Residencia en 1902, que permitía expulsións masivas de estranxeiros «indesexábeis». A lei, derrogada en 1958, foi utilizada por moitos gobernos para reprimir a organización sindical e expulsar anarquistas e socialistas (nos gobernos de Perón desfacéndose de loitadores sociais non afíns). O pobo arxentino, instalado nun campo de batalla, nunca desistiu da loita por dereitos básicos, como na Patagonia Tráxica (1920-1921, Hipólito Yrigoyen), onde foron fusilados 700 anarcosindicalistas. Dirixidos polo «Galego» Soto, os obreiros pedían non durmir máis de tres homes en recintos de 16 m², un paquete mensual de velas, des36

cansar os sábados (xornadas de 16 horas diarias), unha mellora das racións de alimentos, un soldo mensual de 100 pesos e o recoñecemento da Sociedade Obreira como o súa representante. Os estancieros (ingleses) responderon ao conflito cunha salvaxe represión. En 1919, tamén baixo o goberno de Irigoyen, tivera lugar a «Semana Tráxica», que deixou centos de obreiros fusilados e o inicio do terrorismo de Estado na Arxentina, tras unha folga nos talleres metalúrxicos Vasena en reclamo de dereitos elementais. Arxentina enfrontou golpes de Estado (6 no século XX, 27 anos en total), os desbandes dunha economía insegura malia ser un dos países máis ricos da rexión, o ascenso e caída das súas reivindicacións. Un pobo sufrido onde os haxa. Nos 90 houbo loitas que puxeron o Poder Xudicial no centro da escena. Novas formas de reclamo e novos reclamantes. Nos cortes de estradas, as «puebladas», como a de Cutral-Có, Neuquén, 1996, contra as políticas de Menem, iníciase un longo período de manifestacións en todo o país coñecidas como piquetes. De alí o termo «piquetero». Os piqueterxs forman e custodian barricadas nas estradas para activar a protesta. Outra maneira de protestar presentaba as súas credenciais. Non só cambiara a forma, tamén os suxeitos sociais. Os sindicalistas, desprestixiados, eran substituídos por líderes de movementos sociais. A asemblea popular permanente substituía á «rosca» gremial. Poboadores dos recunchos esquecidos lexitimaban a súa autoridade en mediáticas protestas masivas. As protestas foron violentamente reprimidas, houbo mortxs e feridxs en todo o país: outra década de políticas antipopulares desemboca en traxedia. En 2001, vólvese a poñer a proba a resistencia das clases populares que, acompañadas das clases medias ao berro de «que se vaian todos», expulsan o presidente De La Rúa, o ministro de Economía Cavallo e tres presidentes en 15 días. Do cerco ás contas bancarias nacen os «cacerolazos» practicados dende lonxe (as caceroladas contra Allende, en Chile), que serviron na Arxentina para que a pequena burguesía se sumase á loita cando era ela a prexudicada. «Piquete y cacerola, la lucha es una sola» foi a consigna de curto voo, instantes nos que o pobo era todo un. Os burgueses, pequenos ou grandes, só se moven polo seu. Con todo, asembleas interclasistas, barrios ordenados en comunas e un resaibo amargo de cando quedaron, como di o Valse Municipal de María Elena Walsh, en Pampa y la vía (co posto), acompañou ese estado de vulnerabilidade dxs «intocábeis», e fíxoos convivir cos mortxs de fame. dos mellores anos do kirchnerismo aos pésimos de macri Porén, como diría Gramsci, nin o vello terminaba de morrer nin o novo de nacer, así que o chamado a eleccións despois da catástrofe


decidiría a xogada. Tres peronistas e tres radicais serían xs candidatxs. Menem obtivo o 24.45% dos votos, contra o 22.25% de Kirchner, mais retírase da contenda e o gañador na segunda volta será Néstor Kirchner. Era o principio dunha década estimulante e o nacemento doutra lenda peronista. Unha serie de melloras económicas que favoreceron os máis pobres balizaron o goberno deste home do sur, o «pingüín», por quen nadie daba un mango, e que amosou de vez intencións de poñer en pé á Arxentina. A aposta polo mandato fundacional do Nunca Máis de Alfonsín, a defensa dos dereitos humanos, marcou o seu goberno. A Arxentina vivira horrores na última ditadura militar (1976-1983): a desaparición forzada de 30.000 Cambiemos e Macri gobernaron a decretazos e ciudadanxs, o exilio de miles de persoas, a instauración dun criminalizaron as protestas populares, suprimiréxime de terror nunca visto ron as comisións de representantes dos traballaque sentou as bases do saqueo neoliberal, do que o país non dores e empresarios, falaron 4 anos da «pesada se repuxo. Entón, xestos como herdanza» e a corrupción do anterior goberno, quitar do Colexio Militar o retrato de Videla, impulsar os mentres gardaban fortunas en paraísos fiscais xuízos aos xenocidas ou crear (Panamá papers). o Banco Nacional de Datos Xenéticos sentaron as bases Os mellores anos do kirchnerismo foron paralelos aos mellores anos dun país no que os dereitos humanos eran de boa parte da rexión. Os gobernos de Chávez, Lula da Silva, Moinnegociabeis. rales, Mujica, Bachelet, Correa e xs Kirchner floreceron á vez que os Néstor Kirchner morreu subitamente EE UU se enfrascaban nas guerras polo petróleo en Iraq e Afganisen 2010 aos 60 anos, durante a presidentán. Logo foi a fin da festa. cia da súa dona, Cristina Fernández. Ela Na Arxentina, o peronista Scioli foi derrotado por unha mestura continuou coas mesmas políticas, mais pola de personaxes do ámbito empresarial e membrxs da Unión Cívica súa condición de muller desatou entre a Radical liderados por Mauricio Macri, que conformaron Cambiemos. reacción antipatías que acabaron en odios Era 2015 e comezaban catro anos nefastos para as grandes maiorías. patolóxicos.

en foco

internacional


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

internacional

en foco Ademais de medidas económicas impopulares como a supresión da xubilación para as ama de casa instituída polo kirchnerismo, os recortes O 10 de decembro foi unha festa popular. Maorzamentarios á prevención da violencia machista (300 mulleres reas humanas, música, alegría, e un entusiasasasinadas ao ano), ter como mo contaxioso do que era imposíbel subtraerse, slogan de campaña «pobreza cero» e elevar os índices da mesma até anunciaban a fin dunha época funesta e o comeo 40% da poboación (2.000.000 zo doutra na que se poñen, ao meu ver, demade novos pobres, moitxs con traballos que non lles permiten siadas expectativas. alugar unha vivenda ou manter chamada doutrina Chocobar (un policía matou a un «suposto» deunha familia), os tarifazos nos lincuente mentres fuxía, cando xa se consumara o «suposto» delito), servizos básicos, ampliaron a soada «greta» o regulamento do emprego de armas de fogo que habilita ás forzas da que tanto falaban. de seguridade a disparar sobre persoas en fuga. Gobernaron a decretazos e criminalizaron as O lawfare, a guerra xudicial, foi a ferramenta máis utilizada polo protestas populares; suprimiron as paritarias goberno de Macri para desfacerse de quen representaba un perigo. (comisións de representantes dxs trabaIsto provocou, ademais de danos a persoas inocentes, o descrédito lladores e empresarios); falaron 4 anos da absoluto da xustiza arxentina. «pesada herdanza» e a corrupción do anterior Mentres tanto, en América Latina ocorrían historias que deixagoberno, mentres gardaban fortunas en ban atrás o período de esperanza que auguraba grandes cambios. paraísos fiscais (Panamá papers). Ademais, Comezou o boicot de Trump a Venezuela; asinouse un acordo de medrou 2 díxitos o desemprego, devalouse paz en Colombia (só contabiliza líderes sociais asasinados a eito); a moeda nacional (1 dólar=80 pesos), desDilma Rousseff foi expulsada do goberno do Brasil con acusacións truíronse as Pemes, aumentou a inflación a que se demostraron falsas; encarcerouse a Lula; Ele nāo resultou Ele ritmo de vertixe, quitáronselles as axudas xs sim, e comezou a era Bolsonaro; no Ecuador, Correa foi sucedido discapacitadxs, elimináronse as restricións por Lenin Moreno (máis ben Stalin); Evo Morales sufriu un golpe de á megaminería, restrinxíuselles medicaEstado sanguento (a OEA recoñeceu o errado da súa inxerencia); o mentos xs jubiladxs, xerouse unha débeda pobo de Chile reaccionou a unha subida do transporte e foi violenque pagarán tres xeracións de argentinxs e tamente reprimido (resiste), afastándose do tópico de progreso que o eliminouse o Fútbol para Todxs do goberno distinguía; a Fronte Ampla (coalición de esquerdas) perde as elecanterior (nun país no que este deporte é cións no Uruguai por menos de 30.000 votos. relixión). Crearon e sostiveron medios afíns (modificaron a Lei de medios do kirchnerisa difícil tarefa dos fernández e fernández mo) e xornalistas dispostos a difundir falsas Non é preciso ser pesimista para albiscar males en toda a rexión e, informacións, e, o indispensábel: nomearon no medio de tanta negatividade, xorde na Arxentina un goberno que e destituíron xuíces e fiscais. quere mellorar a vida da xente máis castigada. Lembremos que FerCambiemos levou ao cárcere a moinández-Fernández, a coalición gañadora, é posíbel porque a actual tos opositores, fustrigou a membros da vicepresidenta bosquexa unha xogada maxistral para captar «odiaoposición, especialmente á expresidenta dores» da súa persoa que votarían a Alberto, e porían patas arriba o (acusada, non podéndose comprobar as taboleiro político. O demais é a maxia e a mística do peronismo, que acusacións), restableceu o terrorismo de sabe unirse cando a ocasión o require. Estado propio das ditaduras (desaparición e Quédalles por diante a tarefa de sandar a economía e dar de morte de Santiago Maldonado) e avalou a comer a millóns de famentos (aplicaron de urxencia unha Tarxeta Alimentaria para aliviar os casos máis graves), crear postos de traballo, vivendas para xs sen teito, unha xustiza na que se poida crer, 38


internacional

en foco

pagar a débeda externa, endereitar o torcido e sobrevivir nunha rexión que lles vai a ser hostil. O presidente Fernández, Alberto para a xente, marcou as intencións dun goberno «nacional e popular»: os máis desfavorecidos van ser os primeiros en recibir axuda. O día da súa asunción, o 10 de decembro (Día Internacional dos DD HH, e Marcha da Resistencia das Nais de Praza de Maio) foi unha festa popular. Mareas humanas, música, alegría, e un entusiasmo contaxioso do que era imposíbel subtraerse, anunciaban a fin dunha época funesta e o comezo doutra na que se poñen, ao meu ver, demasiadas expectativas. Oxalá poidan Fernández e Fernández capitanear a nave con soltura, cumprir as promesas electorais, dar volta o aquí andado, mais téñeno difícil. Pola situación internacional e rexional, a forma que está a tomar o mundo, os xiros ás dereitas retrógradas, a urxencia de coidar o planeta, o moito que hai que facer. Este goberno fala de solidariedade, algo que non se practica con frecuencia. Pide a solidariedade para os máis desprotexidos que perderon todo coa festa de Cambiemos, e a resposta da oposición é lamentábel. Moitxs lexisladores restaron quorum ao tratamento da lei de Solidariedade Social e Reactivación Produtiva, e outrxs votaron en contra. Acabou sancionada con modificacións polas propias forzas e xs aliados ocasionais. A lei propuña unha axuda de 2 bonos únicos de 5000 pesos (75 euros) cada un para as xubilacións mínimas (200 euros), que causou descontento entre quen percibía xubilacións do seguinte tramo (280 euros), igualmente pobres. Moitas destas axudas foron parar ás arcas dos bancos que descontaron débedas deses jubiladxs, contraídas para poder comer ou pagar a electricidade, o gas, ou medicamentos. É obvio que o único xeito de redistribuír é a base de impostos («impuestazos», di a oposición), política Robin Hood que vai ser resistida porque os ricos (50 familias) non queren perder ren desa riqueza. O ministro Guzmán, discípulo do Premio Nobel Stiglitz, traballa arreo para reverter o desastre. Será difícil, estarán sos e a contramán no mundo. O presidente dixo no discurso de asunción (falou da responsabilidade do Estado nos feminicidios) que quería protestas se se desviaba do camiño. Oxalá poida cumprir o seu programa, mais que conte coas protestas ao máis mínimo desvío. Este pobo, que acostuma a tatuarse, carga todo na pel. Os amores e desamores, as paixóns. E, como o levan escrito, ninguén perdoa nin esquece, van esixir nas rúas unha vida digna. Non soportan máis a debilidade das promesas. 39


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

en foco

entrevista

lluís puig entrevista

ex conseller de cultura, exiliado en bélxica

“España precisa do conflito con Catalunya para autoafirmarse e seguir existindo como Estado” Texto David Alvarado — Bruxelas

40

Foto ACN

Desde o seu exilio belga, o ex conselleiro de cultura de Carles Puigdemont, Lluís Puig, afonda para TEMPOS NOVOS na actualidade do independentismo catalán, marcado hoxe en día polo diálogo en marcha entre o goberno de Pedro Sánchez e o de Quim Torra, e as perspectivas que se abren. Sen confiar o máis mínimo na vontade de Madrid para achegar posicións, Puig non dubida en arremeter contra o rol político da xustiza española, concluindo a responsabilidade de España no auxe independentista e o liderazgo de Carles Puigdemont para avanzar cara unha república independente catalá do século XXI.


H

ai apenas unhas horas tiña que comparecer novamente diante da xustiza belga porque o xuíz Pablo Llarena, da sala segunda do Tribunal Supremo, segue pedindo a súa extradición a España. Xa non é perseguido por rebelión ou desobediencia, senón que agora o eixo da estratexia xudicial española é imputalo a vostede por malversación, tratando de equiparar esta figura delitiva cos supostos reflectidos no código penal belga. Como vive vostede esta situación? En novembro de 2017 eramos cinco os citados e a cada un de nós pretendían imputarnos ata seis delitos. En tan só unha mañá a nosa causa estaba vista para sentenza polos xuíces belgas. Algúns días despois, nunha reunión de fiscais europeos, entre colegas, coméntanlle aos españois que esta causa a van perder e, sorprendentemente, procédese a retirar a causa que entón levaba a xuíza de instrución da Audiencia Nacional Carmen Lamela. Agora, tras diversas vicisitudes e intentos varios, querendo imputarnos unha pléiade de delitos pero véndose obrigados a recuar cada vez, resulta que nos atopamos só diante dunha presunta malversación. Se xa desde un inicio a xustiza en Bélxica se decatou de que estabamos diante dun problema político, que non de crimes, imaxinen agora cal é a percepción que poden ter. Desta volta ditaminouse que ten que volver a comparecer diante do tribunal o 30 de marzo, e mentres non se lle permite saír de Bélxica. Pensa que serán finalmente desestimados os cargos? Chegarán a algún tipo de arranxo, a un punto e final no concernente á persecución xudicial? A decisión xudicial é impecable, xa que, á luz dos novos cargos, concédenselle quince días á defensa e outros quince días á fiscalía e aos xuíces para avaliar o caso. Ten que darse de conta que Catalunya é popular en Bélxica. Que aquí chegan todas a informacións. Que cando Carles Puigdemont dá unha rolda de prensa ou emite algunha declaración, todo o mundo está atento. O tribunal sabe que é o centro de todas as miradas e, polo tanto, fai gala dun exceso de celo, o cal é positivo, xa que se mira todo artigo

por artigo, e se repasa, e aténdese a se isto vulnera dereitos ou non, a se o que se insinúa se corresponde realmente cos feitos, coas probas e, en último termo, se é acaído co propio código penal belga. Neste senso, sempre saio tranquilo do tribunal, con sensación de xustiza. Non existe un trato favorable cara nós, pero si estamos certos de que os nosos dereitos están sendo escrupulosamente respectados, e que realmente se toma en consideración a nosa presunción de inocencia. Aquí non somos uns cataláns que por manifestarse son tratados como terroristas! Fixeron ben, logo, en acudir a Bélxica e establecer aquí o seu cuartel xeral, o seu centro de operacións? Pensa que foi unha boa opción a escollida por vostede e os seus compañeiros? Si, fixemos moi ben en vir aquí. Hai séculos de diferenza entre a xustiza española e a xustiza belga, como acabo de apuntar. Xa nos gustaría gozar desta xustiza en Catalunya, pero non é así! Doutra banda, Bruxelas é a capital de Europa e aquí estamos conectados con todo o mundo. Quizais estar exiliado en 1939 era aburrido, pero agora é todo o contrario. Non paramos! Temos aprendido moitas cousas, xa que está sendo unha escola de vida brutal para nós esta experiencia que, a pesares das dificultades, está a ser moi enriquecedora. O malo, evidentemente, a morriña, o estar lonxe da terra, dos amigos e da familia, coa que non podes estar sempre que queres, sempre que che fai falta. E como pasa vostede o seu tempo aquí, en Bélxica? A que dedica o seu tempo, os seus días de exilio, desde o seu despacho na delegación da Generalitat de Catalunya en Bruxelas? A causa xudicial consume moitas horas! Fíxese que onte tiña ata sete avogados detrás de min, de diferentes nacionalidades, que falan entre eles, discuten, analizan, miran todo con lupa, que precisan coordinarse... Amais, sigo co meu, coa miña paixón, porque con arte e cultura, sen gritos, sen estrondos, tamén se fan moitas cousas! Acudo a congresos, xornadas, reunións con xente da arte e da cultura, de todas partes de Europa, e do mundo, de paso por Bruxelas. Aquí conflúe xente do sector de xeito regular. Amais dos 41

en foco

entrevista


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

en foco

entrevista

temas de cultura, tamén traballo moito sobre cuestións de política lingüística, xa que Catalunya é un exemplo en Europa de defensa e promoción dunha lingua minorizada, que é seguido de preto, con moita admiración, por comunidades que ven perigar a súa fala e queren aprender da nosa experiencia. A nosa lingua é un patrimonio inmaterial fonte de riqueza e, con esta convicción, tratamos de coñecernos, coordinarnos e establecer estratexias conxuntas. Ao final, fáltanme horas no día! diálogo estado-catalunya Desde a distancia, polo que vostede percibe, que opinión lle merece a táboa de diálogo que acaba de iniciarse entre o goberno de España e o da Generalitat de Catalunya? Pode que sirva para que se empece a recoñecer que existe un problema político en Catalunya, pero pouco máis. Non vemos ao PSOE con ganas de nada, e menos de entusiasmar a esa parte de España que anceia avanzar ou, alomenos, agarda xestos de cambio. Amais, stricto sensu non podemos falar de negociación, xa que unha das partes conta con prisioneiros e exiliados. Comprenderá que é difícil que se poida catalogar a táboa como un diálogo, no que ambas as dúas partes se presentan nunha similar situación, sendo máis acaído que se equipare cunha sorte de cónclave no que se establezan unhas condicións para a rendición, para ver como se desenvolven unha serie de requisitos para facilitar o intercambio de prisioneiros e exiliados. Non pensa que quizais se poidan operar certos avances no senso de actualizar o código penal, abordar unha eventual amnistía dos presos e reconducir a cuestión cara o rego político? Se o que se cre que hai que facer é eliminar a figura de “sedición” do código penal porque é algo doutra época, e que boa parte dos países avanzados de Europa xa non contemplan desde hai tempo nos seus respectivos ordenamentos xurídicos, xa están tardando! Se o que se cre é que estamos diante dun conflito político e que se están a aplicar normas doutro tempo para xudicializar as demandas dunha parte importante da poboación e que, polo tanto, o que se impón é unha amnistía, tamén están tardando! Se o que se cre é que así se recoñece a existencia dun 42

Non existe en Bélxica un trato favorable cara nós, pero si estamos certos de que os nosos dereitos están sendo escrupulosamente respectados, e que realmente se toma en consideración a nosa presunción de inocencia. Aquí non somos uns cataláns que por manifestarse son tratados como terroristas!”

fenómeno eminentemente político, se consideramos que así dotamos de certa entidade, e voz, á outra parte, pois xa están tardando tamén! Para isto non se precisa unha táboa de diálogo, e por iso reitero que estamos diante dunha concertación para pactar as condicións dunha rendición. A presenza de elementos de Unidas Podemos na táboa non pode implicar certas garantías ou unha intención de operar un cambio real na xestión da cuestión catalana? A posición


da coalición Unidas Podemos non é clara, e tamén depende de moitas variables. A súa presencia na táboa de negociación non é garantía de absolutamente nada. Os líderes da formación de Pablo Iglesias, e o propio líder de Podemos, cambian a miúdo de discurso, o cal ten quedado ben en evidencia tras a súa entrada no Goberno de Madrid, o que non nos fai precisamente confiar neles. Imaxine que se trabucan e que o PSOE e Unidas Podemos si teñen vontade de avanzar, de operar xestos significativos. Non pensa que pode ser o inicio dunha nova etapa, alomenos no senso de reconducir a cuestión por canles políticas? Nese caso, non se esqueza de que estamos diante dunha auténtica cruzada do poder xudicial contra nós, pero tamén contra o Goberno de España. Os maxistrados do Estado español abrogáronse a sacro-santa unidade de España como misión propia, cun patente exceso de celo, que vai moito máis aló do respecto do marco xurídico e da correcta interpretación e aplicación das leis en vigor. E por que pensa vostede que os xuíces se teñen abrogado esta misión? Por que interpreta que existe esta cruzada? A que se debe? Se existise unha auténtica vontade de solucionar o conflito político, tan só habería que ver como se xestionaron situacións similares noutras partes do mundo, noutros momentos históricos, en Irlanda, en Escocia, ou mesmo en Italia. Ten que se decatar de que o verdadeiro culpable do auxe do independentismo en

Catalunya é o propio Estado central, artífice da explosión do sentimento secesionista. O Estado, a través dos seus diferentes poderes, non quere solucionar o conflito, non quere chegar a ningún tipo de arranxo, senón que pretende dobregar e humillar a aquel que considera o seu inimigo, que neste caso somos nós, os cataláns. E este estado de cousas o que nos leva a cuestionarnos se España precisa de conflito, de tensións, para seguir existindo como Estado. Se España considera indispensable a tensión con Catalunya e a actual deriva é froito dunha necesidade perentoria, de supervivencia do propio Estado español, é para reflexionar... perspectivas do soberanismo Durante os últimos meses temos asistido a un distanciamento entre os dous pilares do actual goberno da Generalitat, a saber, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e Junts per Cat (JxC). Que implicacións tería a ruptura da unidade de acción entre forzas soberanistas e a ampliación da fenda que separa a ámbalas dúas formacións? Catalunya non é como, por exemplo, Escocia, onde os nacionalistas forman todos parte do Scottish National Party (SNP). Neste senso, a división no nacionalismo catalán é tan profunda como foi sempre, nin máis nin menos. Nunca houbo unión, as relacións sempre foron complexas, intensas, con altos e baixos, sendo o máis habitual o non chegar a poñerse de acordo. JxC, ERC e as CUP representan tres visións diferentes, sen dúbida, o cal non ten impedido que o voto independentista medre de xeito espoñencial durante estes últimos anos.

en foco

entrevista


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

entrevista

en foco A que atribúe vostede este auxe do independentismo en Catalunya? E mérito de vostedes ou, ben ao contrario, estima que é máis ben froito da acción do propio Estado central, como algúns aseguran? É certo que o independentismo non deixa de medrar durante estes últimos anos. En 2010 apenas se había catro gatos no independentismo. E comprenderán que a nós ninguén nos pagou unha campaña, que non temos recursos suficientes como para sufragar os inxentes gastos en comunicación que se corresponderían cun crecemento tan espectacular, en tan pouco tempo. Polo tanto, é evidente que todo o mérito é da xestión do Estado español, das súas políticas, sendo a explosión independentista a reacción normal dun pobo que se sinte acurralado, perseguido e humillado por Madrid. Podería concretar máis estas afrontas que, segundo vostede, lles inflixe o Estado español e que se situarían na orixe da expansión do sentimento independentista en Catalunya? Podemos situar o inicio deste proceso en 2010, coincidindo coa sentenza adversa do Tribunal Constitucional sobre o Estatuto que fora aprobado polas Cortes Catalás, ratificado polo Parlamento español e votado ulteriormente en referendo. Un estatuto punteiro en materia de acollida de inmigrantes, en loita contra a pobreza, contra o cambio climático, vangardista a todas luces,

Catalunya non é como Escocia, onde os nacionalistas forman todos parte do Scottish National Party (SNP). Neste senso, a división no nacionalismo catalán é tan profunda como foi sempre. Nunca houbo unión, as relacións sempre foron complexas, intensas, con altos e baixos, sendo o máis habitual o non chegar a poñerse de acordo”. 44

tombado polo recurso do PP. Naquel preciso momento apenas se había catro deputados independentistas no Parlamento de Catalunya. A partir de aí foi evidente que España non quería que o noso país tirase cara adiante, que non se nos deixaba existir como pobo, e a xente terminou por colixir que a solución era irse de España. Amais, a modo de exemplo, hai que tomar en consideracióin que en corenta anos contabilízanse oitenta sentenzas adversas contra a lingua catalá polos tribunais españois. É ou non é unha persecución, sobre todo cando é evidente que non existen problema algún co castelán? Todo o que vén de Catalunya impúgnase! A partir de entón quedou claro que un pobo que non pode ser dentro de España ten que buscarse outras alternativas de futuro. No seu momento, xefe seu no Executivo catalán, agora compañeiro no exilio belga. Cal é o rol de Carles Puigdemont dentro de todo este proceso? Considera vostede que segue a ser o presidente lexítimo de Catalunya? Carles Puigdemont é actualmente eurodeputado, pero segue a ser recoñecido como o noso presidente lexítimo, o presidente 131 da Generalitat. Cando chegamos a Bélxica presentabámonos como “goberno no exilio”, pero esta situación cambiou cando, en xuño de 2018, se constituíu, tralas eleccións, un novo goberno da Generalitat. Non aceptabamos que fose Mariano Rajoy quen puxese fin ao noso mandato, pero no momento en que houbo novos comicios e se constituíu o executivo de Torra, deixamos de chamarnos “goberno”. Aínda así, ninguén lle discute a Puigdemont o seu liderado, nin tan sequera ERC. A súa marcha, pero nomeadamente a súa acción ulterior, non fixeron senón reforzar o seu carisma. Cando o presidente fala, transcende as siglas dos partidos, diríxese a todos, as súas verbas están imbuídas dun toque de institucionalidade. É un líder nato e, por suposto, o meu presidente, alguén que só pensa en tirar cara adiante e que ten na súa cabeza a nosa república, pero non para levantar muros, senón unha república inserida no século XXI fidel á nosa tradición democrática, que vén de longo.


TULIPA EDITORA

alvarellos editora

O prezo do inverno de Elías Knörr, Poemario no que se dilúen as fronteiras e crea un espazo de ninguén onde as vangardas, o medieval e o metaliterario se mesturan cunha erótica inesperada.

Terceira edición —agora actualizada e ampliada—, desta obra divulgativa publicada por vez primeira en 2016 e que foi recoñecida en 2017 co Premio Ciencia en Acción ao "Mellor material didáctico de ciencia". Unha historia do tamaño do Universo, para todos os públicos.

O prezo do inverno Elía Knörr

¿A que altura está o ceo? Jorge Mira

EDICIÓNS EMbora

baía EDICIÓNs

Este libro preséntanos vida e obra dun músico que crea beleza con total naturalidade e axúdanos a comprender como Magín converte en marabillas poéticas a materia prima que o rodea. Contén CD.

Retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación dos medios, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor se xuntan nun cóctel destrutor.

Magín Blanco. O camiño da luz Carlos Rego

O mal querer Natalia Carou Figueira

aira editorial

EDITORIAL Hugin e Munin

Libro ilustrado para crianzas, promovido pola asociación Esculca, que axuda a familias e docentes a explicar en que consisten os dereitos humanos fundamentais e a súa importancia.

Na década de 1940, as ratas mortas inzan as rúas de Orán, esténdese a peste. A obra mestra de Camus convida a reflexionar sobre a forma na que o ser humano, imbuído nunha atmosfera abafante, arrostra e supera o mal. Traducida do francés por Xavier Senín e Isabel Soto.

Teño dereitos Miguel Robledo

A Peste Albert Camus

IRMÁS CARTONÉ

edicións laiovento

Na súa novela máis persoal, Jack London relata o inesperado ascenso social de Martin Eden, un mariñeiro empeñado en ser escritor. Un clásico de cabeceira para moitos dos grandes escritores do s. XX.

Este libro, ensina «o que é debido ensinar» nunha clase de Economía, mais non dun xeito habitual. A fórmula utilizada é a dun diálogo socrático entre unha economista, un físico e un estudante de bacharelato, entre uns mestres e un discípulo.

Martin Eden Jack London Tradución de Celia Recarey Rendo

Economía para un futuro sustentable Vicent Cucarella Tormo

en foco

Coa colaboración de:


nยบ 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

ยกguau, guau!

en foco

Pepe Carreiro

46


¡guau, guau!

en foco

Pepe Carreiro

Tokio

Lola

Xaquín Marín

47


nยบ 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

48


todo é peixe

todo é peixe

Doutrina do shock Fotografía Moncho Fuentes | Texto Camilo Franco

I

sto que todo o mundo chama pistola podería chamarse marxinación, paro, desafiuzamento, corte de subministración eléctrica, fame. Podería chamarse despedimento, rebaixa salarial, alugueiros imposibles, hipotecas impagables, censura. Podería ter por nome insulto, desprezo, ignorancia. Podería chamarse asociación de abogados cristianos e podería ser unha hijoputez fascista. Isto que todo o mundo chama pistola ten por nome violencia, porque a violencia é o traballo das pistolas e por máis que teñamos manías clasificatorias, a verdade é que todas as violencias son a mesma violencia. A do poderoso contra o feble. A pistola, como toda ferramenta, cumpre un cometido. Como as multas de tráfico, como os avisos de facenda, como as ameazas de despido, como as sombras dos homes nas noites, como os números vermellos fronte á caixa dun supermercado. A pistola é unha ameaza precisa nun mundo impreciso. A pistola é o único nítido nun mundo que se perde entre a néboa. A pistola non pode chamarse angustia, porque angustia é o que provoca, agás para quen a manexa. E quen manexa a pistola? Este é o mundo contemporáneo. As ameazas son reais e o resto das circunstancias son difusas. A pistola pode chamarse crise económica ou coronavirus que se converterá en crise económica porque a pesar do amor, da ambición, da solidariedade, da cobiza, da xenerosidade, a pesar da crueldade e da tenrura, o único que seguimos tendo desde que pensamos que deixaramos de ser monos é medo. 49


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

crónica

OUTRO ANO PAS(E)ANDO POLO ARCO Texto Miguel Vázquez Freire

O cronista achégase a ARCO 2020 coa actitude do paseante, entre medias do flâneur baudelairiano que arrastra o seu tedio antes mesmo de enfrontar a sucesión de stands ateigados de obxectos, e o émulo de Benjamin, disposto a atopar sinais do presente e enxergos dun futuro que outrora pensabamos só os artistas podían proporcionar. O que segue é a crónica, coma sempre apertada e sen dúbida tan persoal como parcial, dun día pas(e)ando polo ARCO. 50


todo é peixe

Obra de José Pedro Croft da galería Helga de Alvear

51

todo é peixe

S

e non está Santiago Sierra, non hai escándalo. Esa é a primeira, e banal, impresión que asalta ao paseante. Onde hai dous anos, na galería de Helga de Alvear, xusto nada máis cruzar o limiar da entrada, penduraran ata ser retiradas as fotos dos “presos políticos” cataláns do provocador artista, vexo dúas aparentemente pulcras e frías fotografías de Candida Hofer, cuxa carga crítica, contrastando a arquitectura da Vila Savoya de Le Corbusier coa fachada do edificio do Exército de Salvación terialidade das formas de representación dos retratos en París, no seu matizado carácter alusivo dificilmente reais e os seus potenciais simbólicos. Cando e como vai acender a paixón do escándalo. unha foto se troca en signo do poder da monarquía? Con todo, na prensa lera que durante a inauguCando ese signo se constitúe en imaxe de estado? De ral visita real procurouse que o monarca non pasase que modo o artista, e da súa man os observadores da diante da obra titulada Franco no fue tan malo como dicen, obra de arte, dispón (e dispoñemos) da capacidade na galería de Helsinki Forsblom, a dous pasos de Helde desarticular esa conexión e a través dela xerar un ga de Alvear. Obra de Riiko Sakkinen, un artista finés discurso propio sobre a autonomía da creación artístiafincado en España (o pasado ano vendera un retrato ca, sobre a súa necesaria independencia respecto das do Rei concibido segundo un formato semellante), na esixencias do poder? miña opinión non ofrece senón un vacuo exercicio de Nesa mesma liña, e tamén na mesma galería, Iván torpe ironía falta de tensión estética, non moi distante Candeo propuña una revisión irónica das nocións de da acción dun outsider que, esquivando o control dos nación e mundo. La Nación é unha obra composta de vixiantes da feira, foi pegando uns panfletos contra nove pequenas fotos cuxa potencia expresiva e signifio rei emérito, imitando o mesmo formato do finés e, cante proxéctase nos títulos: “La Nación y el speed”, “... y torpeza sobre torpeza, mesmo imitando o título da el Prozac”, “... y el Crystal Meth”, “... y el Frenadol” ... Do súa obra: Juan Carlos no fue tan campechano. mesmo xeito que as fotos escapan á tentación da simPor que, se eu mesmo confeso a banalidade do ple redundancia do enunciado verbal, así o observador fenómeno, me deteño nel? Porque se cadra, nestes se ve impelido a unha reflexión aberta sobre a analoxía tempos de desdefinición das fronteiras entre o que merece ser denominado “obra de arte” e aquilo ao que se nega esa calidade, o banal ben pode pasar a adquirir certa Onde hai dous anos, na galería de Helga de carga diagnóstica. Se tanto a crítica como o mercado en xeral conceden un limitado Alvear, xusto nada máis cruzar o limiar da valor á obra do artista finés, e ningún ao entrada, penduraran ata ser retiradas as fotos do outsider, puiden en cambio constatar durante o meu paseo que si atraía a condos “presos políticos” cataláns do provocador correncia do público. Santiago Sierra, vexo dúas aparentemente Pola contra, pasaba aparentemente desapercibida outra obra, Rey del sueño, do pulcras e frías fotografías de Candida Hofer. artista Pedro G. Romero, na galería andaluza Alarcón Criado, cunha carga crítica e un acerto estético ben máis poderosos. A sutileza da intervención sobre unha foto do rei emérito obriga ao espectador a revisar a relación dialéctica entre a ma-


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

crónica Arco 2020

todo é peixe

entre os individuos drogodependentes e o sometemento dos cidadáns á soberanía nacional. Ao carón, un vídeo reproduce a figura dun globo terráqueo, que inclúe o mapa político dos continentes, xirando incesantemente nun descenso acelerado por unha rampla. Unha metáfora para atrapar a difícil relación contemporánea entre Nación-estado e globalización. da crítica da arte á arte crítica A pregunta é: que lle pedimos hoxe á arte? Que reclamamos dos artistas? E, se cadra máis determinante aínda, que están a facer os artistas coa súa autonomía apenas hai cen anos conquistada? E que lles permite facer o mercado, que hoxe ocupa o lugar que outrora ocuparon a aristocracia, o clero e a burguesía? Preguntas que conducen a esta última: é real a autonomía do artista? Son preguntas que se fan especialmente pertinentes cando comprobamos a elección adoptada pola nova directora de ARCO, Maribel López, substituíndo o país convidado por un concepto construído a partir do título (It’s Just a Matter of Time, É só cuestión de tempo) dunha obra do artista de orixe cubano e afincado nos Estados Unidos Félix Gonzalez-Torres, a quen por certo dedicou hai anos o CGAC a primeira exposición monográfica en España. A aposta a priori era moi valente e arriscada. Unha feira, obrigada polo seu propio carácter fundacional a ser un escaparate para o mercado da arte, encomendándose a un artista conceptual cuxa obra se caracterizou por poñer a proba os límites dese mercado. Desde o momento en que a crítica ten dimitido, dun modo ou outro, do seu labor, é o propio artista quen actúa como crítico desde a arte. Mais onde atopar esa pegada do artista crítico, ao modo que o foi González-Torres? Confeso que eu non a dei atopado na sección especificamente organizada baixo a advocación do enunciado It’s Just a Matter of Times, para alén da obvia mais evocadora presenza de Pepe Espaliú en García Galería coa súa lembrada intervención arredor da SIDA (lembremos que cando Gonzalez-Torres lanzou o seu lema, tamén el estaba xa ferido pola mordedela fatal da doenza que acabaría coa súa vida). Mais en todo caso, o mercado xa ten demostrado abondo que a súa capacidade fagocitadora é ilimitada. Que problema ten o mercado en facer caixa coas obras que critican ao mercado?

Hai, desde logo, outros vieiros críticos que tamén entroncan coa figura do artista cubano, como as obras que revisan a persistencia dos roles sexistas ou a redefinición das identidades sexuais, entre as cales este cronista se atreve a destacar as potentes alegorías da artista turca, afincada en Viena, Nilbar Güres (galería Martin Janda), sobre a situación das mulleres nos países árabes; ou o delicado diálogo entre os espazos videografados por Naufus Ramírez-Figueroa, espidos e deshabitados non sendo pola presenza apacible dun ambiguo buda, e os delicados teares de Hellen Ascoli, os dous artistas procedentes de Guatemala, nun dobre discurso que sen alzar a voz tamén fala da complexidade dos ámbitos de construción, e deconstrución, das identidades de xénero. Outro vieiro sería o que apunta á crise ecolóxica e o cambio climático, coa soberbia intervención do colombiano Miler Lagos no stand do xornal ABC, reciclando o papel do periódico impreso como obra de arte que lle devolve a súa forma orixinaria vexetal nunha insólita metamorfose inversa. Ou o enigmático chat impreso sobre figuras de animais mortos do

Obra de Miler Lagos

52


todo é peixe

da arte crítica á arte especular Mais ao paseante asáltalle a impresión de que a arte, a xulgar polo que ve en ARCO, fala sobre todo... da arte. Hai grupos que se amorean diante dun gran cadro, Vanitas vanitatis de Gino Rubert, na Galería catalá Senda, e moitos fotográfanse diante del, emulando ao título. Seica este pintor realista, que usa unha técnica detallista convencional próxima aos deseños publicitarios, incluíndo o recurso ao collage fotográfico para reforzar a identificación das figuras retratadas, ten un gran éxito en Cataluña con estes retratos de grupo diante dos cales a xente se comprace en recoñecer a personaxes máis ou menos célebres do panorama cultural catalán. Algo semellante ao que vén facendo o reputado David Hockney cos seus amigos en Los Angeles, como se podía ver non moi lonxe, na galería Lelong & Co. A min suscítame máis interese reencontrame co peruano Fernando Bryce, a quen descubrín o pasado ano, e que esta vez presentaba na galería 80M2 Livia Benavides unha das súas persoais montaxes con páxinas de xornais debuxadas a man recreando a nova da morte de Salvador Dalí en La Vanguardia, introducindo un certeiro distanciamento irónico ao incluír como por acaso un cartel do filme Dangerous Liaisons, a carón dunha foto de Dalí e Gala con Franco e familia, perigosas (ou non) relacións que o pintor surrealista amante dos dólares gustou de frecuentar. Podería multiplicar os exemplos de arte revisitado, recreado, manipulado, citado, copiado mesmo, espello máis ou menos fiel ou deformado da arte

Obra de Félix González Torres (MOMA)

todo é peixe

artista residente no Cairo Hassan Khan, quen en paralelo mantén unha espectacular exposición, baixo o título Las llaves del reino, no Pazo de Cristal do Retiro, onde xoga con ironía sobre o poder dos símbolos, mesturando referencias nacionais (bandeiras) con outras tomadas da iconografía dos produtos de masas. Tamén a obra de Mario Merz, presente en ARCO na galería Giorgio Persano, prolóngase no Retiro, neste caso no Pazo de Velázquez, nunha excelente antolóxica sobre este artista italiano, compoñente esencial da arte povera, que ao longo da súa traxectoria mantivo sempre unha atención esencial sobre a conexión entre o ser humano e a natureza.

Unha feira, obrigada polo seu propio carácter fundacional a ser un escaparate para o mercado da arte, encomendándose a un artista conceptual —o cubano afincado nos EE.UU. Félix González Torres— cuxa obra se caracterizou por poñer a proba os límites dese mercado. precedente. A arte hai tempo que entrou nunha deriva ensimismada que, cando abandona a dimensión crítica, doadamente se torna en compracente. Aínda que cando a crítica adopta a mensaxe explícita, ao modo do colorista pop de Juan Ugalde con El rey está desnudo (galería Moisés Pérez de Albéniz), paréceme que en boa medida anula o seu potencial crítico. Moi diferente é a operación á que Cruz Novillo somete o Descendemento de Roger van der Weyden no stand de El Mundo: dividíndoo en cada un dos 53


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

todo é peixe

crónica Arco 2020

seus personaxes, produce electronicamente todas as combinacións posibles ao redistribuílos polo espazo do cadro. É o que chama un “diafragma pentafónico”, análogo ao “diafragma dodecafónico” que se exhibía no mesmo stand e que cualifica, supoño que con toda xustiza, como a obra máis longa (en canto á duración temporal) do mundo. Neste caso consiste na asociación en paralelo de cores con doce tons sonoros producindo todas as combinacións posibles, tanto de cores como sons, o que suma en total 8.916.100.448 e implica que a obra, inaugurada hai 10 anos tamén en ARCO, será clausurada dentro de 3,4 millóns de anos. Aseguran que aos asistentes ao acto de clausura se lles servirá un cóctel. Redución ao absurdo da pretensión de eternidade de toda arte, a continxencia máis radical como única eternidade posible (pode seguirse a emisión permanente desta obra entrando neste enlace: http://cruznovilloopus14.com/). galicia en arco O paseante non pode pechar a súa crónica sen dicir algo sobre a presenza galega, que parece aínda máis reducida que a xa escasa do ano pasado. Só dúas galerías, que non presentaban artistas galegos, tiveron stand en ARCO: a santiaguesa Nordés e a viguesa PM8. E poucos artistas galegos son os representados noutras galerías. Leiro, coma sempre na Malborough (que coa súa selección de artistas fai alarde do éxito comercial, aínda!, do realismo), un fermoso Murado na galería Álvaro Alcázar e un singular Ánxela de la Cruz en Thomas Shulte. Hai dous espazos destinados

O texto co que Lamazares abre o seu proporcióname unha inesperada metáfora: o artista como labrego. E como hoxe os labregos andan revoltos protestando contra o abandono do rural, a metáfora adquire un especial valor como símbolo da fraxilidade da arte e do artista. especificamente a Antón Lamazares e Berta Cáccamo mais, ai!, cando me achego comprobo que son dous currunchos nos que as obras apenas poden respirar. Alédome con todo ao descubrir, xa pechado ARCO, que unha obra da Cáccamo é destacada entre as preferidas por un dos críticos de La Vanguardia. E o texto co que Lamazares abre o seu espazo (“Traballo con materiais humildes porque penso que así estou máis preto da vida. Coido que con estes aliados podo darlle saída ao labrador que levo no sangue”) proporcióname unha inesperada metáfora: o artista como labrego. E como hoxe os labregos andan revoltos protestando contra o abandono do rural, a metáfora adquire un especial valor como símbolo da fraxilidade, de hoxe e de sempre, da arte e do artista.

Proxecto de Gabriel Borba Filho na galería PM8

54


todo é peixe

boi de canto

Por Alberte Santos Ledo

O

andazo de precariedades que está a pór diante de todos nós o coronavirus abre moitas fendas sobre a proxección do actual modelo político e económico. A globalización é unha das trabes que sosteñen o mundo. O planeta é cada vez máis horizontal. Aos cartos e á información incomódanlles as fronteiras. Os aranceis. Unha porcentaxe alta da medra económica mundial da última década foi impulsada pola tracción da globalización. Ás veces laiámonos da deshumanización que un mundo tan ancho e tan veloz impón nas relacións económicas e sociais. Pero os avances da sociedade actual foron mantidos até agora polo pulo dinamizador que abre os intercambios e os movementos dos negocios e das persoas. O coronavirus é fillo da globalización. O xermolo agromou en China — nun lugar concreto e nun momento preciso—, pero quen espallou a súa semente foi a circulación masiva que para alimentar o crecemento da economía e da percepción de benestar provoca a globalización. Ao longo das tres derradeiras décadas, o tráfico de xente, de información e de consumo e produción de mercadorías teñen sido os maquinistas do tren do cosmopolitismo mundial. O movemento, cada vez máis masivo e intensivo, dos tres pilares da globalización ten servido para facer do mundo un escenario máis estreito e abarcábel. A promesa da globalización é por ao alcance de máis xente bens e proveitos que antes só os desfrutaban os que máis tiñan. Quen pode negar que a chegada das compañías low-cost teñen axudado á xente a ollar e vivir máis mundo? Quen pode cuestionar que a deslocalización da produción ten contribuído a abaratar os prezos de moitas mercadorías? Ou quen pode negar que a aprendizaxe dunha única lingua e os progresos das tecnoloxías da

información fan que a xente poida achegarse a uns coñecementos e informacións máis diversos e amplos? Ninguén pode negar que todo isto ten suposto un avance. Sen embargo, cando sentimos globalmente —no mundo enteiro— as consecuencias da maior pandemia mundial do último século e non atopamos xeito de pórlle freo, decatámonos de que os avances precisan que alguén e algo os axude a guiar. A globalización —o movemento masivo de xente, información e mercadorías— precisa goberno. Todo non pode quedar á intemperie da xeración de riqueza, porque os danos colaterais —o espallamento da enfermidade e a incapacidade para facerlle fronte globalmente— ameazan con derrubar o mundo. Con esnaquizar as grandes construcións que a sociedade occidental máis democrática desenvolveu nos últimos 150 anos. A ausencia de políticas globais —mesmo financeiras, orzamentarias e culturais—, fronte ao que supón a globalización, fai de todos nós seres máis vulnerábeis e miúdos. Somos, diante do coronavirus, as campañas de fake news ou a contaminación social do turismo monicreques en mans da intemperie do desgoberno. Alguén, sen deturpar os principios cos que unha sociedade democrática se ten que consolidar, ha de poñerlle goberno. As consecuencias son evidentes: sen unha acción globalizada, ao coronavirus non hai quen lle poña freo; as campañas de fake news, abrigadas nas grandes plataformas tecnolóxicas da globalización, substitúen ou enchen de merda o espazo de debate público; a chegada masiva de xente aos lugares expulsa aos veciños aos arrabaldes... Creo que todos os estamos estragando. O mundo precisa unha tregua. 55

todo é peixe

A globalización precisa goberno


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

corpos e almas Por Rexina Vega

todo é peixe

corpos UBUNTU

Estes días andamos de cacho para cribo, vendo con incredulidade en que se está a converter o noso presente. Como se estivésemos conxelados xusto neses segundos que preceden ao impacto. Nesta suspensión temporal procedemos a anticipar os danos, a debuxar a imaxe posible da desgraza, todo o que perderemos. Aquí estamos, pechados como un hámster na súa gaiola, ese rato que acode en intervalos a mover compulsivamente a roda que non vai para ningures. Limpar a casa a conciencia, desbrozar o xardín, limpalo das cicatrices das sucesivas galernas deste inverno, cociñar como se non houbese un mañá, chulas, filloas, arroz con leite…, entrar a cada pouco na rede a informarse da cada vez máis sombriza ameaza. E ler e enviar memes e saír ao balcón a aplaudir ata que che doan as mans. O profesorado preparando materiais, o estudantado intentado seguir o ritmo do que chega á súa caixa de correo. Nestes días estamos todos cunha estraña sensación de frenesí, parados, pero axitados, aínda coa urxencia diaria nos nosos biorritmos. Con todo, chegará o momento de parar, chegará o momento no que os días se sucedan como unha sesión continua de acenos repetidos, virémonos abaixo, si. Porque ante a ameaza do coronavirus, ante este mundo que se desfai seguindo unha secuencia de mala serie b, de inverosímil xiro de guión, non nos están pedindo que fagamos nada, non podemos facer nada. Leve a vida normal e permaneza na casa, sexa solidario e encláustrese. Hai moito de oximoro, de paradoxo nas instrucións que estamos acatando nestes primeiros días de cuarentena. almas EU SON PORQUE NÓS SOMOS

Mentres nos axitamos como pitos sen cabeza, sacódenos algunha punzada, pensamos nos nosos maiores, sós e illados nas súas casas, pensamos nas mulleres atrapadas no cubículo en sesión continua de maltrato, pensamos nos que teñen casas nas que vai frío, nas 56

que non chega comida abonda, pensamos nos que nin sequera teñen casa. Non vemos aínda vítimas directas, aínda non coñecemos ninguén caído nesta batalla contra o virus, pero o que si percibimos xa ao noso redor é a enormidade de vítimas indirectas que está cobrando a pandemia. Cantas amigas quedaron sen traballo apenas en tres días? Cantos están xa sufrindo por algo que non é o virus, senón o sistema? Moitas voces comezan a pedir que contemplemos este virus dun xeito diferente, como unha oportunidade, como unha maneira brusca de tomar conciencia. Fronte a un capitalismo baseado na acumulación, o virus, que Zizeck compara provocativamente con Kill Bill, podería supor o golpe que faga, desta vez si, preciso un novo modelo de sociedade, unha que, deixando atrás o modelo estado-nación, funcione con criterios de solidariedade e cooperación global. Porque se algo está ensinando o coronavirus é que somos un só mundo. Como ben lembra o proverbio sudafricano “Ubuntu/Eu son porque nós somos”.


todo é peixe

Por Damián Villalaín

Sentinme estes días un pouco perseguido polo coronavirus. No Entroido decidín viaxar a Logroño, destino vacacional que nunca figurou —e que así siga— entre os lugares favoritos do turisteo de masas. É unha cidade encantadora e habitada por xente moi amable. Perto dela están outros lugares, como Santo Domingo da Calzada, Haro ou a fermosísima vila alavesa de Laguardia, que tamén visitei. En Haro quixen ir comer a Terete, mítico restaurante no que esperaba meterlle ao corpo un bo asado de año co seu correspondente rioxa tinto. Como estaba pechado, optamos por írmonos ao Rincón del Noble, outro prometedor comedeiro situado xustamente na zona da cidade na que, conforme se sabería máis tarde, se concentrou un dos primeiros grandes focos de coronavirus da comunidade autónoma da Rioja. Os membros dunha congregación evanxelista asistiran a un funeral en Vitoria e varios deles regresaron da capital vasca infectados. Cando souben deste asunto, tomei as medidas de autovixiancia recomendadas polas autoridades sanitarias e pouco máis. Xa de regreso en Vigo, asistín á presentación dun libro con cuxo autor ceei despois. Aos poucos días este amigo, moi afectado, comunicoume que estaba contaxiado e que o meu nome figuraba na lista, solicitada pola administración médica, de persoas coas que mantivera contacto estreito nos días previos. Esa mesma mañá chamoume por teléfono unha doutora de medicina preventiva que, tras saber do meu traballo nun centro educativo e consultar co servizo de Epidemioloxía, prescribiume catorce días de illamento domiciliario. almas O MEDO

Como nese momento aínda non se produciran as concentracións masivas nos supermercados que se verían só dous días despois, fun facer a compra, embozado, cauteloso, distante. De camiño, parei nun estanco, merquei un par de cartóns de tabaco e xusto antes

todo é peixe

corpos O VIRUS

de deixar o local volvín atrás e pedinlle á encargada que me sacase unha primitiva e unha bonoloto, desas que cubre de forma aleatoria a máquina. Se estaba sendo víctima do azar, para mal, no tocante ao coronavirus, tamén podería selo para ben, pois non lle atribúo vontades de premio ou castigo á casualidade aínda que si, como se ve, certa tendencia ao sinalamento dos seus fortuítos elixidos. Este intento de enriquecemento súpeto, baseado nun refugallo de pensamento máxico que sempre me acompañará, non obtivo os resultados agardados. Xa illado, cociño, limpo, falo por teléfono, fedello moito no wasap, vexo noticieiros e Years and years, escoito algo de música e leo Diario del año de la peste, de Daniel Defoe, unha crónica en primeira persoa sobre un dos episodios de peste bubónica que arrasou durante o século XVII a superpoboada, pobre, desasistida e nada igualitaria cidade de Londres. Os estados, a ciencia e a tecnoloxía cambiaron moito desde aquela. Pero persisten semellanzas nas condutas individuais e sociais que, en situacións como aquela e como a que padecemos hoxe, resultan inquedantes. O medo a un inimigo ubícuo e descoñecido, talvez mortal, tanto ten que sexa real ou imaxinario, segue a ser un dos grandes señores do mundo e de nós. 57


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

natureza insólita Texto e fotos Roxelio Pérez Moreira

todo é peixe

xurés-gerês A natureza establece as súas propias fronteiras, ignorando lindes de artificio. E ao igual que é difícil poñerlle portas ao campo, un indistinto mundo natural transfronteirizo vincula ao Xurés co Gerês. Non obstante, a divisoria territorial estableceu os seus marcos seguindo as trazas dunha suposta medianeira natural, deliñada polo prolongado cordal montañoso que se vai arqueando, sendo entón a parte portuguesa medio envolvente da galega. Xa de lonxe óllanse estes confíns fronteirizos, anunciados polos seus espigados picos recortados en dentes de serra. As máis soberbias cimeiras amosan os expresivos nomes de Fonfría, A Nevosa, Os Pitóns, A Peneda ou Altar dos Cabrós, dando idea da súa altura, agudeza e escabroso relevo. Unhas cortadas producidas por fracturas xeolóxicas orixinaron declives na orografía que facilitan o paso dunha parte

58


todo é peixe

todo é peixe

á outra polas chamadas “Portelas”, así como outras incisivas fendas determinaron as trazas fluviais ou a emerxencia de augas termais. Ao ser tantos e tan plurais os valores existentes en ámbolos dous lados, postos a escoller, sinalamos só aqueles que máis chaman a nosa subxectiva apreciación, nos ámbitos xeolóxico, biolóxico e histórico. Así, a primeira vista o xeolóxico é o que se impón, polo soberano imperio dos rochedos graníticos. Ademais, estas elevadas cimeiras antano cubríronse dos xeos glaciares, que contribuíron a esparexer o pedral polas vertentes e polos vales glaciarios do Homen e do Vilameá. E os ríos, sorridentes e brincadeiros, deron lugar a espectaculares fervenzas como a da Corga da Fecha. Achegámonos ao biolóxico principalmente a través do primordial bosque e tamén parque forestal da Mata da Albergaria. Finalmente, o histórico deixou as súas mellores testemuñas nos monumentos megalíticos, como a mámoa da Casa da Moura ou as de Muíños, ou nos miliarios romanos ou no campamento de Aquis Querqunnis, ou no primitivo templo visigótico de Santa Comba de Bande. A Vía Nova romana, trazada pola Portela do Homen, xa tamén representaba unha unión transfronteiriza e humana entre o Xurés e o Gerês. 59


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

Vidas WasSSSSSSSSSSSSSsap Texto Vanessa Glemsel e Nuria Vil Dúas Gamberras e un Micro

todo é peixe

“Aprendiz de todo, mestre de nada”

Carlos Lixó Con certeza, moitas cousas pasaron na vida de Carlos Lixó desde que no 2017 gañara o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, ata que no 2018 puidemos velo por vez primeira na súa faceta de youtuber canda Olaxonmario... mais nós que sempre andamos nas verzas non lle preguntamos por ningunha! Tomamos chicolate quente co autor de As casas que confesou (tal e como pensabamos) ser un cu inquedo pegado a unha mente curiosísima :) Non tedes máis ca googlear “Carlos Lixó” e picar en todo o que vos saia!

60

Gamberras Logo, o que non che guste borrámolo, aquí é todo falso e claramente manipulado por nós. Carlos Lixó Marabilla! hahah Gamberras Pensamos que eras filólogo, pola poesía e por subires cousas ao Instagram sobre a lingua. Para nós tiña máis sentido unha tese de lingüística que de historia. Sempre tiveches interese pola lingua? Carlos Lixó Sempre gustei das dúas cousas e até ao fin dubidei que estudar, entón era moi catastrofista e pensei que se comezaba a estudar galego, talvez cando fose hora de dar clase xa tería desaparecido e non traballaría. Ao fin escollín historia e veume ben, teño unha memoria pésima e así adéstroa, ambas cousas me acompañan sempre: o que leo e escribo sempre me leva ao pasado e cando investigo como historiador, non quito ollo da lingüística. Gamberras Agora dás clase, cres que a rapazada fala galego e está conectada coa vida no idioma? Parece unha entrevista de normalización XD, nós crecemos coa diglosia e cremos que hai desconexión en moitos lugares entre a lingua, o ensino e a vida real. Carlos Lixó: Mmm… Estou nun insti urbano e o alumnado fala español, en xeral non son hostís co galego, úsano nas aulas sen problema e creo que podería haber demanda se houbese máis oferta! Tamén dou aulas na FP básica e aí é diferente, é un alumnado de es-


todo é peixe

Gamberras Hai un Carlos Lixó músico e poeta: relaciónanse estas dúas facetas dalgún xeito na túa vida? Carlos Lixó Uf, esta é boa! Supoño que responden a un fondo común, unha sensibilidade que fai que me interesen cousas variadas relacionadas coa arte e a cultura, aprendiz de todo mestre de nada. Mais o proceso de estar cos Tecor Societário compoñendo punk é moi diferente ao meu proceso de escrita (perdón por tardar, petei un pouco hahaha) Gamberras Os domingos son durísimos… Carlos Lixó I tant... Gamberras Como chegaches a Tecor? Carlos Lixó Entrei ao comezo, fun fichaxe, os promotores foron Xabi Arenga e Iago Verde. Xabi é historiador e coñeceu na facultade ao meu amigo Bruno Esperante, que foi baixista... E de cabeza! Hai algo de casualidade en que buscaran mandolinista e que aparecese eu, con ampla experiencia no coro da Guía de Carreira. Gamberras A mandolina recórdanos aos trobadores... un deses instrumentos que parece que non existen, como a zanfona. Como a escolliches?

Carlos Lixó Siii, a min tamén me pasa!! Hai instrumentos con máis proxeción ca outros, a mandolina aínda se ve nas tunas e rondallas, a zanfona coitada... Empecei coa bandurria, logo ir diso á mandolina é mudar dous detalles... namoroume. Miña nai di que antes de mercar a bandurria tocaba a xota na barriga, tocando unha bandurriña imaxinaria, hahaha. Bua! Lembro que antes de pórme coa bandurria estiven coa guitarra, non me gustaba nada, pero non me atrevía a pasar á bandurria porque, tachán, só a tocaban ​as nenas! Gamberras Mecá! Onde menos se pensa, ZAS, estereotipo. HAHA. En cambio custa imaxinar unha muller tocando… Carlos Lixó No meu coro non, tocaban a bandurria as rapazas maiores e populares do insti. Gamberras De cheerleader a bandurria. Como se vive nun mundo monopolizado por mulleres? Carlos Lixó Eu son moi feliz en todos os espazos feminizados, o coro, o grupo de baile, todo! Sempre sufría o estigma de afeminado, xa me vén de serie, mais agora decátome de que as persoas que dirixían tiñan certo favoritismo cos homes... Pareciámoslles os que mellor bailaban, cantaban e de todo.

coñézoo, agora vexóo como unha trampa: nunca era unha máis, sempre era "o neno", aínda que fose para ben. Gamberras Isto soou moito a comezo de novela. ​O neno da mandolina​. A adaptación que cha faga Netflix… Carlos Lixó Haha, pois! Gustaríame escribir unha, algún día, quen sabe! Gamberras Danos un verso, porfis… Carlos Lixó Prestados do ​Libro das devoracións de Pilar Pallarés, encaixan ben coas explicacións trapalleiras que din: "inhábil para a vida / transcrebo o que me excede" Gamberras Algo máis? Carlos Lixó Aproveito, convídovos á defensa da tese, 17 de abril ás 11.30 na facultade de historia, por se alguén que le Tempos Novos ten interese nos castelos e na Alta Idade Media galega. Gamberras Grazas por abrirnos o teu whatsapp, moita merda na defensa! Carlos Lixó Grazas a vós, queridas! Por lembrarvos de min e pola conversa agradábel!

Gamberras Sentes algunha responsabilidade? Carlos Lixó A medias. Entón vivíao con certa fachenda, re61

todo é peixe

trato máis humilde e hai bastante galegofalante pero con actitude diglósica. Para que logo digan que o galego xa non é cuestión de clase...


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

todo é peixe

enREDadxs

Por Óscar Reboiras e Xosé Villanueva

E de súpeto, o mundo parou. O coronavirus fixo que a economía e toda a sociedade se detivesen en seco. Que as eleccións galegas se pospuxesen. Que todos nos volvésemos tolos por mercar papel hixiénico ou que nos pelexásemos por sacar o lixo á rúa e poder saír un minuto do confinamento. Mentres os políticos pelexan por ver quen o fai mellor e quen o fai peor, a xente aplaude desde as fiestras o labor que realiza o persoal médico/sanitario nos hospitais. Ou apupa ao Rei emérito que esconde millóns no estranxeiro. Atentos: é preciso tirar leccións deste tempo vírico.


todo é peixe

todo é peixe

63


nยบ 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

64


argumenta ciencia e pensamento

Coordinación: Miguel Vázquez Freire

argumenta

Dúas olladas ben diferentes sobre a cultura literaria: unha maneira de entendela que morre co pasamento de George Steiner, mentres outra nace bulindo nas redes.

A poética das redes Texto Mario Regueira

65


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

ciencia e pensamento

argumenta

É

evidente que nos últimos anos a rede mudou a nosa sociedade. Non só pola simple chegada de internet, a súa popularización crecente ou o seu salto á ubicuidade dos nosos móbiles, tamén pola fortuna que certas tendencias desta desenvolveron. A aparición de plataformas como Facebook, Twitter, Youtube, Snapchat, Instagram ou Tiktok conseguiu que as persoas usuarias puidesen dar un salto que só dez anos atrás parecía imposíbel: de simples consumidoras pasivas de contidos a creadoras e emisoras cun público potencial de miles de espectadores. Pero afectou todo isto á literatura ou segue a ser a cidade das letras un espazo onde as vellas regras seguen impávidas ante a mudanza social? A pesar do idealismo de quen poida pensar isto último, a literatura é un produto da sociedade, e un dos máis sensíbeis aos seus cambios, aínda que estes non se deixen notar sempre de maneira inmediata. O poeta de orixe peruana Martín Rodríguez-Gaona publicaba o ano pasado La lira de las masas, unha análise do papel das redes na nova poesía en lingua castelá. Parte dun fenómeno que se dá sobre todo no contexto hispánico: a aparición de novos creadores vinculados ás redes sociais, capaces de dar un salto editorial que a miúdo bate records de ventas nun xénero que, como a poesía, sempre se gabou de ser de minorías. O autor non dubida en cualificar estes produtos de “poesía pop tardo-adolescente”, unha aposta literaria baseada na emotividade, no inmediato e na capacidade de conectar cun grande número de seguidores nas redes. Cifra, esta última, cada vez máis relevante para as editoras, que comezan a barallala como un dos factores de acceso ao libro impreso, un elemento clave da canonización autorial, máis aínda entre creadoras novas. Aínda que esa xeración non resume toda a realidade poética en lingua española: habería outra contemporánea tan preocupada pola tradición e a perdurabilidade como pola nova concorrencia destes competidores apoiados nas redes, que irrompen nun espazo vedado e elitista, moitas veces procurados por grandes editoras. A perspectiva de Rodríguez-Gaona é menos polémica do que parece, aínda que en escenarios minoritarios calquera movemento deste tipo chega a ter amplas repercusións e serve para acuñar longos e so66

O poeta peruano Rodríguez-Gaona non dubida en cualificar estes produtos de “poesía pop tardo-adolescente”, unha aposta literaria baseada na emotividade, no inmediato e na capacidade de conectar cun grande número de seguidores nas redes. bredimensionados debates. Tamén é certo que unha parte das creadoras precisan apelar a estruturas pseudo-naturalizadas, acreditar que a súa popularidade é algo que simplemente “acontece”, mesmo dándolle un sentido que coincide falazmente co “democrático”. Isto é algo que implica case sempre ignorar a dimensión social e económica que sustenta o fenómeno, así como responder airadamente a quen, como o poeta peruano, trate de desvelala. O autor do ensaio apunta máis aló do simple fenómeno de éxito da poesía pop producida por “prosumidores”, un modelo a medio camiño entre o consumidor e o produtor, apoiado en


argumenta

argumenta

novas ferramentas tecnolóxicas. A súa crítica inclúe a estrutura na que estes actores están inseridos: unha rede en mans de grandes corporacións que ditan as súas propias normas, que xeran estruturas baseadas no pracer inmediato, marxinalizando o pensamento crítico complexo sen atopar unha oposición destacada. Unha visión que, porén, roza moitas veces a tecnofobia e o pensamento conspiranoico, esquecendo que ferramentas como internet teñen unha potencialidade capaz de superar estas condicións. pierre bourdieu ao fondo Resulta complexo, para quen o coñeza, non pensar no esquema desenvolvido por Pierre Bourdieu en obras como As regras da arte e a súa posíbel aplicación neste escenario. O sociólogo bearnés definía como os creadores manexan dous tipos de capital: un capital económico, producido polo beneficio material, e un capital simbólico, baseado no recoñecemento inter pares, é dicir, dado polo resto de creadores. Esta dinámica básica bourdieana implica que o aumento de un habitualmente é correlativo ao decrecemento do outro. Dito doutra forma, teríamos as persoas creadoras convencidas de que vender libros é o máis importante fronte ás que conciben a arte como unha pescuda que é validada por outras creadoras coa mesma perspectiva. Trátase dun esquema que, con todas as variacións que caiban, segue sendo válido en moitos escenarios. Tamén neste. A poesía foi tradicionalmente un caudal de capital simbólico. Ninguén escribía pensando en gañar rédiIlustración poetryfoundation.com

to económico ou éxito editorial, nin sequera popularidade fóra do mínimo mercado que representaban os “pares”. Son escasos os exemplos do contrario, e ocórreseme o caso particular de Mario Benedetti, que no final do século pasado conseguiu ser un poeta tan popular como desprezado nos círculos da “alta poesía” precisamente por selo. Iso non quere dicir que o mercado editorial renunciase a sacar partido económico á poesía: fíxoo cos poucos poetas populares que houbo, cos indiscutibelmente canonizados (e nos programas escolares), e tamén convocando a inesperada versatilidade de actores que debían a súa popularidade a outras cuestións (como o prescindíbel libro de sonetos de Joaquín Sabina). Neste contexto, é inxenuo pensar que o mercado editorial deixaría pasar a oportunidade de seguir con esa estratexia nun escenario no que a popularidade é máis doada de acadar e está ao alcance de moitas persoas que a terían completamente vedada hai anos. Rodríguez-Gaona recoñece a importancia da popularización da poesía que fan estes poetas “prosumidores”, e pensa que se algo poden ter de bo é a posibilidade de aproveitala para canalizar outro tipo de obras a un gran público. Tamén sinala que, se a súa aparición é problemática, é pola crise dunha crítica que hai anos estabelecía unha categorización clara entre unha poesía e outra, e que hoxe practicamente desapareceu.

67


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

ciencia e pensamento

argumenta

En realidade, esta descrición fala máis da substitución dun conglomerado editorial e industrial e das súas xerarquías por outras alternativas. Un conglomerado do que dependía esa crítica que, as culturas periféricas sabémolo ben, nunca se caracterizou precisamente por estabelecer categorizacións neutras. prosumidores da galiza. existen? Un dos poetas máis mencionados nesta polémica é Defreds (Jose A. Gómez Iglesias), natural de Vigo. Porén, a presenza nesta cuestión da literatura galega, construída socialmente en torno ao criterio filolóxico, é modesta. Tan modesta que non hai moitos anos podiamos sinalar como un problema a ausencia de persoas que se dedicasen á creación dixital na nosa lingua. Hoxe, aínda que hai experimentos ao respecto, parecemos lonxe dese evento no que alguén que se dedica á creación nas redes é contactado por unha grande editora. Igual porque tampouco acabamos de ter grandes editoras. Por outra parte, o papel da “poesía popular” entre nós tamén foi completamente distinto nun contexto que pelexa pola normalización lingüística e tamén contra as servidumes que esta impón ás veces. Podemos mencionar como a polémica entre a xeración dos oitenta e dos noventa, tantas veces citada, ocultaba baixo o affaire “matar o pai” unha diferenza radical na forma de entender a difusión das súas obras. A poesía dos 90 apostou polas primeiras tentativas de creación dixital, colocou obras na rede, abordou a auto-edición, levou a poesía polas feiras e algúns dos seus membros seguen a traballar nunha perspectiva de espectáculo poético para as súas creacións. Tratouse dun movemento que, máis aló dos estilos e imaxinarios concretos escollidos, abrazou unha perspectiva fundamentalmente anti-elitista, tamén con visión comunitaria e experimentando coas novas tecnoloxías e formatos de edición. É certo que o escenario da rede desde os noventa até os nosos días mudou significativamente, pero estas prácticas seguen a ser exemplo dunha concorrencia sen precedentes e unha aposta por mudar as xerarquías do campo. Unha aposta que tamén se enfrontou ás súas propias problemáticas: a dependencia do campo literario galego, mesmo a efectos de canonización, 68

dos premios literarios, foi escasamente cuestionada. Algo que produciu os seus propios efectos e afectou tamén á creación na rede (especialmente a partir do 2008, coa retirada do premio Miguel González Garcés a Eduardo Estévez, que realizara un experimento de work-in-progress co texto gañador). É difícil entender o desenvolvemento da poesía dos nosos días sen vinculala con estes procesos, mesmo cando os seus protagonistas traten de presentala como independente deles. As novas oportunidades das redes sociais son puntualmente aproveitadas. Temos exemplos, como a canle de youtube de Xosé Iglesias, poeta e mariñeiro, o proxecto colectivo Leite Edicións, aproveitando tamén as posibilidades da rede, ou festivais de corte máis ou menos clásico como o Kerouac ou o Alguén que Respira!, pero parece que estamos lonxe dese poeta “prosumidor”, polo menos como figura disruptiva que pode chegar a acceder a edición desde a creación na rede e non como complemento. Por máis que Rodríguez-Gaona fale da cultura hispánica como unha periferia do grande mainstream anglófono, hai aínda máis guettos nas aforas.

A poesía dos 90 en Galicia: tratouse dun movemento que, máis aló dos estilos e imaxinarios concretos escollidos, abrazou unha perspectiva fundamentalmente anti-elitista, tamén con visión comunitaria e experimentando coas novas tecnoloxías e formatos de edición.


argumenta

Texto Miguel Vázquez Freire

C

Foto Tom Pilston

69

argumenta

George Steiner, o derradeiro humanista

o falecemento de George Steiner (Neuilly-sur-Seine, 1929 - Cambridge, 2020) desaparece tamén unha forma de entender a cultura. Steiner era trilingüe porque na súa familia de xudeus de orixe centroeuropea afincada en Francia, obrigados logo a emigrar a Gran Bretaña, falábase indiferentemente o alemán, o francés e o inglés. Logo chegou a dominar outras linguas para poder ler nos seus textos orixinais a autores italianos, españois, portugueses. Esa condición políglota non é a que o fai absolutamente excepcional. No futuro cabe agardar intelectuais políglotas que sexan quen de emulalo, e se cadra mesmo superalo, na análise comparativa de obras literarias de ámbitos idiomáticos diferentes, co rigor que só proporciona o coñecemento do idioma en que foron escritas. Mais Steiner é tamén fillo dun sistema educativo e dun modelo curricular hoxe practicamente xa desaparecido, fundamentos da cultura humanista tal coma el mesmo a entendía. Ser un intelectual humanista implicaba ter sido educado nese sistema, que obrigaba a ler e coñecer os grandes clásicos grecolatinos tamén na súa lingua. No caso de Steiner, co engadido de que, pola súa condición de xudeu, podía integrar tamén un coñecemento excepcional dos textos bíblicos orixinarios. Esa é a dobre base (clásicos grecolatinos e Biblia xudeocristiá) da cultura humanista da que George Steiner foi o seu derradeiro gran expoñente, cultura que se propuña como modelo paradigmático da “alta cultura universal”. Alleo á, e inimigo de, calquera historicismo, na batalla entre os antigos e os modernos, para Steiner a vitoria sempre estará da parte dos primeiros. Por iso dirá, en A poesía do pensamento, que en realidade toda a gran literatura non é outra cousa ca unha anotación a pé de páxina das inmortais obras dos grandes clásicos gregos, como xa o foran os clásicos latinos. E tamén, cunha modestia que amolará non pouco aos seus colegas académicos, que o labor do crítico é só un traballo de “segunda orde” que honestamente tan só pode aspirar a achegar algo na hermenéutica infinita que encerra a fondura de significados dos grandes clásicos. Será, pola mesma razón, un radical inimigo de todas as teorías literarias con pretensións de “cientificidade”, que ve como intentos inútiles de establecer unha comprensión definitiva duns textos que,


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

ciencia e pensamento

argumenta

pola súa mesma natureza, escapan desa posibilidade. A excelencia diferénciase do trivial, salienta na súa autobiográfica Errata. O exame dunha vida, porque non se deixa clasificar e comprender dunha vez por todas. Hai, desde logo, na concepción stenderiana unha teoría da cultura subxacente de fondo carácter metafísico, que expuxo en obras que por veces rozan o misticismo, como Nostalxia do absoluto ou Presenzas reais. Unha teoría que, desde logo, non pode ser entendida como “teoría” ao modo da ciencia, porque non permite sustentar a súa pretensión de universalidade en ningún tipo de proba crucial senón nunha apertura á transcenden-

daquela director da editorial, viu nesa publicación unha maneira digamos elegante de refutar a metida de zoca (así a cualifica Bragado no seu blog Brétemas) do crítico nunha entrevista con Juan Cruz na que, mentres recoñecía a valía literaria do catalán, negáballa ao galego. Outra xente preferiu negarlle a el o pan e o sal, e a obra recibiu algúns paus en recensións e tivo escasas vendas. Mais a revisión da súa obra proba que el non eludiu afrontar as contradicións da súa concepción elitista da cultura. En No castelo de Barba Azul, cuxo eixo xira arredor do tema da culpabilidade da civilización occidental, asume que moitas das súas grandes creacións son “inseparables do ambiente de absolutismo, de extrema inxustiza social e mesmo de crúa violencia” no que medraron. O epítome desta radical contradición —que a expresión superior da humanidade se teña construído sobre a inhumanidade ou, como concentrou en síntese precisa Walter Benjamin, a quen cita: que todo documento de cultura o é tamén de barbarie—, foi o terror asasino nazi. A maior impugnación da gran cultura é unha imaxe que reitera Steiner en varias das súas obras: a do oficial nazi que toca a Bach e le a Goethe na súa casa, sen que iso lle impida exercer de verdugo nun campo de exterminio. Algunhas das páxinas máis lúcidas son as que dedica á poética do silencio, retomando de forma persoal o dictum de Adorno sobre a imposibilidade de escribir poesía despois de Auschwitz: “É preferible que o poeta se corte a lingua antes de que enxalce o inhumano” (Linguaxe e silencio). Polo demais, na entrevista póstuma que publicou o seu amigo Nuccio Ordine, confesa que a súa formación clásica non lle permitiu recoñecer, entre outras cousas, o lugar da muller na cultura. Eu non teño por que coincidir en todo coas ideas de George Steiner para gozar infinito coa súa lectura. Por non coincidir nin sequera coincido en que a súa obra sexa unha obra menor por ser “tan só” crítica.

Cunha modestia que amolará non pouco aos seus colegas académicos, di que o

labor do crítico é só un traballo de “segunda orde” que honestamente tan só

pode aspirar a achegar algo na hermenéutica infinita que encerra a fondura

de significados dos grandes clásicos. cia: “Toda arte e literatura de calidade comezan na inmanencia. Mais non se deteñen aí... a poiesis ábrese ao relixioso e o metafísico e está garantida, asegurada por eles” (Presenzas reais). É doado adiviñar de onde chegaron os reparos contra as teses de Steiner, especialmente nos seus últimos anos. As correntes de crítica literaria promovidas desde os estudos culturais ou os estudos de xénero viron nel, obviamente, un máis dos defensores do canon occidental, que agochaba baixo transcendentalismos abstractos concretas operacións de dominio cultural eurocéntrico e patriarcalista. Cando Edicións Xerais publicou no noso idioma unha antoloxía dos seus artigos de crítica literaria (George Steiner en The New Yorker, 2010), sei que Manuel Bragado,

70


cultura 72

CRÓNICA

A marabillosa mixtura da Chanfaina LAB Texto Alfonso Zarauza

76

Pro texta

CONVERSA CON

MARÍA DO CEBREIRO

84

Masa Crítica

LIBROS DO MES

MÚSICA|BANDA DESEÑADA ARTE|TEATRO|CINEMA|SERIE

poesía| A herba de namorar

música| Las Comarcales

poesía| Sutura

banda deseñada| Jonas Fink

narrativa| Os corpos invisibles

arte| Museo [Do Ermitán] Man

narrativa| Diario dun enterro

teatro| Cartas a Roxanne

ensaio| Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política

cinema| For Sama

Texto María Xesús Nogueira

de María do Cebreiro | por María Xesús Nogueira

de Vanessa Glemsel | por Silvia Penas

de Emma Pedreira | por Susana Sanches Arins

de Gonzalo Hermo | por César Lorenzo Gil

de Miguel Ángel Martínez Quintanar por Miguel Vázquez Freire

de Víctor Coyote | por Carlos Rego

de Vittorio Giardino | por Manu Barreiro

de Manfred Gnädinger | por María Bella

de Compañía IO | por Inma López Silva

de Waad al-Kateab e Edward Watts por Yolanda López

serie| High Fidelity

de Sarah Kucserka e Veronica Becker | por Y. L. 71


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

cultura

CRÓNICA

A marabillosa mixtura da Chanfaina LAB Unha das movidas socioculturais máis innovadoras e creativas que se desenvolven no país é a do que se deu en chamar Chanfaina LAB, un encontro de cineastas e videoartistas coas xentes de San Sadurniño, no norte galaico. Do que deu de sí neste primeiros seis anos de vida dan conta as curtas que, asinadas por nomes de recoñecido prestixio entre os directores e directoras do cinema galego, xa conforman un catálogo de referencia. Un deses directores, Alfonso Zarauza, que está metido de cheo na postprodución do seu último filme, Ons, veu participando activamente nesa experiencia, e é quen elaborou esta crónica para TN. Texto Alfonso Zarauza Fotos Chanfaina LAB 72


CRÓNICA

cultura

M

anolo González Se hai unha persoa determinante no devir da miña carreira cinematográfica é Manolo González. En todos os periodos dos meus anos como director, de xeito directo ou indirecto, Manolo incidiu para iluminar o meu camiño. A mediados dos anos noventa, cando empecei a facer curtametraxes e decidín abandoar a miña carreira universitaria para me adicar a facer cinema, a única proposta formativa que habia en Galicia era a EIS (escola de imaxe e son da Coruña), da que Manolo era o director e principal propulsor. El conseguiu converter unha pequena escola de imaxe e son nunha das mellores escolas de cinema da península ibérica. Unha escola única e irrepetible, tanto pola calidade da docencia e a orixinalidade da organización lectiva como polo avanzado material técnico do que dispoñía. Dela xurdiron moitos dos nomes máis destacados diso que se deu en chamar audiovisual galego. Ao sair desa escola, no ano 98, fixen as prácticas no filme de Raúl Veiga,”Arde amor”, e tras el marchei para Madrid, e xa nunca deixei de traballar profesionalmente no sector cinematográfico. Cáseque dez anos despois, cando tentaba sacar adiante a miña primeira longametraxe, regresei a Galicia e de novo apareceu providencialmente Manolo na miña vida. Por aquel entón el estaba á fronte da Axencia Galega do Audiovisual, en plena época do goberno bipartito. Grazas á súa aposta polo novo talento emerxente, conseguín filmar nese ano 2007 a miña ópera prima “A noite que deixou de chover”. Esa aposta tan radical e única (dentro do audiovisual español) de Manolo e a Axencia polo talento novo fixo emerxer tamén a todos eses cineastas amparados baixo o nome de novo cinema galego. Ao caer o goberno bipartito, Feijoo pechou a Axencia Galega do Audiovisual que tanto ben fixera no sector, todo ese talento que agromou neses anos foi a semente de todos eses exitosos filmes e cineastas da última e gloriosa década de cinema galego triunfante polo mundo adiante, da que Manolo é o principal responsable.

As estrelas da canle de “Fálame de San Sadurniño” son catro mulleres de idade avanzada e adicadas principalmente á agricultura. Entre elas crearon unha chea de videos contando dun xeito único e moi orixinal o seu día a día. Estes videos foron un éxito viral e levan por título: “Teño unha horta en San Sadurniño”.

Carmen Suárez Carmen Suárez e Manolo González son unha das parellas máis bonitas e ilusionantes que nunca coñecín. Transforman ao seu redor positivamente todo o que tocan. No ano 2013, Carmen traballaba ao frente do CEMIT, unha aula de alfabetización tecnolóxica para xente maior e do rural no concello de San Sadurniño. Esta aula creou unha plataforma marabillosa en forma de web interactiva chamada “Fálame de San Sadurniño”, esta web énchese basicamente de contido a través das propias vidas das mulleres maiores e labregas de San Sadurniño que acuden á aula de Carmen a aprender a manexar un ordenador. Aportan á web todo tipo de historias faladas, textuais, fotográficas ou en video. A páxina vaise enriquecendo ano tras ano, e leva xa miles de entradas e historias da vida da xente de San Sadurniño. Converteuse despois en todo un referente imitado en moitos outros lugares, e na actualidade nunha canle de youtube. Recibiu multitude de

73


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

CRÓNICA

cultura

premios de boas prácticas culturais, entre eles en Xenebra (Suiza) o premio europeo ACTing para axentes sociais promotores da idade activa a través dunha TIC. As estrelas da canle de “Fálame de San Sadurniño” son catro mulleres de idade avanzada e adicadas principalmente á agricultura. Entre elas crearon unha chea de videos contando dun xeito único e moi orixinal o seu día a día. Estes videos foron un éxito viral e levan por título: “Teño unha horta en San Sadurniño”. De entre elas, pola súa gracia e personalidade, destacan especialmente Cruz Piñón e Consuelo Picos.

Esta mixtura entre actores e cineastas locais con cineastas máis consagrados saiu deliciosa. As rodaxes da Chanfaina teñen lugar durante unha fin de semana de septembro, e uns meses despois volven todos coas súas obras rematadas a San Sadurniño para ser proxectadas no centro cultural da vila para todas as veciñas e veciños. 74

Carmen + Manolo = A Chanfaina LAB No ano 2014, Manolo, esta vez xunto a Carmen, volveron irrumpir na miña vida dun xeito trascendente. Para enriquecer de contido esta idea marabillosa de canle de youtube de fálame de San Sadurniño, Carmen e Manolo idearon e fixeron posible un invento único, contando co valente e entregado apoio do alcalde do BNG de San Sadurniño, Secundino García, e a súa concelleira de mocidade e cultura, Sabela. Decidiron xuntar a algúns dos máis emerxentes directores do novo cinema galego e convidalos a pasar unha fin de semana en San Sadurniño a cambio de que cada un deles fixera unha pequena peza cos habitantes, parroquias, paisaxes ou lugares do fermoso concello coruñés. O tema e o estilo eran radicalmente libres. A idea é que estes cineastas se xunten coa xente local para crear. A esa mixtura marabillosa chamóuselle Chanfaina Lab. A chanfaina é un prato típico da zona composto polos diferentes restos menos apreciados do porco e que, mixturados adecuadamente, fan unha especie de morcilla deliciosa. Séculos atrás, os depauperados habitantes de San Sadurniño víanse obrigados a ceder en forma de xuros o mellor da carne da matanza e quedarse eles coa parte máis chanfaineira e menos valorada do porco. Así que a chanfaina non deixa de ser un intelixente refinamento da pobreza e da opresión dos poderosos, e esta compoñente reivindicativa tamén está presente no LAB. Hai que dicir que esta mixtura entre actores e cineastas locais con cineastas máis consagrados saiu


deliciosa. Esa primeira edición do 2014 tiven a sorte de ser convidado xunto a grandes talentos do país como Xacio Baño, Sonia Méndez, Jaione Camborda, Victor Hugo Seoane, Xurxo Chirro, Marcos Nine, Angel Santos, Alberte Pagán, Mario Iglesias, Xisela Franco, Guillermo Arias, X.M.Sande, Otto Roca, Pablo Portero e os exitosos productores do NCG, Felipe Lage e Beli Martínez. Normalmente as rodaxes da Chanfaina teñen lugar durante unha fin de semana de septembro, e uns meses despois volven todos coas súas obras remata-

das a San Sadurniño para ser proxectadas no centro cultural da vila para todas as veciñas e veciños. É unha fermosa xuntanza e un emotivo reencontro. Foi tal o éxito da Chanfaina que recentemente acaban de rematar a sexta edición convertindo a San Sadurniño seguramente na pequena vila máis filmada do mundo. Moitas das pezas filmadas alí convertéronse en pezas de culto premiadas en moitos festivais do mundo. Todas elas están colgadas e pódense ver en internet. Conforman unha variedade de olladas e riqueza única. En posteriores edicións pasaron pola chanfaina cineastas consagrados mixturados con mozas e mozos da vila. Nomes como o de Oliver Laxe ata Jorge Coira, pasando por Andrés Goteira, Angeles Huerta, Eloy Dominguez, Diana Toucedo, Luis Avilés, Miguel Mariño, Margarita Ledo, Angel Rueda, Ana Domínguez, Alberte Branco, Anxos Fazáns ou Giselle Llanio. Todos e todas son xa son chanfaineiros. Ademais, todos os anos convídase a xente allea ao sector para que fagan tamén as súa peza sobre San Sadurniño. Xornalistas como María Yañez ou Ary López, a profesora debuxante de comics Ana Moreiras, o fotógrafo Gabriel Tizón ou a política Ana Pontón. Entre a xente moza e non tan moza de San Sadurniño que todos os anos fai pezas xunto aos cineastas convidados destacan: Angela, Arnosa, Fran Bermúdez, Bieito Beceiro, Alba Vega, Pablo Martínez, Catalina Rodriguez, Roberto Bouza, o trío Teh Sungirls, e por suposto, as grandes estrelas locais do cuarteto Teño unha horta en San Sadurniño. Isto quere dicir que a vila coa mellor canteira de futuros cineastas está en Sansa, como eles lle chaman. En definitiva, esta Chanfaina, que non é outra cousa que un revolto de cousas diversas que conforman algo único e delicioso, etimoloxicamente vén do vocablo latino Synphonía, que significa voz concordada, é dicir harmonía e beleza. Se de algo me sinto orgulloso é de formar parte desta familia en forma de delicatessen audiovisual.

75

cultura

CRÓNICA


cultura

Pro texta

nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

conversa con MARÍA DO CEBREIRO

Texto María Xesús Nogueira

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) enfróntase á tarefa de auto-escolmar vinte anos de traxectoria poética e faino escollendo cincuenta composicións, reordenándoas, limpándoas de calquera información sobre o seu contexto, e presentándoas como un novo poemario con textos de vello, nun intento de se afastar do carácter monumental dunha antoloxía. En A herba de namorar (Galaxia, 2019) a autora considera a poesía un campo de experimentación e recoñece nomes clave na súa traxectoria, ao tempo que gaba o papel dalgúns editores de poesía e valora o papel da crítica na actualidade. Foto Laura Dalama

76


Sempre entendín a poesía como un campo de probas, un espazo para a experimentación

“Vinte anos de poesía non son poucos”, de certo. Quince títulos publicados tampouco o son. Como definirías a túa relación con todo ese pasado poético? Que te levou a mudar os criterios empregados na anterior escolma Objetos perdidos (2007) e enfrontarte a “un exercicio de manufactura”? Sempre entendín a poesía como un campo de probas, un espazo para a experimentación. Nese sentido, unha vez cobro conciencia da asimilación dunha técnica na miña escrita, o que procuro é desafialo dalgún xeito. Por iso non tería sentido para min reproducir o movemento ensaiado en Objetos perdidos. Se alí o potencial de innovación con respecto ao xénero da escolma viña dado pola orde non ascendente (dos primeiros anos de produción aos últimos) senón descendente, aquí quería ensaiar outro xogo. Foi así como se me ocorreu a idea de barallar os poemas, prescindindo por completo do criterio temporal da orde.

Entre os teus temas de investigación no ámbito académico están precisamente as antoloxías. A elas dedicaches a túa tese de doutoramento, o libro As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña e outros traballos. En que medida cres que influíu toda esa reflexión teórica en A herba de namorar? Da miña convivencia de anos coas escolmas aprendín a importancia dos procesos de montaxe dos textos, pois desde o punto de vista da forma unha antoloxía é, sobre todo, un exercicio de dislocación ou, máis precisamente, un xeito de recolocar certos poemas que antes ocuparon outro lugar. De todo iso ―e trátase dunha observación extrapolable á montaxe dos textos en calquera libro de poemas― quedou un traballo moi intenso cos ritmos, unha vontade de facer resoar uns materiais cos outros a partir dos principios de unidade e variedade. A alternancia destes dous principios leva determinando a construción dos cancioneiros desde que o mundo é mundo, pois algo fascinante das escolmas é que se dan en todas as literaturas de todos os tempos e lugares. Mais, mesmo asumindo que en certo sentido non hai nada novo baixo o sol, eu non quero aburrirme nin escribindo nin reescribindo ―porque escolmar é un xeito de reescribir―, e por iso sentín a necesidade de partir de cero mesmo ante estes materiais que na súa maioría eran xa coñecidos. Por outra banda, na medida na que o meu traballo sobre as escolmas era tamén unha crítica ás súas aliaxes co poder institucional e cultural, tentei fuxir na medida do posible do carácter monumental do xénero. E aí o de prescindir da orde convencional barallando os poemas axudoume. Se cadra é apenas un aceno ou unha ilusión, pero a min valeume para soster o esforzo do libro. E, volvendo sobre a relación entre a teórica da literatura e a poeta, canto de María do Cebreiro Rábade cres que hai en María do Cebreiro? O feito de dedicarme a dúas tarefas vinculadas pola literatura, pero xebradas pola lóxica das prácticas profesionais, é algo que sempre me fixo, dalgún xeito, académica entre poetas e poeta entre académicos. Ese xogo de atribucións cruzadas,

77

cultura

Pro texta


cultura

Pro texta non sempre fáciles na práctica, tenme servido de moito á hora de non identificarme con posicións que tenten facer caber o que escribo nun só rego. O que lle agradezo á investigación é a aprendizaxe de que a literatura é un campo de loitas, atravesado dun xeito ou doutro polo poder. Ante iso, o único que pode salvarnos é o recoñecemento das propias funcións, dos propios intereses, das propias posicións. Vivir de costas a iso é enganarnos a nós mesmos, un camiño seguro para enganar os demais. Gústame moito ese intre do Quixote no que o protagonista, un home supostamente tolo, di “yo sé quién soy”. Saber quen somos, e o que podemos facer con iso, debería de ser o único capital dos escritores. No limiar aludes a un diálogo con tres momentos decisivos da literatura galega recente representados, na túa biografía, por Xabier Cordal, Daniel Salgado e Ismael Ramos. Mencionas tamén o maxisterio de Luísa Castro. Que outras voces da literatura galega engadirías ao teu substrato? A poesía de Xiana Arias, hoxe relativamente esquecida en favor doutras facetas dela como as de música ou presentadora, paréceme singularísima e interésame moito. A propósito de Ismael Ramos refíreste ao “pulo que algúns poetas mozos lle deron ao discurso poético contemporáneo”. En que está a consistir, ao teu entender? O que me gusta de Ismael, como poeta, é a súa irreverencia. Non paga peaxes, e atrévese a ser quen é, ás veces desafiando certos consensos críticos. Neste sentido, encarna para min o ideal de poeta mozo, que paradoxalmente é unha figura moi minoritaria, aínda que en Galicia haxa moitos e estimables poetas de vintepico ou de trintaepoucos (para ben ou para mal, hoxe dúrase moito tempo sendo mozo). Digo que hai poucos poetas xenuinamente mozos (o canon segue a marcalo Manuel Antonio) porque hoxe escasean aqueles que se atreven a cuestionar publicamente os poetas do pasado, incluído ese pasado inmediato que é a promoción dos 90, ao meu ver sobrevalorada, e dígoo con plena conciencia de que se me adoita colocar aí. Interésame a poesía 78

nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

actual pero vaime interesar máis aquela poesía que sexa quen de se revoltar contra nós, aquela poesía do mañá que non podo nin sequera albiscar porque se atreverá a rachar coa linguaxe que nós mesmas contribuímos a facer visible. Aventuraríaste a trazar coordenadas, identificar tendencias ou mesmo grupos na poesía galega que se está a escribir hoxe en día? De aceptares o reto, onde te situarías? Da miña xeración síntome moi cerca do que representa Lupe Gómez. Paréceme unha poeta enorme, e é unha honra ser coetánea súa. Nas páxinas limiares á túa auto-escolma refíreste tamén aos “numerosos profesionais da edición de poesía”. Logo da túa experiencia, dilatada e diversa, como valorarías o sector? Estivo o mundo editorial á altura da produción poética nas dúas últimas décadas? Nunca é doado editar poesía. Nese sentido, é unha sorte contar con algúns editores de poesía coidadosos, que saben que os libros de poemas, sendo tamén produtos comerciais, en ningún caso poden reducirse a iso. E a crítica? Foi boa compañeira de viaxe? Boto de menos aquel tempo ―iso foi o máis interesante, para min, dos anos noventa― no que a crítica sabía acompañar, en tempo real, os procesos creativos, dotándoos de fondura e mesmo desafiándoos, de xeito que nos obrigaba a medrar a aqueles que comezabamos na escrita. Iris Cochón ou Arturo Casas son casos emblemáticos disto que tento dicir. Penso que hoxe á crítica, e non é unha cuestión que ocorra só en Galicia, cústalle transcender a función xudicial (premiar) ou xornalística (reseñar), e cando non é así vese confinada ao ámbito académico, onde perde capacidade de incidir na conversa social. A título individual, eu sempre me sentín abenzoada pola crítica, como o demostra o premio que leva ese nome ao poemario O deserto, sen dúbida o momento máis doce da miña traxectoria literaria. Así que é de xustiza dicir que a crítica foi moi boa compañeira de viaxe da miña poesía.


POESÍA un libro vello e novo por María Xesús Nogueira

Dúas décadas van desde a publicación daquel sorprendente O estadio do espello (2018), escrito por María do Cebreiro cun corazón novo do trinque, como deixara dito Cunqueiro, até o seu polo de agora último libro, Soños. Arquivos. Cartas (2018). Ao longo de todos estes anos a súa poética foi medrando a ritmo intenso e constante, nun tránsito que fixo parada en rexistros diversos que en todos os casos comparten a rotundidade do verso e unha suxestiva precisión verbal. Tal disparidade na modulación do discurso non oculta no entanto algúns trazos comúns doadamente recoñecíbeis, como o culturalismo, as máis das veces lúdico, que aflora a miúdo no verso, unha distancia que escora cara ao humor (cando non cara ao escepticismo), unha práctica da escritura como reflexión, tamén literaria, e a infiltración do pensamento político no texto. Poemario a poemario ―quince― a autora foi construíndo unha voz que flúe, como a vida que tantas veces invoca en paralelo á escritura: “―A vida é un instinto? / ―A vida é o que temos”. A herba de namorar recolle unha mostra da creación poética de todos estes anos pero tamén moito do pensamento desenvolvido pola autora na súa faceta profesional, a investigación e a docencia en teoría da literatura. A voz da crítica faise visíbel nas consideracións expostas no limiar “Os anos perigosos”, onde fala da súa propia evolución no marco da poesía galega das últimas décadas, das que non esquece algúns nomes significativos. Un proceso de reflexión percíbese tamén na factura da auto-escolma, concibida dun xeito semellante “ao que na feliz tradición da poesía anglófila se denomina selected poems”. Así, quen fixo da antoloxía obxecto de estudo e escolmou os seus propios textos en Objetos perdidos (2007), opta nesta ocasión por prescindir “de calquera criterio de contextualización e ordenación históricas para ofrecer un libro vello e novo, como o é sempre a poesía”, de

xeito que o resultado sexa “un libro que pide ser lido nos termos da nova serie recomposta a partir de materiais rescatados da rúa e dos caixóns, como se fose un ready-made poético, ou un documental de metraxe atopada”. O feito de barallar ―con man non inocente― os poemas, co ludismo que tal decisión comporta, supón un exercicio de exploración que convida a unha nova lectura das composicións no novo contexto. Quen “queira pescudar nas súas primeiras vidas” ten ao seu dispor un “mapa”, elaborado por Ismael Ramos en calidade de editor, que permite identificar a procedencia dos poemas. Grazas a este paratexto sabemos tamén da condición inédita de sete deles, entre os que figura o que dá título á antoloxía e que “en palabras de María do Cebreiro, o mudou todo”. Máis alá do exercicio de exploración que supón a descontextualización e reordenación dos poemas, que seducirá de seguro a quen siga de preto a poesía de María do Cebreiro, A herba de namorar pode ser lido como un libro novo (e vello) que permite apreciar con nitidez a variedade de rexistros dos que a autora botou man ao longo de vinte anos para expresar as súas inquedanzas poéticas.

A herba de namorar María do Cebreiro Galaxia Vigo, 2019 142 páxinas

79

cultura

Pro texta


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

Pro texta

a sutura como constatación da ferida

cultura

por Silvia Penas

Para compoñer a miña lectura de Sutura, de Vanessa Glemsel, gustaríame falar, en primeiro lugar, do xogo, e isto apelando a un dos paratextos que acompañan o libro editado por Urutau e marabillosamente ilustrado polo artista Davida e que, unha vez rematado o poemario, nos aclara o instrumento que perpetrou a ferida posteriormente cosida no corpo. Refírome á dedicatoria: ás nenas que xogaban con coitelas. Lembro unha conversa que tiven a sorte de manter co poeta chileno Raúl Zurita, en que expresou que se a poesía é un xogo, ese xogo sería o da ruleta rusa. E penso no poema que abre este libro: deitada no chan da cociña, inmóbil, imito a morte, e máis adiante: contigo —espida, descomposta, descarnada— xogo á morte/creamos unha linguaxe que ninguén fala: tecido cicatrizal. Con esa contundencia e concreción xogan as palabras de Glemsel. Non esquezamos que é este tamén un pseudónimo que nos coloca xa no plano dun xogo coa subxectividade e coa posibilidade de ser outra/as. Escolle así a mímese e representación como método para advertir da violencia e da dor, como declara no poema “The Virgin Suicides”: a dor é máis real nos filmes. Quizais tamén sexa máis real nos poemas, que co engadido das ilustracións que os acompañan desprenden un intento de seguir describindo minuciosa e o máis fielmente posible a vivencia. Pero estas vivencias non creo que deban ser entendidas coma unha secuencia de acontecementos biográficos, senón coma a conceptualización poética dunha mirada desde a marxe, que ten que empregar ferramentas sociais para facerse oír, como neste caso a linguaxe, e a través desa construción volver narrarse desde o principio. Relaciono esta inquedanza da autora por deixar constancia e renarrarse co que di Estrella de Diego en No soy yo. Autobiografía y performance: “las mujeres no hemos tenido tradicionalmente una historia propia al carecer, desde el 80

discurso dominante claro, de la subjetividad que requiere el acto mismo de comenzar a narrar(se)”. Así, os poemas son cosidos no cranio unha vez que atravesaron a batalla para acubillar unha especie de paz, a escrita como lugar onde a experiencia atopa un modo de ser outra cousa, de dar lugar a un cambio de forma e ao tempo constate: isto aconteceu, e inscribilo na narrativa da memoria. Calquera xogo entraña a posibilidade de perder, e neste poemario anúnciase a rendición desde o inicio para acabar coa forza da resistencia. De onde sae esa forza que atravesa os poemas coma unha revelación? Esa revelación estaba xa nos poemas ou foi construída pola miña mirada? Convídovos a poñer a vosa mirada sobre estes textos cortantes, turbadores, que nos obrigan a poñer tamén os pés en lugares difíciles. “Pero ¿qué voy a decir yo de la poesía? ¿Qué te voy a decir de esas nubes, de ese cielo? Mirar, mirar, mirarlas, mirarle y nada más.” (Lorca a Gerardo Diego). Pois iso, mirar e nada máis. E manterse alerta, porque, como afirma Glemsel, no límite de cada vida/ hai alguén disposto a esnaquizar a beleza.

Sutura Vanessa Glemsel Urutau 2019 52 páxinas


NARRATIVA frankestinas que somos nosoutras por Susana Sanches Arins

Prometeu e Pandora são duas personagens ligadas polo tenso fio da ira dos deuses. Prometeu teve piedade dos humanos. Foi essa a sua ofensa. Escutar o clamor da injustiça e reagir. Subiu ao Monte Olimpo, roubou o lume, e mostrou às simples mortais a técnica de fazer isca com uma pedra, com dous garabulhos. Fora a magia. Fora o medo e o temor. Fora a necessidade do rezo, da oferenda, do sacrifício. Enorme foi o castigo. Se queres conhecer, se queres a técnica e a sabedoria, hás sofrer. Encadearam os deuses o traidor e ordenaram à águia dos altos cúmios petiscar em vivo o fígado do desgraçado. Porque Prometeu era imortal. A seguridade de que há sobreviver à tortura. A seguridade de que no nascer de um novo dia, novamente virá a águia e novamente a dor insuportável. Enorme foi o castigo. E duplo. Necessário era recuperar a magia. Necessários o medo e o temor e o rezo e a oferenda e o sacrifício. E nasceram os deuses Pandora. E foi enviada, formosa e sedutora, às portas de Epimeteu, irmão do deus ladrão. E apaixonou-se o Epimeteu e falou à rapariga e beilaram na festa e houve casamento. E presente de vodas. Maravilhosa ânfora com uma condição estranha: nunca a abras. Já sabemos. Pandora abriu. Condenada curiosidade. E os males do mundo foram libertados e de volta a magia o medo o terror. Desde há dous mil e quinhentos anos a aprendermos que o conhecimento é doloroso e a curiosidade um perigo. Não (te) perguntes, não (te) questiones. Provocarás a ira de quem tenha o poder. Castigarás com a tua ousadia a toda a comunidade. A dor e o perigo: aquilo que nos gravaram a lume, os deuses, às pandoras que no mundo somos. Por isso adoramos L.C. e Prometea Stoner. As duas curiosas, as duas a defrontarem perigos e superar obstáculos, as duas unidas para rebentarem o olimpo dos poderes

que pretendem estruchá-las em espartilhos de varas. As duas a ligarem-se na sedosa gineologia daquelas que antes reptaram os deuses, através das cartas de Prometea a Mary, do talismã que é roubo, que é pedra. L.C. é meninha operária, escravizada entre operárias escravizadas. As casualidades da vida e a raridade devezada levam-na às portas da casa Stoner, onde conhece Prometea. Prometea é uma doutora frankenstina submersa no estudo, na ânsia de conhecimento e na auto-experimentação. Mary Shelley constrói no século XIX o seu Frankestein como uma ficção científica, para reflexionarmos sobre se os homens podem ocupar o lugar dos deuses e governar as suas vidas, as suas mortes. Emma Pedreira constrói as suas Frankestinas como uma fantasia ambientada no século XIX, para reflexionarmos sobre se as mulheres podemos ocupar o lugar dos homens e governarmos os nossos corpos, as nossas vidas. Damos com duas mulheres que escutam o clamor da injustiça e reagem. Não. Desculpai. Vivem a injustiça nas suas carnes e reagem. Pedreira liga-nos a elas, animando-nos à luita, com o sedoso e lírico fio das palavras. Porque o conhecimento é gozoso e a curiosidade libertadora.

Os corpos invisibles Emma Pedreira Xerais Vigo, 2019 208 páxinas

81

cultura

Pro texta


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

Pro texta

diario dun enterro, o aburrimento dos velorios cultura

por César Lorenzo Gil

Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) debuta na narrativa con Diario dun enterro, publicado por Galaxia, Premio Repsol de Narrativa Breve 2019. Até agora, o autor destacara (con moitos e prestixiosos premios) como poeta. A novela, máis ben nouvelle, é un diario de catro xornadas dividido en dezasete capítulos onde Xacobe, un trasunto do propio autor, conta, en primeira persoa e tempo verbal presente, as súas vivencias logo de saber que o seu avó materno morreu tras esvarar na bañeira. A viaxe de Barcelona á ficticia Eiradona, o contacto coa familia e a casa natal, os ritos da morte e o retorno a Catalunya son os tempos e espazos da obra. A vella máxima di que unha novela é unha representación da vida sen as partes aburridas, algo que non tivo en conta Hermo na composición desta obra. A pesar das súas moitas calidades, das que logo falaremos, o libro faise pesado e intranscendente. Porque o autor, en efecto, quere contarnos esas seis xornadas cunha mestura de observador e microensaísta sobre a realidade. Mestura a descrición, a crónica (de aí o tempo verbal presente) coa digresión reflexiva, o xuízo de costumes e outras apreciacións subxectivas. A estratexia narrativa é un bo punto de partida, pero a Hermo fáltalle brillantez. A súa narración é plana, ás veces anódina, ás veces académica: “Eu seguía patróns de conduta aprendidos no fogar e, en consecuencia, nunca problematizados” (p. 45). A lingua é estándar, expresivamente máis pobre ca un exame do CELGA, case sempre imprecisa. Sobran as frases feitas e os lugares comúns. Non hai unha mirada repousada senón unha falsa espontaneidade que pexa a narración até case desactivala. Ese lastre nótase especialmente nos diálogos. Son evidentes e redundantes. Enchen de palla unha novela de 124 páxinas e só en determinados momentos serven de motor para a narración. 82

A excepción é a personaxe da nai do narrador. Hermo consegue iluminala, captar a súa esencia e complexidade. Cando ela aparece, de repente a linguaxe se libera. Por traballo ou intuición, o autor logra facer desa personaxe unha personaxe literaria. A pesar das eivas, debemos tomar este libro como un exercicio narrativo dun escritor que nos deixa percibir as súas potencialidades. Quizais a única maneira de desfrutar deste libro é comprendéndoo como un diario real no que o narrador foi deixando, en bruto, impresións que só deberían ver os seus propios ollos. Gonzalo Hermo ten sensibilidade na ollada para os detalles e facilidade para tirar do caos da realidade unha reconfortante harmonía. Hai que agradecerlle a Hermo que nun tempo de narrativa prefabricada intente outro camiño: unha novela que non se autoimpón unha trama, que non se cinxe a ningún “tema candente”, que sae ao camiño para ver se encontra a maxia da arte. Mais a arte, por desgraza para o escritor, non se busca, aparece. E neste caso quedou porta fóra. Nas páxinas de Diario dun enterro polo menos séntese o seu recendo.

Diario dun enterro Gonzalo Hermo Galaxia Vigo, 2019 128 páxinas


ENSAIO horizontes da cidadanía por Miguel Vázquez Freire

É este un libro que reúne vontade divulgadora e reflexión crítica. Pola primeira, o lector atopará unha concentrada información sobre as principais ideas que orientaron o pensamento político occidental, desde Platón ata Sloterdijk, Nussbaum, Rancière ou Butler; pola segunda, convídanos a acompañalo na súa aventura intelectual, recoñecendo as súas dúbidas diante das radicais aporías que a complexidade das sociedades contemporáneas acaba opoñendo ás solucións que a teoría política viña, e vén, propoñendo. Adopta logo o modo dunha auténtica Bildungsroman, “a miña novela persoal de formación política”, tal e como o propio autor a cualifica, que se le coa mesma paixón coa que se percibe que foi escrita. Sitúanos o autor diante dunha urxente tarefa: pensar a democracia contemporánea nun contexto no que aparece sometida a fortes tensións que mesmo cuestionan a súa superioridade como modelo político e a súa viabilidade futura. Na primeira parte céntrase na análise dos dous modelos que inspiraron historicamente as institucións políticas dos estados democráticos: o liberalismo e o republicanismo. Respecto do primeiro, suxire que non é capaz de solucionar a “crise sistémica” das sociedades democráticas actuais ao privar á cidadanía dun “horizonte moral” que oriente cara ao ben e o valioso, para alén dunha racionalidade abstracta e pretendidamente neutra. Pola contra, cre atopar no republicanismo unha resposta para unha política que, aceptando a imposibilidade de establecer un principio de inequívoca lexitimidade, pode eludir a pretensión totalizante e abrirse cara un horizonte crítico e emancipador. Con todo, Martínez Quintanar non elude afrontar os discursos que denuncian coa máxima radicalidade os estados democráticos hoxe existentes. A análise deses discursos ocupa a segunda parte do libro na que, nun extraordinario esforzo de síntese, revisa a concepción foucaultiana da biopolítica, as esferas antropotécnicas

de Sloterdijk, a sociedade do espectáculo de Debord, a semiopolítica de Deleuze e Guattari, o capitalismo cognitivo ou a crítica da democracia de audiencias de Bernard Manin. Xa na terceira e última parte, ao fío do comentario ás teses de Roberto Esposito sobre a incapacidade de pensar o carácter conflitivo da actividade política mediante as categorías da filosofía política tradicional, manifesta o seu desacordo co que cualifica de conclusións “posmodernas” que, ao seu parecer, fan imposible afrontar de modo eficaz as “formas de malestar contemporáneo”. É nesta última parte onde o autor propón abertamente a súa propia posición, que se decanta por reafirmar as potencialidades emancipatorias dos modelos liberal e republicano. Acepta con todo a dificultade de “pensar o conflito sen negalo” e propón, para superar esta eiva, facelo mediante catro rúbricas: sufrimento, vínculo, desexo e verdade. O lector pecha o libro coa sensación de que, nas apertadas liñas, cheas de poderosas suxestións, coas que o autor desenvolve nas últimas páxinas estas rúbricas, hai só un esbozo do que promete ser un traballo posterior. Que desde xa este lector agarda con expectación.

Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política Miguel Ángel Martínez Quintanar Espiral Maior 2019 229 páxinas

83

cultura

Pro texta


Masa Crítica cultura

MÚSICA viaxando por estradas secundarias por Carlos Rego

Se hai alguén capaz de tecer un fío imaxinario que una a Eça de Queiroz, Raymond Carver e Boris Izaguirre, ou a Atahualpa Yupanqui, Buddy Holly e Rubén Blades, ás dúas Rosalías, a de agora e a De Castro, ou alguén que sexa quen de saltar das estradas de Terra de Montes a Cabo Verde pasando polo barrio de La Elipa, ese é Víctor Aparicio Abundancia, un tudense que leva máis de media vida vivindo fisicamente en Madrid e viaxando musical e mentalmente por medio mundo. Canto máis cosmopolita se estaba a poñer a escena movidesca a mediados dos oitenta, Víctor reconverteu radicalmente ao seu grupo Los Coyotes: dende o rockabilly post punk chegaron a converterse nun comando de vindicación de músicas desprezadas por horteras polo gusto anglosaxón dominante. Daquela, escoitalo falar de Héctor Lavoe, Vicente Fernández, o lenga lenga, Portugal ou María Lionza era case revolucionario, pero esa abraiante retórica traduciuse nada menos que en Mujer y sentimiento, un dos mellores discos da década e pioneiro dun camiño, o chamado rock latino, que outros percorrerían con máis éxito. “Vivo recorriendo rutas que frecuenta nadie, las comarcales”, canta neste seu novo disco, a volta á composición tras a persoalísima colección de versións de De pueblo y de río, e é ben certo que esas estradas (tamén laborais: deseñador, escritor, documentalista…), téñeno apartado das autoestradas máis exitosas. Tamén o é que sempre mantivo o prestixio do outsider, aínda que polo que canta en 84

nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

«Soy un trabajador, soy un autónomo, un artista» non lle saíu moi a conta: “Tengo un voto puro como un ángel, nadie promete derechos laborales a un autónomo, falso o no. Conducir, cargar, show y gasolina. Dueño de mis deudas, subo a la tarima, tan artista yo”. Como o ritmo non está rifado co intelecto, versos coma estes, observacións agudas, de humor costumista e retranqueiro que radiografan tanto a estupidez do mundo contemporáneo (“llenaron de estufas las terracitas, y gastaron tres millones en lucecitas de Navidad”), como as moi persoais preocupacións que trae a idade, abondan nun disco moi vizoso musicalmente. Os diferentes ritmos (no estupendo mapa de influencias que acompaña o CD aparecen a bachata, o calypso, a morna), melodías e estilos fúndense con naturalidade, sen turisteo de postais. Ademais, segue a cantar con esa inconfundible voz de crooner de pueblo, tamén en galego e portugués, estupendamente arroupada por un grupo que se move como peixe na auga entre a concreción do rock and roll clásico e esoutros estilos tan aparentemente afastados. A produción de Pablo Novoa ponlle o lazo ao conxunto ao tirar o máximo partido dos mínimos elementos con exquisita austeridade, engadindo cores sen afogar a esencia popular dun repertorio único e intransferible.

Las Comarcales Víctor Coyote El Volcán Febreiro, 2020


BANDA DESEÑADA o pesadelo xudeu aló do telón de aceiro

Masa Crítica até chegar a derradeira páxina. Na historia de Fink hai aventuras e romanticismo, drama e ledicia, mais sobre todo unha BD realmente imprescindíbel. Finalmente, hai que destacar a edición de Norma editorial, de moi boa calidade e que podemos atopar en dúas versións, unha delas cun DVD co documental sobre as novelas gráficas de Giardino.

Vén de editarse hai poucos meses o integral que recompila a excelente BD debuxada e guionizada por Vittorio Giardino, un autor italiano cun estilo moi próximo á BD franco-belga máis académica. A historia, ambientada na Checoslovaquia da posguerra, comeza coa detención do pai de Jonas Fink, nese momento un adolescente de doce anos, por conspirar contra o estado. A partir da detención e encarceramento do proxenitor, a familia, xudía e burguesa, comeza a vivir nun pesadelo. Jonas é expulsado da escola e tanto el como súa nai teñen que poñerse a traballar. A condición de inimigos do réxime complicará enormemente as súas vidas. Giardino amosa a súa mestría no debuxo, que é dunha precisión e detalle francamente impresionante. A recreación da cidade de Praga é excepcional, e certamente, retrata e narra con delicado pulso a vida de Jonas, que pasa de neno a adulto co percorrer das páxinas. Tamén destaca o uso da cor que completa o debuxo, aporta calor e matiz. Esta saga familiar percorre a segunda metade do século XX grazas a que o autor entretece con habilidade de ourive a progresiva relaxación do réxime e aos acontecementos da vida de Jonas nos acontecementos históricos. Giardino fixo un inxente labor de documentación para debuxar a cidade de Kafka que vemos reflectido no nivel de detalle de cada edificio e de cada rúa. Recoñécense lugares da cidade coma a ponte de Carlos, Malá Straná ou o famoso reloxo astronómico. Unha gozada para aqueles e aquelas que gosten do debuxo de detalle e das viñetas artisticamente moi coidadas. O guión está traballado con sabia man de artesán e nunca perde interese nin ritmo. Ao contrario, probablemente non sexades quen de parar de ler

cultura

por Manu Barreiro

Jonas Fink Vittorio Giardino Norma Editorial 2019 168 páxinas

85


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

Masa Crítica

ARTE cultura

manfred por María Bella

No CGAC pódese visitar unha exposición dedicada ao artista Manfred Gnädinger, coñecido coma o Alemán de Camelle. Na praciña de entrada ao museo, dispúxose unha reprodución da súa casa-taller. No recibidor, un mostrario da súa obra. E no piso inferior, o seu proxecto de “Non-Posible Museo” e mais un documental sobre a súa vida e obra. A exposición leva o nome do seu museo imaxinado e insistentemente reclamado ás institucións. Museo [Do Ermitán] Man está comisariada por Andrea Serodio, responsable en Camelle do Museo Man, o “si posible museo” inaugurado en 2015 transcorrida máis dunha década desde a morte do artista. Ao visitar a exposición —desprazándome desde a Costa da Morte e como coñecedora da obra e o proxecto de Manfred— asáltame unha pregunta. Para que toda esta escenificación despregada no CGAC, a 70 km de Camelle? Sen lugar a dúbidas hai elementos a celebrar: o merecido recoñecemento aos protagonistas desta historia —especialmente a Manfred—, a función lexitimadora das institucións, a amplificación da obra cara a outros públicos ou as incidencias de calado político durante o proceso. Malia todo, penso que neste proxecto expositivo opera algo máis. O mesmo relato é infinitamente máis potente cando se experimenta no seu contexto, esa pequena vila case esquecida á que chega Man. De feito é en Camelle onde poden entenderse as súas condicións de traballo e vida, e onde Andrea Serodio e colaboradores levan anos desenvolvendo, con escasos recursos, un importante traballo de recuperación e ordenación do acervo do artista. Alí é onde está a casa-xardín e o museo que custodia e mostra a súa obra. É alí onde se desprega a potencia desa materialidade e memoria aínda percibibles e imposibles de reproducir noutro lugar. Onde están o vento, o mar e as súas xentes —a paisaxe e o territorio—; 86

axentes activos cos que Man mediaba na súa labor de artista. Daquela, para que pode servirnos esta especie de matrioska museística de “Non-Posible Museo”, de Museo Man en Camelle e de Museo [Do Ermitán] Man no CGAC? Cal podería ser o metarrelato que produce? Hai unha fermosa e sinxela historia de Leo Lionni, ilustrador e creador de contos para crianzas —e non só—, que resulta infalible para falar do oficio da arte. Frederick forma parte dunha familia de ratos que traballan almacenando víveres para sobrevivir ao inverno. Os seus irmáns afánanse noite e día carrexando millo, noces, trigo e palla, pero Frederick parece alleo ás tarefas. Sorprendidos, pregúntanlle por que non traballa e el responde que si o fai: apaña raios de sol, cores e palabras para axudar a pasar o frío, gris e longo inverno. Avanzada a estación, cando os víveres se esgotan e a moral fraquea, os irmáns acoden a Frederick para que saque o que ten recollido. El, pedíndolles que pechen os ollos, enche o refuxio de calor, de cores e de historias. A exposición no CGAC convídanos a deixarnos engaiolar pola historia de Manfred, que nos esixe activar unha intelixencia sensible similar á que emprega Lionni para poñer en valor o traballo da arte. En lugares pequenos como Camelle os oficios aínda se distinguen: o mariñeiro pesca, as palilleiras fan encaixes, as mestras ensinan e o médico cura. E o artista?... En case ningún pobo se tivo o privilexio de contar cun artista entre os seus habitantes, artista oficiante que —do mesmo xeito que o mariñeiro se bota ao mar— traballa coleccionando cores para o porvir. A figura de Manfred é excepcional e o feito de que exista un Museo como o de Man, dedicado á arte contemporánea nun pobo como Camelle, é case que un milagre. A historia que se celebra no CGAC é ese (non)posible feito realidade.

Museo [Do Ermitán] Man Manfred Gnädinger (Man de Camelle) Comisarias: Andrea Serodio, Carmen Hermo CGAC, Santiago de Compostela. Até o 30 de agosto de 2020

Manfred na sua casa-taller en 1981


corpos sorprendentes por Inma López Silva

Traballar desde a incomodidade é o reto que se propón esta compañía de recente creación, integrada por persoas cunha importante experiencia na interpretación circense. Unha incomodidade baseada na experimentación dunha linguaxe escénica diferente, que non pretende ser a do circo pero lembrar a ela, que non desexa ser a da danza pero si achegarse ao seu tratamento do corpo en escena, e que non quere ser teatro pero apela aos temas que trata o teatro máis contemporáneo, a saber, a confusión dos xéneros (outro lugar incómodo) e a ruptura coas convencións que xera unha incómoda liberdade individual e colectiva. Espida, como indica o seu título, comparte coas liñas básicas da linguaxe posdramática o sobredimensionamento do corpo como linguaxe fundamental da posta en escena, nun tratamento en que o espido se amosa coma signo en si mesmo desde o que descontextualizar os intérpretes que deconstrúen as técnicas do circo para achegalas a unha dimensión máis estética. É nese punto onde é máis evidente a ruptura co circo onde o espectáculo funciona mellor, onde logra establecer un pacto co público en que é posíbel recoñecer o xogo de linguaxes que se propón, especialmente alí onde se intúe, tamén, o sentido do humor. Manéxanse mellor na seriedade á que se chega desde unha sorte de comedia esvaecida, ca na transcendencia que, en ocasións, parece procurar o espectáculo na procura dunha sorte de autoxustificación posdramática que non é precisa porque a opción interesa en si mesma, e porque a proposta estética é o suficientemente potente como para sosterse en escena sen alardes. AveLina Pérez manexa con habelencia as recorrencias para elaborar un ritmo repetitivo que dialoga de maneira interesante co espazo sonoro e, tamén, co espazo escénico, unha construción versátil na que os espellos xogan un rol fundamental outorgándolles

múltiples dimensións aos corpos que se resignifican nos reflexos e se obxectualizan (aínda máis) aportando ideas interesantes arredor da violencia, a fraxilidade e a dor. Este primeiro espectáculo da compañía IO amosa un camiño ben interesante na exploración do pouco visto na escena galega, aproveitando creativamente unha linguaxe de prestixio nas nosas artes escénicas como é o circo, mais afastándoo de si mesmo para demostrar todo o que se move nas inquedanzas estéticas da xeración máis nova, onde a experimentación non ten límites, coma a súa vontade de sorprender e reconquistar públicos.

Espida Compañía IO Dirección: AveLina Pérez; Coreografía: Núria Sotelo; Intérpretes: Beatriz Rubio, Álvaro Reboredo “Fitinho”, Alfredo Pérez Muíño; Espazo escénico: IO; Espazo sonoro: Javier Lemus; Iluminación: Laura Iturralde

87

cultura

TEATRO

Masa Crítica


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

Masa Crítica

CINEMA cultura

for sama: diario de devastación por Yolanda López

O maior atractivo dun dos documentais da temporada é a gravación durante máis de cinco anos (de 2011 a 2016) do asedio e masacre do pobo sirio polo réxime de Assad. A directora Waad al-Kateab refuxiouse primeiro en Turquía e na actualidade vive no Reino Unido onde, xunto a Edward Watts, seleccionou entre as máis de 500 horas de metraxe os fragmentos que compoñen esta carta para a súa filla Sama. Unha misiva gravada durante os derradeiros días da batalla de Alepo onde vivían xunto ao Hamza, médico no derradeiro hospital da cidade controlado por rebeldes. Unha mensaxe filmada para explicar quen eran os seus pais, por que loitaban, por que veu ela ao mundo e, sobre todo, para dar lembranza no caso de que non sobreviviran. O filme procura narrar tanto o que aconteceu como as causas que os levaron a ela e máis ao seu home a resistir durante anos as atrocidades acontecidas en Alepo. A voz en off condúcenos desde os anos como estudante universitaria durante a Primavera Árabe até a resistencia entre ruínas e hospitais clandestinos. Son frecuentes os saltos temporais intercalados con momentos de esperanza fuxidía, de vida entre tanta morte, que alén de aliviar tanta dor subliñan a fraxilidade da existencia. Xunto a estes sentimentos, o peso do desarraigamento, a loita por non abandonar o seu país malia malvivir nunha penumbra constante. Non podemos negar a potencia da denuncia ante a represión do goberno e dos aliados rusos, con especial fincapé nos caídos e nas vítimas dos bombardeos. Na desacougante reflexión sobre como poden medrar os nenos nesa rutina do pesadelo. Na pregunta insultantemente retórica de como o mundo permitiu tal 88

horror. Ademais, o emprego da cámara en man abunda nesta sensación constante de perigo, na necesidade de movemento para non ser atrapados. Abafante. Con estas bazas, valorar a estética, a fotografía ou a montaxe do filme semella unha frivolidade descomunal. Porén, a inclusión dalgunhas imaxes provoca sentimentos contrapostos: son precisos eses primeiros planos do sufrimento dos nenos? É necesario velos morrer diante dos nosos ollos para maior efectividade da denuncia? Os intentos por revivir un bebé acabado de nacer quedaron gravados na retina e descubrinme falándolle á pantalla… pero, onde fican os límites? Podendo non ser os exemplos máis extremos do acontecido en Siria, amólannos pola mala conciencia occidental? A mesma que permitiu que o Mediterráneo fose unha tumba asegurada para os que lograban fuxir? Ou son tan só novos apuntamentos dunha carta escrita desde o inferno? Un averno onde o nome escollido, Sama, fai referencia ao ceo como futuro e esperanza.

For Sama (Reino Unido, 2019) Dirección: Waad al-Kateab e Edward Watts; Produción e fotografía: Waad al-Kateab; Montaxe: Chloe Lambourne e Simon McMahon; Música: Nainita Desai.


high fidelity: vinilos e fuxidas por Y. L.

Esgotados os usos e costumes dos 80 como referentes en todo tipo de revivals, semella chegar a quenda dos 90: botar man da nostalxia e de recordos sospeitosamente esquecidos para revisitar temas, nomes e gustos culturais da derradeira década do século XX. Os principais destinatarios (e consumidores en potencia) deste rexurdimento serán os que foron mozos e mozas naquel tempo. Hai quen tenta incluír neste fenómeno a nova adaptación de High Fidelity, mais as chaves da serie de televisión son distintas. Parte de dous antecedentes de culto: a novela que Nick Hornby asinaba en 1995 e a adaptación cinematográfica de Stephen Frears en 2000. Ambas as dúas contaban os problemas afectivos do dono dunha tenda de discos (Rob Fleming en Camden na obra literaria, e Rob Gordon —John Cusak— no Chicago do filme). Agora dúas showrunners, Sarah Kucserka e Veronica Becker, toman as rendas e, coa colaboración do propio Hornby no guión, perfilan unha protagonista muller, Rob Brooks (Zoë Kravitz), no Brooklyn actual. Cunha estrutura narrativa propia (dez episodios de non máis de 30 minutos), as tramas seguen a apostar por catro piares identitarios: os flashback para evocar os avatares sentimentais, a elaboración de listaxes (de discos, cancións, personaxes de ficción…), a constante ruptura da cuarta parede (a protagonista reclama a atención do espectador con todo tipo de reflexións e preguntas retóricas) e, sobre todo, a música: David Bowie como tótem, Fleetwood Mac, Beastie Boys, Nina Simone ou Os mutantes… Un panorama musical moi ecléctico que, alén da exhibición, semella baleiro de propósito. “As cousas das que gostas son máis importantes que como es” repite a protagonista, mais sen ser consciente da falta de definición propia. A relectura aposta por elementos deste presente: a diversidade sexual e racial, o móbil como recurso

comunicativo e vehículo musical (crítica ao shazam), ou o debate sobre a cancel culture (podemos separar ao artista da persoa, a Michael Jackson da pederastia?...). A protagonista enfróntase aos problemas coa mesma inmaturidade que os antecesores, e o resultado é entretido, pero nin leva á mesma conclusión nin fai determinante aquela comicidade que se deleitaba no sufrimento. Prefírese subliñar a amizade como salvamento (a vitalidade de Jack Black é retomada por Da’Vine no papel de Cherisse), e o cameo de Springteen como conselleiro de Cusak muda polo baile de Debbie Harris... Os nostálxicos atoparán a conexión entre Zoë Kravitz e súa nai, Liza Bonet (que interpretaba a Marie De Salle no filme), mais nin os referentes vitais nin os musicais son os mesmos. Xeración tras xeración.

High Fidelity (USA, 2020-) Dirección: Sarah Kucserka e Veronica Becker; Produción: Adrienne Ericsson, Ray Quinlan; Guión: Nick Hornby, Sarah Kucserka e Veronica Becker; Montaxe: Kate Hickey e Catherine Haight; Fotografía: Carmen Cabana; Música: Nathan Larson. Intérpretes: Zöe Kravitz, David H. Holmes, Jake Lacy, Da'Vine Joy Randolph, Kingsley Ben-Adir, Rainbow Francks, Nadine Malouf, Sydney Mae Diaz, Thomas Doherty.

89

cultura

SERIE

Masa Crítica


nº 275 | abril 20 | TEMPOS NOVOS

Ex corde, Franco por Xulio Ríos

F

óisenos Franco. Xeneroso como era, deixounos moito e bo. Non é cousa de lembrar agora os seus méritos pois son coñecidos e obituarios haberá que nolos recorden. Todo o que el fixo queda e gardarémolo como ouro en pano. O que non obstante perdemos é un estilo de compromiso que moito escasea nestes acedos tempos de precariedade, especialmente o botafumeiro do pensador libre, sen ataduras, que di o que pensa, moleste a quen moleste. E facíao non por mal nin por escura vinganza ou antipatía senón porque sentíase na obriga de dicir o que sentía. A nivel persoal, en ocasións tenlle custado moito esa franqueza, cousa que ten lamentado. Pero comprendía, ao cabo, que nun país como o noso, tan rico en tantas lerias, era rico tamén en ruindades que non viñan a conto. Non se resignaba pese a todo, confiando en que o tempo faría o seu. Algunha vez pasou. Botaráselle en falta. Cáustico e corrosivo ata onde for necesario, era tamén dunha cordialidade fora do común. Tiña o pasado sempre presente e a pouco que tirabas do fío, todo saía. E cada vez que exhibía aquela memoria ateigada de anécdotas, percibías a devoción sentida por quen el cría que o merecía, mesmo dende a sa discrepancia. Fixo moito por facernos ver o valor de tantas persoas ás que Galicia lle deu lado. O rescate dos amigos era sempre unha das súas teimas. Certo que ás veces había que frealo, pedirlle paciencia, porque aquel ímpeto seu bravío que escondía a aparencia dun ser sereno e impenetrable fervía a cada paso. E así e todo, quen se coñecía a si mesmo, era por natureza igualmente medido, procuraba non excederse, e cos seus

90

latinismos sempre a pe de boca semellaba rezar civilmente para nunca desbancar o sensible e fráxil equilibrio que o sustentaba. Inmensamente dono dos seus silencios, lembrábame aquela máxima chinesa: “os antigos falaban pouco por medo a que os seus actos non foran coherentes coas súas palabras”. Moi seu, o culto Franco escoitaba, actitude que escasea tamén cada vez máis, esperando quizais aínda asentir co seu interlocutor e fiando sempre en darlle unha volta e unha utilidade. Sen anteolleiras e fuxindo dos dogmatismos como do demo, se algunha nostalxia tiña era da esperanza, unha ilusión que foi perdendo. Como a todos nos pasa. Dicir Franco Grande é invocar un dos xigantes das nosas letras pero tamén unha persoa comprometida co seu país e co seu tempo. El, que medrou na conversa distendida pero atenta coa xeración precedente, lamentaba o salto sen rede ao que se vira abocada a Galicia na que cría. Dubidaba ao cabo que tanto afán servise finalmente para nos achegar ao fin buscado. Sendo de Tebra e batendo de xeito permanente contra as tebras, á vista dun presente que o desgustaba, moitas veces sentía que a súa xeración predicou no deserto e quedaba sen relevo. Amigo das pequenas cousas e alegrías, se con algo gozaba era co palique arredor dunha mesa sinxela, a poder ser minhota, onde trabar balance do día e pensar algún proxecto futuro. Sempre matinando no seguinte libro. Era o motor da súa vida. As homenaxes virán trala paréntese desta corentena que hoxe nos impide despedilo como merece. El era unha persoa honesta. Sexamos tamén honestos con el e saibamos estar á altura do recoñecemento debido.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.